domingo, 30 de noviembre de 2008

Penas e glorias

Antes de nada quixera empezar mandandolle un saudo agarimoso a dous dos compoñentes do Melide FS como son Diego e Bloquin xa que este fin de semana perderon a dous dos seus seres queridos.
Falando xa do futbol sala foi unha tarde de penas e glorias xa que os seniors perderon e os xuvenis gañaron.
Os senior tiveron un partido moi equilibrado fronte o Cedeira e no que acabaron caendo derrotados por 3-4. Na primeira metade eles foron un pouco superiores, pero tampouco nos crearon excesivas ocasións e nos tamen tivemos algunha para adiantarnos.
No arranque da segunda metade os visitantes adiantaronse e a partires de ai o dominio local foi total, ainda asi non foi ata os nove minutos cando Cristian dun trallazo lonxano poñia o empate a uns. O Melide seguia a ser superior pero non fomos capazes de marcar e en duas contras case seguidas os de Cedeira tomaron vantaxe de dous goles o que parecia que nos poñia todo costa arriba. Pese a isto os de Baby volveron a reaccionar e co apoio da xente conseguiron volver a igualar con un gol de Carril e outro de Cristian. Pero unha vez mais e cando parecia que a remontada estaba ai unha man inexistente provocaba un dobre penalti que con ese gol facian o 3-4 definitivo.
A aliñación de Baby foi Angel (12) de porteiro, Manito (9) de peche, Cristian (7) e Bareto (5) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Garimbas (3), Chino (8), Carril (11), Cordido (13) e Humberto (14)
Os xuvenis unha vez mais volveron poñer unha nota positiva e deron unha alegria a numerosa afición que os veu a animar. Foron totales dominadores dun encontro que rematou 8-5 pero que eu penso que se tiveran que marcar mais podiano facer e no que os goles dos visitantes foron tres de dobre penalti. Se ai que criticarlles algo que non seria xusto eu fariao en que ainda que gañen de cinco seguen xogando igual e iso costalles bastantes goles pero por outro lado tamen e bonito para a xente.
A vindeira semana descansan os dous equipos pero para a vindeira os seniors viaxan a Rianxo para visitar o Mexillon de Ouro que esta xornada se colocou lider e os xuvenis van o Carballiño fronte un rival da zona baixa para tentar seguir recortando disancia co lider.
Un saudo

jueves, 27 de noviembre de 2008

Tres puntos caros

Notas positivas e negativas as que se poden sacar da decisión do comite de competicion da federación galega de futbol sala con respecto o ocorrido este fin de semana en Sarria.
No lado positivo e que a federación da inicialmente por concluido o encontro co resultado da acta no momento da suspension e dicir 1-3 o noso favor.
No negativo a alta sanción economica a ambos clubes e sobre todo a sancion de cinco partidos a un dos nosos pilares como e Diego.
Imaxino que esto non sera ainda definitivo debido a que habera un periodo de reclamacións.
Antes de rematar insistir unha vez mais en que este sabado e unha xornada importantisima para os nosoos equipos asique contamos co voso apoio a partires das cinco e media da tarde. Seran dous partidazos, e equilibrados polo menos polo que reflicten as clasificacions.
Un saudo.

domingo, 23 de noviembre de 2008

Suspendido

Este fin de semana o Jim Sports Melide Fs viaxou a Sarria para enfrontarse a un equipo dos de arriba como o Alucar, pero o encontro non rematou xa que quedou suspendido a falta de un minuto para o descanso por unha tangana.
Ata ese momento os de Melide estaban a facer un partidazo. Comezaron pouco metidos e os de Sarria marcaron os 14 segundos logo dunha xogada individual, pero os de Baby refixeronse pronto e na seguinte Cristian xa estrelou un balon no longeiro e pouco a pouco fixeronse co control do encontro ata que primeiro Manito, logo Cristian e despois Diego puxeron o 1-3 que reflectia o marcador cando comenzou o problema. Agardemos a decisión da federación pero esperemos que nos sexa favorable posto que vironse cousas que non teñen sentido a nivel de deporte afeccionado.
Por outro lado destacar o triunfo dos xuvenis en Paderne por 4-7.
A vindeira semana confiamos en que todos veñades a animar o equipo do pobo en ambas categorias xa que por motivos de calendario non os volveremos a ver xogar como locais ata o ultimo fin de semana de xaneiro e ademais porque teñen partidos importantes. Os seniors reciben o Cedeira que nos supera en dous puntos pero cun partido mais e os xuvenis faran o propio co C.P Casas.
Un saudo a todos.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Malos tempos

