domingo, 27 de febrero de 2011

Non puido ser

Segunda derrota consecutiva do Melide Fs, por un gol de diferencia e de xeito inmerecido. Caeu derrotado por 5-6 fronte o Peugeot Vilalba. Comezou o encontro de xeito inmellorable cun golazo de Sergi a media volta, pero o pouco nun erro defensivo os visitantes lograban a igualada. Ainda asi o Melide seguiu sendo claramente superior e volveuse a adiantar por medio de Casal. A historia repetiuse e o Vilalba volveua a acadra a igualada, ainda que durou pouco xa que Bareto e denovo Sergi dabannos un pequeno marxe. Asi chegamos a oito segundos para o descanso cando chegou un momento clave, no que o Vilalba acurtou distancias, gol que nos fixo moito dano. Na segunda o Melide, xa non tivo a mesma intensidade e rapidez de xogo cousa que aproveitou o Vilalba para darlle a volta o marcador. E pese o gol de Quini os tres puntos voaron de Melide. Destacar a gran afluencia de publico o pavillon de melide, e a gran primeira parte do equipo. A nota negativa e que todos temos que mirarnos hacia dentro para darnos conta dos nosos erros, para asi poder mellorar. A vindeira semana o equipo viaxa ata Cedeira coa intención de recuperar a xeira de resultados que tiñamos fai unhas semanas. Un saúdo

domingo, 20 de febrero de 2011

Derrota pola mínima

Oportunidade perdida en Mera para poñernos segundos na taboa logo de caer por 2-1.
Como nos ven sucedendo ultimamente, o equiipo xogou duas partes moi diferenciadas. Unha primeira na que nos cinco primeiros minutos encaixou dous goles e non foi o que nos ten acostumados nas últimas datas, e unha segunda na que si foi o Melide que coñecemos, e dominou claramente o encotro, acortando distancias por medio de Humberto, e tendo incluso ocasións senon para a remontada, o menos para traernos un punto.
Non a de servir de escusa, pero o equipo viaxou con ata seis baixas por lesións e motivos persoias, que algo se deixaron notar.
A vindeira semana xogamos fronte o Vilalba, en Melide. Un rival que de gañar o seu encontro aplazado estaría a dous puntos, polo que se antolla como un encontro vital.
Necesitamos volver a contar coa presencia da xente nas gradas do pavillón municipal, como o estades a facer durante toda a tempada para animar o equipo.
Un saúdo.

domingo, 13 de febrero de 2011

Tres puntos vitais

Triunfo por 8-5 do Melide FS, fronte o Outeiro de Rei na tarde do sabado, un rival que chegaba a Melide igualados a puntos e que agora se queda tres por debaixo.
Gran primeira parte do Melide, que se adiantou os poucos segundos con gol de Manu logo dun rexeite dun rival, pouco despois foi Borja o que facia o segundo. O dominio local foi total excepto cinco minutos nos que o Outeiro se estirou e acurtou distancias, ademais de ter varias ocasións mais. Ainda así o Melide reaccionou e foise o descanso con 5-1, con outro gol de Borja, Sergi e Nando.
Na segunda parte os visitantes cambiaron a actitude e o Melide caeu nese xogo bronco e pouco a pouco foise do encontro, permitindo que o Outeiro dera sensación de perigo. Ainda asi o triunfo foi claro. Remataron a goleada Borja con dous mais e Manuel.
A vindeira semana visitamos unha pista que ultimamente se nos da mal, e un rival que se ten todos os efectivos e moi complicado de gañar. Ainda asi teremos que ir a Mera a por todas.
Un saudo.

domingo, 6 de febrero de 2011

Derrota no derbi

Dous partidos en un na tarde do sabado, que acabou con derrota por 6-1.
Na primeira metade o Melide estivo o nivel que nos tiña acostumados ultimamente, e xerando bo futbol sala, asi no minuto dous Fer puxonos por diante e daba alento o equipo para ir a polos tres puntos. Neses primeiros 20 minutos o Melide errou cinco goles clarisimos e pola contra Cristian lograba a igualada para o Arzúa.
No segundo tempo non oubo color, o Arzúa foi superior e aproveitou as suas ocasions e levouse o encontro con claridade.
A nota negativa a lesión de Fer, que agardemos que sexa leva.
O positivo, unha semana mais a nosa afición, espectacular como sempre apoiando o equipo. A vindiera semana recibimos o Outeiro de Rei, equipo co que estamos igualados na clasificación e que será moi importante lograr o triunfo. Contamos con todos vos, unha semana mais para que nos animedes. Será o Sabado as 7 da tarde.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010