lunes, 31 de diciembre de 2007

Feliz ano 2008!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

En primeiro lugar dicir que a noticia anterior como imaxino que todos vos destes conta foi cousa do 28 de decembro e que Chopi non se vende por cartos (ou eso espero)jejejejej.
Tamén dicirvos que o encontro fronte o Arzua parece ser que non vai ser o día 5 de Xaneiro como puxen na anterior entrada, pero de haber algunha modificación xa a comunicarei
Para rematar desexarvos de parte da directiva, corpo tecnico e xogadores a todos os afeccionados e lectores deste blog do Melide Fs un Feliz ano 2008 o cal lle pedimos saude pa todos e que no eido deportivo sexa igual de fructuoso como o que hoxe remata
Un saudo a todos.

viernes, 28 de diciembre de 2007

FICHADO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Acaba de saltar a noticia da tempada no Melide Fs. Unha chamada de Pedro para que o poña no blog acabame de confirmar que un dos nosos xogadores se marcha.
Chopi, si "CHOPI ACABA DE FICHAR POLO CONCELLO DE ARZÚA". Parece algo pouco entendible pero si a noticia xa esta confirmada. A unica explicación que se pode encontrar e a proximidade do encontro entre Melide e Arzua e a extramotivación que tiña o noso ex-compañeiro (A partires de agora Adrian e non Chopi) por enfrontarse os seus veciños e en especial o seu irman fixo que o Arzua tirara de talonario e se levara a un titular indiscutible do noso clube.
Polo de agora non teño mais datos pero seguirei informando posto que tamén parece que Cristian poderia estar incluido na operación.
O clube xa esta a mover fios para sustituir a "Adrian" xa que estamos nun momento moi importante da tempada, e ainda que se manexan varios nomes todo fai indicar que o final fara o papel de xogador-director deportivo Alberto Neira.
De confirmarse o fichaxe, a presentación oficial sera hoxe a partires da medianoite (aproximadamente) na parrillada Rua e a ela asistiran todos os xogadores do actual plantel.
Un saudo a todos e ANIMO MELIDE F.S

domingo, 23 de diciembre de 2007

Tres puntos de osixeno

Importantisima victoria do Melide Fs na sua visita a Riveira que era un conxunto que nos aventaxaba en sete puntos e que de non haber conseguido a victoria ali, todo estaría moito mais dificil.
O encontro iniciouse con un Melide Fs que recordou o da tempada pasada coa sua intensidade defensiva e coas suas mortales saidas a contra, pero ademais nesta ocasión cando dispoñiamos do balón tamén se creaba perigo. Asi e tras varias ocasión o equipo forzou un saque de esquina, e ahi, nunha xogada de estratexia, Cristian conseguia poñer no marcador o 0-1 cando se estaba ainda no minuto cinco. Pouco mais tarde e despois dunha parede con Iván nun gol similar o da xornada pasada en Mera Nando conseguia o 0-2 dun extraodinario golpeo. De ahí ata o descanso moita intensidade defensiva, con moi boas axudas, e tamén cun bo traballo de Tapi permitiunos manter a porta a cero, ainda que perdonamos a sentencia do encontro en varias ocasións nos pes de Cristian, Iván, Rambito e unha moi clara de Roca que logo dun bo taconazo encontrouse coa madeira que evitou que se ampliara a vantaxe.
Na saida do segundo tempo o equipo seguiu moi metido pero o rival pouco a pouco encerrabanos e nunha destas xogadas estableceron o 1-2. Foi un momento importante xa que normalmente ese gol faría que nos viñesemos abaixo, pero non foi asi, e un minuto despois fixemos un dos goles en conxunto mellores do que levamos de tempada, xa que logo dun roubo de Nando, xogou de primeiras con Iván e este fixo o mesmo con Sergi que apareceu no segundo pao para poñer o 1-3. Tivemos ahí cinco minutos moi bos en xogo de ataque con ocasións clarisimas de Rambito, Iván, Sergi etz.., pero non foi ata o minuto dez cando denovo Sergi poñia o 1-4, e pouco despois Nando logo de outro moi bon roubo subia o 1-5. Todo parecia resolto pero quedando cinco minutos chegou o habitual momento de crisis, logo da tarxeta azul a Rambito e dunha pequena tangana, o equipo foise do encontro e en un minuto marcaronnos dous goles que puxeron o 3-5 que apostre seria definitivo e quedaban ainda tres minutos e medio, que a tempo parado e un mundo. Pese a ese momento, nesta ocasión o equipo soubo aguantar ben, e con boas intervencions de Tapi e recuperando un pouco a concentración conseguiuse manter o resultado.
En Riveira Baby xogou con Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Sergi (13) e Chopi (5) nas alas e Iván (9) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Rambito (2), Cristian (7) e Roca (14).
O xogador estrela nesta ocasión penso que se debe dar o traballo de grupo e a unión que se viu no encontro, que se conseguimos mantela seguiremos cara arriba.
Facer mención especial a tres persoas que viaxaron esta xornada, Conde que pese a que habitualmente non pode estar porque lle coinciden os encontros cos do Cire de Veteranos, Rober que esta lesionado pa bastante tempo e que se desprazou igual para dar animos e tamen a unha persoa como Charly Chofricas que ainda que xa non esta no Melide viaxou e estibo animando como un compoñente mais do equipo, xa que como di el, estar no Melide Fs, e como ser do Atletico de Madrid, hai que saber sufrir. "El Melide Futbol Sala es un sentimiento"
Dicirvos tamen que ainda que non esta confirmado parece ser que o encontro aplazado entre o Melide e Arzua podria disputarse o dia 5 de Xaneiro en Melide, pero de todos xeitos xa irei informando.
Un saudo a todos e BO NADAL.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Indicios de resurximento, pero derrota

