domingo, 31 de enero de 2010

Sen resposta

Resulta dificil escribir esta crónica e tentar explicar que logo dun resultado de 11-3 o encontro tivo duas partes claramente diferenciadas e nunha delas estivo equilibrado.
Os primeiros 17 minutos foron moi parexos. O comezo do partido o Mera levaba o peso pero o Melide nas contras tiña tamen claras oportunidades. De todos xeitos foros os locais os que se adiantaron no marcador, pero este gol non variou o guión, e mais o Melide incluso colleu un pouco mais de peso no partido e de feito conseguiu remontar con goles de Manuel e Manito en sendas contras. Pero unha vez mais e non e a primeira marchamonos do partido dun xeito incrible, foi a falta de tres minutos para o descanso co gol do empate logo dunha xogada de estratexia e con varias decisions arbitrais que nos perxudicaron de xeito clarisimo, ainda asi penso que non e motivo para que ocorra o que ocorreu. De feito fomonos o descanso con 4-2.
Do segundo tempo, non ai nada que dicir, o Mera superior, fisica, tactica e tecnicamente e acabounos goleando por 11-3. O terceiro e definitivo gol do Melide foi de Xurxo.
Pouco mais que contar, agardemos que para a semana en Cedeira volvamos o camiño, non so da victoria, senon e sobretodo mais importante o da imaxe dada. E insisto antes de rematar, son o primeiro que digo que os arbitros pitaron en moitas ocasións cousas que só eles viron e xa sabiamos o que había, pero sigo dicindo que non pode ser escusa.
Un saudo.

domingo, 24 de enero de 2010

Sen gol...., e sen puntos

Arranca a segunda volta de xeito similar a primeira, cunha derrota, esta vez por 4-2 fronte o Burela Turistica nun partido igualado onde decidiu o acerto cara o gol.
Comezamos o encontro bastante mal, non encontrabamos a forma de sair da sua presión e ademais deixabamos moitos ocos en defensa facilitanto a sua creación de ocasions. Asi o pouco de comezar chegou o que apostre foi o unico gol da primeira parte logo dun corner que os de Burela conseguiron rematar a pracer no segundo pao. A partires de ahi o Melide foise asentando pouco a pouco e comenzou a facer as cousas mellor e a ter algunha chegada clara, pero como dixen no titular, onte non era o dia. Tivemos varias ocasións clarisimas nos ultimos minutos pero nin Piston, nin Humberto, nin Sergi, nin Manuel foron quen de bater o seu porteiro que foi o mellor do encontro.
Na segunda metade o guion inicial foi similar e o pouco de comezar e despois dunha xogada moi ben trenzada chegou o segundo e pouco mais tarde logo dun erro defensivo o terceiro do Burela que parecia que o poñia todo imposible. Nada mais lonxe da realidade, Tonecho pediu un tempo e quedando seis minutos ordeou unha presión en toda a pista que nos deu a opción de meternos no encontro, froito da mesma primeiro Piston e despois Manuel puxeron o 3-2 e ainda quedaban tres minutos, parecía que a remontada era posible, pero nada mais sacar de centro e logo dunha xogada con moitos rexeites os locales volvian a ampliar a vantaxe. Ainda asi tivemos algunha outra opcion de volver achegarnos pero nin Ivan de dobre Penalti, nin Sergi en duas ocasións, nin Xurxo puideron acortar diferencias.
O equipo que puxo Tonecho foi Angel (19) na porteria, Fer (6) de peche, Xurxo (16) na dereita, Manuel (11) na esquerda e Carlos (17) arriba. Tamen xogaron Cris (23), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Iván (10) e Humberto (14).
Este e un mal resultado que rompe unha xeira moi boa que levavamos pero como xa dixemos estamos no momento mais dificil da tempada e xogando fronte a todos os de arriba, asi que a seguir pelexando, e traballando nos entrenos para poder facerlles fronte da mellor forma posible.
A vindeira seman o equipo viaxa ata Mera, para enfrontarse o terceiro clasificado o sabado as 18:00h.
Un saudo.

viernes, 22 de enero de 2010

De volta

Despois dunha tempada un pouco desconectado en canto a entradas, fago esta para recordarvos que esta semana o Melide Fs volve a xogar mais de un mes despois do ultimo encontro. Será en Burela, fronte o Burela Turistica, un rival que ten tres puntos mais que nos na clasificación, xusto os que nos gañou no partido de ida por un gol de vantaxe. O encontro será as 17:30h no pavillón de Vista Alegre. O Melide vai acudir o encontro con baixas importantes pero ainda asi agardemos sacar un bo resultado.
Aproveito tamén esta entrada para dar os nomes que me acaba de pasar Tonecho dos rapazes convocados para as primeiras pre-seleccións galegas de futbol sala que son os seguintes.
Benxamin: Noel Gomez Bujan. Martes 26 as 18:00h no polideportivo do Restollal en Santiago
Infantil: Diego Franco Vizcaino. Martes 26 as 16:45h no polideportivo do Restollal en Santiago.
Cadetes: David Varela Perez, Alberto Bujan Vazquez, Javier Mosteiro Varela. Luns 25 as 17:00h no polideportivo municipal de Guitiriz.
Agardemos que esten todos na selección final e desexemos que entre algun outro en vindeiras convocatorias.
Un saudo

domingo, 10 de enero de 2010

Video interesante

Como sabedes, esta semana suspendeuse o encontro fronte o Ribeira por mor do temporal que lles impedia os de Lugo o viaxe. Recprdarvos que a proxima semana tamen ai paron e que este partido aplazado ainda non ten data pero igual o martes de carnaval pode ser o dia escollido
Ademais de isto e por non faltar a cita semanal co blog fago esta entrada para dicirvos a todos os seguidores deste deporte que xa esta colgado en youtube o video do adestramento con Mon, preparador de porteiros do Autos Lobelle de Santiago actual subcampeón da supercopa de España. Ademais de estar en youtube, puxeno no blog directamente porque me parece que moitos equipos poden votar man del para os seus adestramentos. Como vedes e ainda que levemos mais de un mes sen xogar o clube segue traballando noutras cousas.
Para rematar a entrada, dar as gracias pola colaboración o Autos Lobelle e en especial a Mon por este tempo que compartiu con nos, e tamén a Estefa E. Lodeiro que se encargou da grabación, realización e montaxe deste video.
Un saúdo e ata a entrada da semana proxima, que ainda que non ai liga algo contaremos

jueves, 7 de enero de 2010

Recordatorio....

Fago esta entrada para recordar a todos que esta semana reanudase a competición (a non ser que o tempo o impida) e faino co Melide xogando de local fronte o Ribeira Fs, segundo clasificado e que ven de golear por 11-3 o burela en partido aprazado. Agardamos que o sabado a partires das 19:00h o pavillon teña o aspecto dos útlimos encontros. Ademais, ata dentro de 1 mes o equipo non volve a xogar na casa, asique todos os que poidades vide alentar os xogadores que e moi importante xa que nas proximas 5 xornadas xogamos fronte os 5 primeiros.
Tamen comentarvos que subo as 4 fotos que teño eu das seleccions comarcais, cando me pasen o resto xa as colgarei. Tamen comentar o anonimo que falaba das fotos antigas, que agora non as deixa ampliar, e non sei o motivo, ademais para volvelas a subir esta complicado xa que eran do archivo do gran Rober Maravillas. Ainda asi, farase o que se poida.
Un saudo e ata o sabado.

Fotos Semana Eypar 2010