lunes, 31 de diciembre de 2007

Feliz ano 2008!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

En primeiro lugar dicir que a noticia anterior como imaxino que todos vos destes conta foi cousa do 28 de decembro e que Chopi non se vende por cartos (ou eso espero)jejejejej.
Tamén dicirvos que o encontro fronte o Arzua parece ser que non vai ser o día 5 de Xaneiro como puxen na anterior entrada, pero de haber algunha modificación xa a comunicarei
Para rematar desexarvos de parte da directiva, corpo tecnico e xogadores a todos os afeccionados e lectores deste blog do Melide Fs un Feliz ano 2008 o cal lle pedimos saude pa todos e que no eido deportivo sexa igual de fructuoso como o que hoxe remata
Un saudo a todos.

viernes, 28 de diciembre de 2007

FICHADO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Acaba de saltar a noticia da tempada no Melide Fs. Unha chamada de Pedro para que o poña no blog acabame de confirmar que un dos nosos xogadores se marcha.
Chopi, si "CHOPI ACABA DE FICHAR POLO CONCELLO DE ARZÚA". Parece algo pouco entendible pero si a noticia xa esta confirmada. A unica explicación que se pode encontrar e a proximidade do encontro entre Melide e Arzua e a extramotivación que tiña o noso ex-compañeiro (A partires de agora Adrian e non Chopi) por enfrontarse os seus veciños e en especial o seu irman fixo que o Arzua tirara de talonario e se levara a un titular indiscutible do noso clube.
Polo de agora non teño mais datos pero seguirei informando posto que tamén parece que Cristian poderia estar incluido na operación.
O clube xa esta a mover fios para sustituir a "Adrian" xa que estamos nun momento moi importante da tempada, e ainda que se manexan varios nomes todo fai indicar que o final fara o papel de xogador-director deportivo Alberto Neira.
De confirmarse o fichaxe, a presentación oficial sera hoxe a partires da medianoite (aproximadamente) na parrillada Rua e a ela asistiran todos os xogadores do actual plantel.
Un saudo a todos e ANIMO MELIDE F.S

domingo, 23 de diciembre de 2007

Tres puntos de osixeno

Importantisima victoria do Melide Fs na sua visita a Riveira que era un conxunto que nos aventaxaba en sete puntos e que de non haber conseguido a victoria ali, todo estaría moito mais dificil.
O encontro iniciouse con un Melide Fs que recordou o da tempada pasada coa sua intensidade defensiva e coas suas mortales saidas a contra, pero ademais nesta ocasión cando dispoñiamos do balón tamén se creaba perigo. Asi e tras varias ocasión o equipo forzou un saque de esquina, e ahi, nunha xogada de estratexia, Cristian conseguia poñer no marcador o 0-1 cando se estaba ainda no minuto cinco. Pouco mais tarde e despois dunha parede con Iván nun gol similar o da xornada pasada en Mera Nando conseguia o 0-2 dun extraodinario golpeo. De ahí ata o descanso moita intensidade defensiva, con moi boas axudas, e tamén cun bo traballo de Tapi permitiunos manter a porta a cero, ainda que perdonamos a sentencia do encontro en varias ocasións nos pes de Cristian, Iván, Rambito e unha moi clara de Roca que logo dun bo taconazo encontrouse coa madeira que evitou que se ampliara a vantaxe.
Na saida do segundo tempo o equipo seguiu moi metido pero o rival pouco a pouco encerrabanos e nunha destas xogadas estableceron o 1-2. Foi un momento importante xa que normalmente ese gol faría que nos viñesemos abaixo, pero non foi asi, e un minuto despois fixemos un dos goles en conxunto mellores do que levamos de tempada, xa que logo dun roubo de Nando, xogou de primeiras con Iván e este fixo o mesmo con Sergi que apareceu no segundo pao para poñer o 1-3. Tivemos ahí cinco minutos moi bos en xogo de ataque con ocasións clarisimas de Rambito, Iván, Sergi etz.., pero non foi ata o minuto dez cando denovo Sergi poñia o 1-4, e pouco despois Nando logo de outro moi bon roubo subia o 1-5. Todo parecia resolto pero quedando cinco minutos chegou o habitual momento de crisis, logo da tarxeta azul a Rambito e dunha pequena tangana, o equipo foise do encontro e en un minuto marcaronnos dous goles que puxeron o 3-5 que apostre seria definitivo e quedaban ainda tres minutos e medio, que a tempo parado e un mundo. Pese a ese momento, nesta ocasión o equipo soubo aguantar ben, e con boas intervencions de Tapi e recuperando un pouco a concentración conseguiuse manter o resultado.
En Riveira Baby xogou con Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Sergi (13) e Chopi (5) nas alas e Iván (9) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Rambito (2), Cristian (7) e Roca (14).
O xogador estrela nesta ocasión penso que se debe dar o traballo de grupo e a unión que se viu no encontro, que se conseguimos mantela seguiremos cara arriba.
Facer mención especial a tres persoas que viaxaron esta xornada, Conde que pese a que habitualmente non pode estar porque lle coinciden os encontros cos do Cire de Veteranos, Rober que esta lesionado pa bastante tempo e que se desprazou igual para dar animos e tamen a unha persoa como Charly Chofricas que ainda que xa non esta no Melide viaxou e estibo animando como un compoñente mais do equipo, xa que como di el, estar no Melide Fs, e como ser do Atletico de Madrid, hai que saber sufrir. "El Melide Futbol Sala es un sentimiento"
Dicirvos tamen que ainda que non esta confirmado parece ser que o encontro aplazado entre o Melide e Arzua podria disputarse o dia 5 de Xaneiro en Melide, pero de todos xeitos xa irei informando.
Un saudo a todos e BO NADAL.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Indicios de resurximento, pero derrota

