domingo, 26 de abril de 2009

Novas

Por non perder a costume de actualización semanal vamos a comentar unha nova relacionada co Melide FS senior. A nova e que o Aluminios Alucar de Sarria abandonou a competicion, non sei se por vontade propia ou por medidas tomadas pola federación xa que os lucenses tiveron varios encontros rematados en tangana e con publico na pista.
Para nos este abandono e claramente negativo xa que todos os puntos logrados fronte o Sarria quedan anulados e o Melide era dos poucos equipos que lle gañara os dous partidos. Con esto e a falta dun encontro o noso equipo rematara con case total seguridade na sexta posición.
Non vos dou mais a chapa so recordarvos que esta semana e o ultimo encontro dos seniors e que tamen xogan os xuvenis e ambos o fan en Melide. Contamos co voso apoio a partir das 17:30h no pavillon da martagona.
Antes de rematar comentarvos tamen que agora o noso Presi, Alberto Neira comenta os resultados e novas do Melide Futbol Sala en Radio Melide con Raquel Varela todos os luns e venres en torno as 13:30h.
Un saudo a todos.

domingo, 19 de abril de 2009

Derrota fronte o lider

Duas partes totalmente diferentes as que disputou o Melide Fs este sabado fronte o Mexillon de Ouro de Rianxo, lider da categoria que con este triunfo garantiza practicamente o ascenso.
A primeira metade foi do peor do equipo esta tempada, falta de ganas, erros absurdos, etz... e ainda asi tivemos varias ocasions claras. De todos xeitos neses primeiros vinte minutos o Melide foi totalmente inferior proba diso o 1-5 co que nos fomos o descanso, este gol foi obra de Cristian.
Na reanudación o equipo pareceu outro, co apoio do publico pouco a pouco fomonos arriba, e primeiro Bareto nun tiro lonxano, logo Iván nunha xogada de estratexia e posteriormente Manito nunha fenomenal xogada individual lograron recurtar distancias ata o 4-5. Parecia que unha semana mais a remontada era posible, pero por cansancio e tamen polas contras rivais loxicas debido a presion local os de Rianxo volveron a marcar dous goles e a abrir brecha. O 5-7 definitivo volveu a ser obra de Cristian.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Portos (15) de peche, Diego (4) e Manito (9) nas alas e Iván (10) de pivote. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Bareto (5), Rober (6), Cristian (7), e Humberto (14).
O xogador mais destacado sen dubida para Manito que fixo o mellor encontro o meu parecer dende que esta no equipo. Tamen destacar o apoio da xente dende as bancadas.
Falando xa dos xuvenis tampouco foi unha boa xornada. Xogaron o Domingo pola maña fronte o C.P Casas en Lugo e caeron derrotados por 6-3. Non vin o encontro, pero polo que teño entendido non puideron contar con ningun dos porteiros, nin Cristian nin Guti, polo que imaxino que esto seria clave no resultado.
O proximo fin de semana hai paron en ambas competicions, pero o Sabado dia 2 de Maio reanudaranse no que sera a última xornada de liga para os seniors, recibindo o Ribeira as 17:30h, e que posteriormente seguira co encontro dos xuvenis fronte o Carballiño as 20:00h.
Un saudo.

domingo, 12 de abril de 2009

Jogafan, tres puntos......