Unha semana mais repitese o guión, o Melide Fs fai un partido aceptable durante gran parte do tempo, pero ten dez minutos nos que o perde todo, esta ocasión foron os cinco primeiros e os cinco ultimos.
O inicio de encontro foi dos peores que recordo dende que estou no equipo, tras problemas coa mesa e logo de estar un tempo parados, parece coma se o equipo se lle conxelaran as ideas. Perdas constantes de pases, xogo sen sentido e todo falto de ritmo, asi no minuto dous e tras un erro no pase de Iván e a posterior contra o Mera colocou o 1-0. Perda de pase e contra que se repetiron no 2-0 e no 3-0, e so estabamos no minuto sete de encontro. Todo parecia que o actual lider nos iba a pasar por enriba, pero non foi asi, a partir dese momento, o equipo asentouse en defensa, e ainda que en ataque apenas conseguia crear perigo, tamén evitaba as chegadas tan constantes dos rivais, e as que habia eran ben desbaratadas por Tapi.
Asi chegamos o inicio do segundo tempo, pero hai houbo un cambio, e e que o equipo pouco a pouco comezou a funcionar en ataque, ata que no minuto tres, Iván deixa un balón de cara que Nando nun dos seus tipicos zambombazos clava pegado a madeira o 1-3. O equipo seguiu apretando e nun bo pase de portos asistimos o debut como goleador de Sergi, cunha vaselina antoloxica coa zurda que pegou na madeira e entrou facendo o 3-2. A remontada era posible, pero varias cousas cambiaron, unha expulsión inxusta de Baby, e outra tarxeta o banquiño puxeronnos no cupo das cinco quedando trece minutos, e ademais volvemos a perdoar de cara porta xa que Nando estrelou un pao, e tanto Chopi como Ivan entre outros tiveron claras ocasions que non foron que de materializar. Asi chegamos os cinco ultimos minutos de encontro e de novo erro defensivo e 4-2, e quedando tres minutos 5-2 de dobre penalti.
En resumo partido no que se puido ver un amago de resurxir do equipo que esperemos se concrete pa semana, coa visita do Riveira F.s, un encontro que en principio será ainda en Toques as 17:00h do Sabado posto que a pista de Melide non parece que poida estar acabada a tempo. De todos xeitos se hai cambios intentarei avisar
En Mera Baby colocou de inicio: Tapi (1) de porteiro, Chopi (5) e Rafa (11) nas alas e Iván (9) arriba, tamén xogaron Chopo (12), Chofri (4), Sergi (13), Roca (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado para min foi Sergi, por todo o bo traballo que fixo durante o encontro e sobre todo pola maravilla de gol que conseguiu.
Destacar, algo que ainda non fixera neste blog a labor de Sergio, que esta a facer as tarefas de delegado, e que sempre esta ai co equipo.
Tamen e como nota negativa facer mención a lesión de rodilla de Rafa que levou un golpe na disputa dun balón e según el "esto por dentro ten mala pinta"
Un saudo a todos, e agardo que en canto este a pista de Melide a afección siga medrando.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Fotos historicas Melide Fs

Boas a todos. Fago este post por varias razóns, asique imos por partes:
Primeiro: Agradecer a Rober alias "marabillas" que me pasara estas fotos de distintas epocas do Melide Fs, e que agardo completar o dia 28 ca desta tempada. De todos xeitos se alguén ten algunha foto de outras tempadas do Melide Fs como a que ten Riki no seu blog sabedes que as podedes enviar a melidefs@hotmail.com o cal se agradeceria, eso si, non mediante recompensa economica xa que non estan os tempos pa iso jeje.
Segundo: Agradecervos a todos os que estades a participar nesta bitacora ven sexa mediante os votos, mediante os comentarios ou pola simple entrada. Gracias.
Terceiro: Dicirvos os usuarios do pavillón, que ainda que moitos xa o sabedes, agora si, por fin se iniciaron as obras da colocación da nova pista de goma, que será similar a do pavillón do instituto, e que en principio estara lista entorno o dia 19 se non surxen outros inconvintes.
Cuarto: E o mais importante a nivel do Melide Fs, pedirvos a todos, e como xa puxen noutro post, insisto TODOS os compoñentes do plantel que este venres se vaia entrenar, xa que hai varios temas importantes que falar, e ademais hai que sacar isto adiante o antes posible.
Un saudo a todos os usuarios. GRACIAS