Unha semana mais repitese o guión, o Melide Fs fai un partido aceptable durante gran parte do tempo, pero ten dez minutos nos que o perde todo, esta ocasión foron os cinco primeiros e os cinco ultimos.
O inicio de encontro foi dos peores que recordo dende que estou no equipo, tras problemas coa mesa e logo de estar un tempo parados, parece coma se o equipo se lle conxelaran as ideas. Perdas constantes de pases, xogo sen sentido e todo falto de ritmo, asi no minuto dous e tras un erro no pase de Iván e a posterior contra o Mera colocou o 1-0. Perda de pase e contra que se repetiron no 2-0 e no 3-0, e so estabamos no minuto sete de encontro. Todo parecia que o actual lider nos iba a pasar por enriba, pero non foi asi, a partir dese momento, o equipo asentouse en defensa, e ainda que en ataque apenas conseguia crear perigo, tamén evitaba as chegadas tan constantes dos rivais, e as que habia eran ben desbaratadas por Tapi.
Asi chegamos o inicio do segundo tempo, pero hai houbo un cambio, e e que o equipo pouco a pouco comezou a funcionar en ataque, ata que no minuto tres, Iván deixa un balón de cara que Nando nun dos seus tipicos zambombazos clava pegado a madeira o 1-3. O equipo seguiu apretando e nun bo pase de portos asistimos o debut como goleador de Sergi, cunha vaselina antoloxica coa zurda que pegou na madeira e entrou facendo o 3-2. A remontada era posible, pero varias cousas cambiaron, unha expulsión inxusta de Baby, e outra tarxeta o banquiño puxeronnos no cupo das cinco quedando trece minutos, e ademais volvemos a perdoar de cara porta xa que Nando estrelou un pao, e tanto Chopi como Ivan entre outros tiveron claras ocasions que non foron que de materializar. Asi chegamos os cinco ultimos minutos de encontro e de novo erro defensivo e 4-2, e quedando tres minutos 5-2 de dobre penalti.
En resumo partido no que se puido ver un amago de resurxir do equipo que esperemos se concrete pa semana, coa visita do Riveira F.s, un encontro que en principio será ainda en Toques as 17:00h do Sabado posto que a pista de Melide non parece que poida estar acabada a tempo. De todos xeitos se hai cambios intentarei avisar
En Mera Baby colocou de inicio: Tapi (1) de porteiro, Chopi (5) e Rafa (11) nas alas e Iván (9) arriba, tamén xogaron Chopo (12), Chofri (4), Sergi (13), Roca (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado para min foi Sergi, por todo o bo traballo que fixo durante o encontro e sobre todo pola maravilla de gol que conseguiu.
Destacar, algo que ainda non fixera neste blog a labor de Sergio, que esta a facer as tarefas de delegado, e que sempre esta ai co equipo.
Tamen e como nota negativa facer mención a lesión de rodilla de Rafa que levou un golpe na disputa dun balón e según el "esto por dentro ten mala pinta"
Un saudo a todos, e agardo que en canto este a pista de Melide a afección siga medrando.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Fotos historicas Melide Fs