Malos tempos e malos resultados os que esta a acadar o Melide FS nos últimos encontros.
No que se refire os seniors non puideron pasar dun triste empate a 4 fronte o Congelados Egea, ainda que o final case se perde o encontro. Tardou moito en chegar o primeiro gol xa que non chegou ata pasados os dez primeiros minutos cando Manito conseguiu estrear o seu casilleiro. Durou pouco a alegria xa que pouco despois nunha xogada individual o numero catro visitante facia a igualada. O equipo local resurxiu ben e conseguiu o 2-1 obra de Carril logo dunha boa combinacion con Cordido. Neses últimos minutos previos o descanso foi cando se veu dende o meu punto de vista o mellor futbol sala dos nosos.
Na reanudación A Fonsagarada saiu mais enchufada e non primeiros dez minutos conseguiu dar a volta o marcador, pero unha vez mais conseguimos a igualada por medio de Diego logo dun pase de Cristian. Para daquelas xa estabamos coas cinco faltas e iso aproveitarono os visitantes para forzar dous dobres penaltis, o primeiro do cal entrou por toda a escadra sen que Tapi o puidese evitar. Pese a esto o Melide FS seguiuno intentando ata que faltando dous minutos Carril nunha gran xogada individual facia o 4-4 que o final seria definitivo. Os dous minutos finais foron un correcalles no que o partido puido caer de calquer lado ainda que o final o marcador non se moveu.
Baby empezou con Tapi (1) de porteiro, Rober (6) de peche, Diego (4) e Cristian (7) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angelito (12), Garimbas (3), Bareto (5), "J.T"Manito (9), Carril (11), Cordido (13), e Humberto (14).
O apartado de xogador mais destacado eu penso que foi para Carril, tanto polo debut como polo doblete.
A pesares dos ultimos resultados (2 puntos de 9) temos que pensar que NIN ANTES ERAMOS UNS FENOMENOS NIN AHORA SOMOS UNS MANTAS. Ademais os resultados non estan a ser moi en contra, e con todo somos cuartos a so tres puntos do segundo asique a recuperar o espiritu de EQUIPO e a seguir loitando para mellorar.
A vindeira xornada visitamos o terceiro clasificado polo que e un partido fundamental e agardemos que en Sarria se poida sacar algo positivo para recuperar a confianza.
Onte tampouco os xuvenis deron unha alegria os numerosos afeccionados que habia no pavillon da martagona xa que caeron por 4-6. Ainda asi (Agardo a valoracion de Tonecho para contrastalo) eu vin un partido aceptable dos rapazes.
Comezaron dominando e marcando por medio de Casal ainda que pouco a pouco foron cedendo terreo ata chegar o descanso con igualada a uns. Logo na segundo pasoulles un pouco o dos senior pero mais acentuado xa que en cinco minutos puxeronse perdendo 1-6 pero souberon reaccionar e dalo todo no campo ainda que toparon cun porteirazo en fronte que salvou o que seria unha gran remontada.
Para min do mellor o olfato de gol de B.Casal e sobre todo o partidazo de Fernando.
O proximo sabado tamen xogan fora, en Paderne que teoricamente debe ser asequible, pero sen confianzas, porque sabemos o que pasa cando non relaxamos en exceso.
Un saudo e SORTE A TODOS

