Unha semana mais repitese o guión, o Melide Fs fai un partido aceptable durante gran parte do tempo, pero ten dez minutos nos que o perde todo, esta ocasión foron os cinco primeiros e os cinco ultimos.
O inicio de encontro foi dos peores que recordo dende que estou no equipo, tras problemas coa mesa e logo de estar un tempo parados, parece coma se o equipo se lle conxelaran as ideas. Perdas constantes de pases, xogo sen sentido e todo falto de ritmo, asi no minuto dous e tras un erro no pase de Iván e a posterior contra o Mera colocou o 1-0. Perda de pase e contra que se repetiron no 2-0 e no 3-0, e so estabamos no minuto sete de encontro. Todo parecia que o actual lider nos iba a pasar por enriba, pero non foi asi, a partir dese momento, o equipo asentouse en defensa, e ainda que en ataque apenas conseguia crear perigo, tamén evitaba as chegadas tan constantes dos rivais, e as que habia eran ben desbaratadas por Tapi.
Asi chegamos o inicio do segundo tempo, pero hai houbo un cambio, e e que o equipo pouco a pouco comezou a funcionar en ataque, ata que no minuto tres, Iván deixa un balón de cara que Nando nun dos seus tipicos zambombazos clava pegado a madeira o 1-3. O equipo seguiu apretando e nun bo pase de portos asistimos o debut como goleador de Sergi, cunha vaselina antoloxica coa zurda que pegou na madeira e entrou facendo o 3-2. A remontada era posible, pero varias cousas cambiaron, unha expulsión inxusta de Baby, e outra tarxeta o banquiño puxeronnos no cupo das cinco quedando trece minutos, e ademais volvemos a perdoar de cara porta xa que Nando estrelou un pao, e tanto Chopi como Ivan entre outros tiveron claras ocasions que non foron que de materializar. Asi chegamos os cinco ultimos minutos de encontro e de novo erro defensivo e 4-2, e quedando tres minutos 5-2 de dobre penalti.
En resumo partido no que se puido ver un amago de resurxir do equipo que esperemos se concrete pa semana, coa visita do Riveira F.s, un encontro que en principio será ainda en Toques as 17:00h do Sabado posto que a pista de Melide non parece que poida estar acabada a tempo. De todos xeitos se hai cambios intentarei avisar
En Mera Baby colocou de inicio: Tapi (1) de porteiro, Chopi (5) e Rafa (11) nas alas e Iván (9) arriba, tamén xogaron Chopo (12), Chofri (4), Sergi (13), Roca (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado para min foi Sergi, por todo o bo traballo que fixo durante o encontro e sobre todo pola maravilla de gol que conseguiu.
Destacar, algo que ainda non fixera neste blog a labor de Sergio, que esta a facer as tarefas de delegado, e que sempre esta ai co equipo.
Tamen e como nota negativa facer mención a lesión de rodilla de Rafa que levou un golpe na disputa dun balón e según el "esto por dentro ten mala pinta"
Un saudo a todos, e agardo que en canto este a pista de Melide a afección siga medrando.