En primeiro lugar e antes de falar do partido dos seniors dar a noraboa a Javi 499 e Fran xa que veñen de proclamarse campions de España coas seleccións galegas infantil e cadete respectivamente. Xa me pasou Fran algunha foto do fin de semana en Cidade Real que colgarei arriba.
Falando xa do encontro partidazo fronte o Muebles Jogafan de Ordes e triunfo por 3-2. Tres puntos que nos colocan quintos a un partido do cuarto clasificado.
O encontro foi moi igualado recordando un pouco o da primeira volta. Moita loita e intensidade por parte dos dous equipos, ainda que con dominio do Melide que tivo varias claras ocasións pero que non foi capaz de materializar por parte de Rober, Cristian, Bareto, Mani...... Non foi ata faltando seis minutos cando Cordido recuperou un balon arriba e conseguiu adiantarnos cun disparo dende o borde da area co que chegamos o descanso.
No segundo tempo o encontro foi similar pero cos de Ordes un pouco mais volcado e que os dous minutos conseguia a igualada, ainda que duraria pouco xa que nunha contra de Cristian, Manito encarou o porteiro e de caño volveu a adiantarnos. Seguimos perdoando moitas ocasións e poidemolo pagar caro posto que o Muebles Jogafan nunha xogada de estratexia empatou a dous o partido e poñia a cousa mais complicada. Con empate a dous fomos a polo encontro e Jr Bareto fixo o tanto definitivo que nos deu a victoria.
Baby empezou con Angel (12) na porta, Rober (6) de peche, Diego (4) e Manito (9) nas alas e Cordido (13) arriba. Tamén xogaron Tapi (1), Bareto (5), Cristian (7), Iván (10), Carril (11), Humberto (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado voullo poñer esta semana a xente que veu ata o pavillon, porque pouco a pouco a xente vaise enganchando a este equipo, e nos ultimos encontros estan mais metidos e dando todo o sei apoio os xogadores, por eso GRACIAS.
Os xuvenis esta semana non xogaron, pero si o faran a vindeira no que sera a ultima xornada do ano na que coincidan os partidos dos dous equipos no pavillon da martagona asi que agardamos contar unha semana mais co apoio de todos. Os senios xogaran as 17:30h fronte o lider da categoria o Loterias Mexillon de Ouro e os xuvenis as 20:00h fronte o Carballiño creo.
Un saudo
P.D: O titular desta semana esta incompleto porque o sabado pola noite a empresa de "Titulares Humberto" estaba cerrada. Por certo O SARGENTO.............,TURU TURU, UI AIAI. Xa che dixen que non me iba a acordar de todo.
.
ACTUALIZACIÓN. OS XUVENIS CREO QUE XOGAN FRONTE O C.P CASAS EN LUGO E NON FRONTE O CARBALLIÑO.

domingo, 5 de abril de 2009

Triunfo MERAcido

Partido moi traballado este sabado fronte o que era lider da clasificación, o Mera B por 4-2 que nos permite volver coller o camiño da victoria.
O encontro comezou moi equilibrado con ocasións nas duas porterias pero sen excesivo perigo ata que os visitantes nunha xogada individual se adiantaron no marcador cun disparo cercano o que Angel non puido facer nada. O Melide seguiu xogando igual e asi pronto forzou a quinta falta do Mera que fixo que estes baixaran un pouco a intensidade da defensa e que permitiu o que Cristian marcara os dous goles da remontada, o primeiro logo dun pase de Laudrup Manito e o segundo despois de transformar un dobre penalti.
Na segunda metade o dominio foi total e absoluto do conxunto Coruñes que pese a iso non tivo ocasións excesivamente claras e as que tivo topou cun gran Tapi unha vez mais que ademais sacou varias contras perfectas duas das cales remataron en goles de Diego. No medio dos dous tantos o Mera marcara un dobre penalti. O resultado final como dicia foi de 4-2.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Diego (4) e Bareto (5) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Cristian (7), Manito (9), Carril (11), Humberto (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado creo que e a pista xa que de xogar de local a facelo de visitante o cambio do equipo e radical. De todos xeitos destaco a todo o grupo e en especial a Cris e Diego polo doblete e tamen a Tapi e a Carril.
Se hai que poñer pegas, que igual non debo porque se gañamos o lider e porque se fixo un bo partido son que non soubemos aproveitar mais na primeira metade ter o rival doce minutos con cinco faltas para provocar mais dobres penaltis e que na segunda nos colgamos moi rapido do longueiro ainda que en gran medida pola presión do rival.
A vindeira semana xogase o encontro aprazado fronte o Jogafan as 20:00 h en Melide asi agardemos contar co apoio de todos aqueles que poidades acercarvos ata a Martagona.
No que se refire os xuvenis tiveron un encontro moi doado fronte o Paderne no que gañaron por 16-6 ou algo asi, xa que eu a segunda parte non a vin e enton non sei o resultado se e o correcto. Pouco mais que comentar deste encontro xa que non tivo moita mais historia.
Relacionado cos xuvenis decirvos que esta semana Fran (Cadete) e Javi (Infantil) estiveron xogando en Cidade Real o campionato de España coa selección galega. Se algun de vos entra por aqui pode estirarse cun comentario e comentar algo da experiencia.
Un saudo e o dito agardamos todo o apoio o SABADO AS 8 DA TARDE.

Fotos Semana Eypar 2010