domingo, 9 de noviembre de 2008

Tarde para non lembrar

Xornada na que os dous conxuntos do Melide se enfrontaban con rivais directos e na que os resultados obtidos foron bastante negativos.
A tarde comenzou coa derrota dos xuvenis por 8-6 en Redondela. Os de Tonecho recibiran o vindeiro sabado o C.D Riazor F.S as oito da tarde en Melide.
O resultado dos seniors a verdade e que non foi tampouco mellor xa que caeron na sua visita o lider por 3-1. O encontro estivo bastante equilibrado sobre todo na primeira metade na que o dominio foi bastante alterno e con ocasions para os dous bandos. Do segundo tempo a verdade e que non vin gran parte xa que estaba no vestiario collendo xeo para a noite ainda que a Angel lle dixen que era para o tobillo. O gol melidense foi obra de Piston
O equipo co que empezou Baby foi Tapi (1) na porteria, Garimbas (3) de peche, Piston (2) e Diego (4) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Chopo (12), Bareto (5), Rober (6), Cristian (7), Manito (9), Cordido (13) e Humberto (14).
O de xogador mais destacado e debido a que non vin a segunda parte voullo dar os afeccionados que se desplazaron ata Boqueixon para animarnos.
Agardemos contar tamen co seu apoio o proximo sabado as cinco e media da tarde en Melide fronte o Congelados Egea de A Fonsagrada.
Un saudo e AGORA MAIS QUE NUNCA . FORZA MELIDE FUTBOL SALA

lunes, 3 de noviembre de 2008

¿Paso atras?

O certo e que si se deberia considerar asi o resultado deste fin de semana de 4-4 fronte o Castro. Pero eu intento verlle sempre o lado positivo as cousas e si e certo que eran o pechacancelas pero o sabado tiñan xente que antes nunca xogara, o porteiro deles estivo espectacular, e ainda que non foi o noso mellor partido nin de lonxe temos que pensar que somos o único equipo da competición que segue invicto e que esta semana visitamos o lider que so nos leva un punto.
O partido foi moi raro, fixemos unha presion en tres cuartos dende o inicio esto provocou que nos pillasen somentes en contras xa que en contadas ocasións fixeron algunha xogada elaborada. Asi o partido puñase mal os dous minutos do comezo, pero pouco despois Piston facia a igualada o aproveitar un erro da defensa local. As ocasións seguian chegando para o Melide pero o gol non chegou ata que Bareto de falta na frontal conseguia bater o porteiro por baixo facendo o 1-2, que ainda na primeira metade nunha nova contra se convertia no 2-2 co que chegamos o descanso.
Na segunda metade o guion foi similar pero con presion do Melide a toda a pista. O Castro en ningun momento saiu dela con claridade pero en dous erros defensivos nosos conseguiron dous goles que poñian o encontro tremendamente dificil, pero hai oubo varias claves, primeira, o cambio de porteiro local e tamen a entrada de Garimbas que non estaba a ter protagonismo este ano pero que esta semana no tempo que xogou fixo un gran partido. Asi, primeiro Bareto e logo restando tres minutos Diego lograron o empate que o final foi definitivo. Neses tres minutos tivemos moitas ocasions sobre todo un dobre penalti e un remate de Cristian faltando vinte segundos que puideron facer que os tres puntos viñeran para Melide.
Baby empezou con Tapi (1) de porteiro, Portos (15) de peche, Cristian (7) e Ivan (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Rober (6), Manito (9) e Humberto (14).
O xogador mais destacado esta xornada para min foi Garimbas, que no tempo que estivo foi o que mais gañas lle puxo e o que para min tivo as ideas mais claras.
A vindeira semana como puxen o principio temos un dos partidos claves xa que visitamos o Boqueixon que e o primeiro clasificado e que somentes nos leva un punto, agardemos que haxa maior motivación e que as cousas volvan a sair como saian fai un par de semanas.
A nota mais positiva da semana puxerona os xuvenis, que despois de duas semanas de paron volvian a senda da victoria fronte o Guitiriz o que venceron por 4-7. Polo que puiden ver que foi toda a primeira parte e parte da segunda non vin o mellor encontro dos nosos xa que cando nos fumos ian perdendo 3-2. Visto o resultado as cousas deberon cambiar moito o final, e era normal xa que coa calidade que teñen poden gañar a calquera iso si se non se confian. Agardemos que Tonecho nos conte como foi ese final e quen foron os goleadores para facer a taboa do pichichi como dos seniors.
A vindeira semana tamen teran unha das saidas dificiles xa que viaxan a Redondela, que teñen os mesmos puntos, pero que confiemos que para a semana teñan tres menos que nos.
Un saudo a todos e MOITA SORTE.

Fotos Semana Eypar 2010