Fotos historicas Melide Fs

domingo, 9 de diciembre de 2007

Cambio de mentalidade XA

Este titular e a conclusión a que chegamos logo de moitas conversas durante a reunión de onte post-partido, a cal temos que agradecer a directiva, e da que a nivel non so personal senón de clube se debe facer un tirón de orellas pola ausencia inxustificada de algúns xogadores.
Cambiando de tema e referindonos o encontro que nos enfrontou o Monterroso teño que dicir que volvimos a caer derrotados, e entre outras cousas unha das principales causas da derrota foi a mentalidade que temos xa que estamos inmersos nunha racha negativa que fai que ainda que o rival non nos aprete nos lle deamos facilidades.
Visitavanos o 4 clasificado da liga, e o Melide tiña a necesidade de gañar. Saimos cunhas ganas e un empeño de levarnos os 3 puntos moi bos, e iso levounos a dominar o encontro ata que no minuto 7, e logo dun autentico xogadon individual Cristian subia o 1-0 o marcador. Con este gol, collemos confianza e seguimos a manter unha boa defensa, e ademais nas chegadas do rival, Tapi estaba inspirado e conseguia salvalas, o Melide seguia xerando perigo e tivo duas ocasións en sendos corners, e sobre todo unha de Iván que logo dunha boa parede con Sergi remataba arriba.
Por vez primeira nesta tempada fomos o descanso con victoria no marcador e ademais con boas sensacións. A saida do segundo tempo tamén foi boa por parte do Melide FS, que non soubo rematar o encontro, xa que contabilizaronse ocasións moi claras, unha de Ivan nun man a man co porteiro, outro remate de Cristian o lateral da rede, un remate clarisimo de Javi (Rambito) por encima do traveseiro, un bo reverso de Sergi que sacou o porteiro, un corner de Nando, e algunha mais. E dicir estabamos dominando ata que quedando 12 minutos nun saque de esquina e nun erro defensivo o Monterroso establecia o 1-1, e ahi chegaron os tipicos intres de desconcerto, que despois dun saque de banda levaron o 1-2 o marcador. Por certo non e por escudarse na actuación do colexiado, pero tanto o saque de esquina como o de banda que propiciaron os goles eran favorables o Melide FS. Pese a adversidade do resultado o equipo seguiu traballando, e tivemos varias ocasión mais, pero nunha contra quedando xa pouco tempo o Monterroso poñía o 1-3 final.
Esta ocasión Baby iniciou o encontro con Tapi (1) na porteria, Nando (8) de peche, Cristian (7), e Chopi (5) nas alas e Ivan (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Rambito (2), Rafa (11) e Sergi (13).
En canto o de xogador mais destacado estaria entre varios, xa que gustoume moito o partido de Nando, Tapi, e tamén no seu debut Sergi
Dificil situación na que nos encontramos, e mais tendo en conta que a vindeira fin de semana, o Melide FS visita a pista do Mera, actualmente segundo clasificado. Dificil, pero non imposible asique como xa dixen outras veces debemos estar TODOS, e volvo a remarcar o de TODOS se queremos sacar isto adiente.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Algo non funciona

En primeiro lugar dicirvos que onte non puiden viaxar a Quiroga debido a un virus que me ten un pouco tocado e que polo tanto non podo facer unha cronica do encontro como viña sendo habitual dende que iniciei este blog.
Polo que me contaron e como vos podedes imaxinar polo titular o Melide Fs volveu a caer derrotado, e o parecer de forma traxica xa que logo de remontar en duas ocasion acabou perdendo por 3-2 cun gol a escasos intres po remate do encontro e case dende o medio do campo.
A xente que viaxou con Baby foron os seguintes: Tapi (1), Angel (12), Chofri (4), Rober (6), Cristian (7), Nando (8), Rafa (11), Roca (14), e Portos (15).
Os goleadores o parecer foron Cristian e Nando. En canto a equipo titular e mellor xogador do encontro non podo opinar asique se algun xogador dos que foron quere facer algun comentario sobre o encontro, ou sobre o que fallou agradecese.
Noutra orde de cousas dicir que xa comezaron as obras no pabillón de Melide para o arranxo definitivo da pista que leva un ano inutilizable. En principio po proximo encontro ainda non estará pero será o último que xogaremos no exilio.
Asique o vindeiro sabado as 17:00h no pabillón de Toques enfrontase MELIDE FS-BRUSELAS MONTERROSO.
Se hai algunha modificación xa intentarei comunicala.

Fotos Semana Eypar 2010