jueves, 11 de agosto de 2011

PRESENTACION 2011/12

Estamos de volta. Logo dunha tempada de relax volvemos a estos lares cunha nova que todos os que seguides o fútbol sala sabedes, pero para que quede constancia. O Luns 15 de Agosto, Melide volvera a ser a capital do fútbol sala en Galicia, xa que as 20:00 h disputarase o derbi entre o Autos Lobelle de Santiago e o Azkar Lugo, que por segundo ano consecutivo escolleron Melide para facer a súa posta de largo. Antes as 18:00 h farase a presentación do Melide Fs, será fronte o Azkar Lugo B. CONTAMOS CON TODOS En canto o outro tema que vin nos comentarios do blog de novas categorías e fichaxes, pidovos un pouco de paciencia, xa que ainda que todo está moi avanzado non está totalmente cerrado, asique como se fose un programa de televisión, emplazovos a volta da publicidade, ou mellor a volta duns días para conocer todo o futuro do noso clube. Asi pois, remato esta entrada recordando o programa LUNS 15 DE AGOSTO NO PAVILLÓN MUNICIPAL 18:00H: MELIDE FS - AZKAR B 20:00H: AUTOS LOBELLE FS - AZKAR LUGO Un saúdo e agardamos contar con todos.

Fotos Semana Eypar 2010