Boas a todos. Fago este post por varias razóns, asique imos por partes:
Primeiro: Agradecer a Rober alias "marabillas" que me pasara estas fotos de distintas epocas do Melide Fs, e que agardo completar o dia 28 ca desta tempada. De todos xeitos se alguén ten algunha foto de outras tempadas do Melide Fs como a que ten Riki no seu blog sabedes que as podedes enviar a melidefs@hotmail.com o cal se agradeceria, eso si, non mediante recompensa economica xa que non estan os tempos pa iso jeje.
Segundo: Agradecervos a todos os que estades a participar nesta bitacora ven sexa mediante os votos, mediante os comentarios ou pola simple entrada. Gracias.
Terceiro: Dicirvos os usuarios do pavillón, que ainda que moitos xa o sabedes, agora si, por fin se iniciaron as obras da colocación da nova pista de goma, que será similar a do pavillón do instituto, e que en principio estara lista entorno o dia 19 se non surxen outros inconvintes.
Cuarto: E o mais importante a nivel do Melide Fs, pedirvos a todos, e como xa puxen noutro post, insisto TODOS os compoñentes do plantel que este venres se vaia entrenar, xa que hai varios temas importantes que falar, e ademais hai que sacar isto adiante o antes posible.
Un saudo a todos os usuarios. GRACIAS

Fotos historicas Melide Fs

domingo, 9 de diciembre de 2007

Cambio de mentalidade XA

Este titular e a conclusión a que chegamos logo de moitas conversas durante a reunión de onte post-partido, a cal temos que agradecer a directiva, e da que a nivel non so personal senón de clube se debe facer un tirón de orellas pola ausencia inxustificada de algúns xogadores.
Cambiando de tema e referindonos o encontro que nos enfrontou o Monterroso teño que dicir que volvimos a caer derrotados, e entre outras cousas unha das principales causas da derrota foi a mentalidade que temos xa que estamos inmersos nunha racha negativa que fai que ainda que o rival non nos aprete nos lle deamos facilidades.
Visitavanos o 4 clasificado da liga, e o Melide tiña a necesidade de gañar. Saimos cunhas ganas e un empeño de levarnos os 3 puntos moi bos, e iso levounos a dominar o encontro ata que no minuto 7, e logo dun autentico xogadon individual Cristian subia o 1-0 o marcador. Con este gol, collemos confianza e seguimos a manter unha boa defensa, e ademais nas chegadas do rival, Tapi estaba inspirado e conseguia salvalas, o Melide seguia xerando perigo e tivo duas ocasións en sendos corners, e sobre todo unha de Iván que logo dunha boa parede con Sergi remataba arriba.
Por vez primeira nesta tempada fomos o descanso con victoria no marcador e ademais con boas sensacións. A saida do segundo tempo tamén foi boa por parte do Melide FS, que non soubo rematar o encontro, xa que contabilizaronse ocasións moi claras, unha de Ivan nun man a man co porteiro, outro remate de Cristian o lateral da rede, un remate clarisimo de Javi (Rambito) por encima do traveseiro, un bo reverso de Sergi que sacou o porteiro, un corner de Nando, e algunha mais. E dicir estabamos dominando ata que quedando 12 minutos nun saque de esquina e nun erro defensivo o Monterroso establecia o 1-1, e ahi chegaron os tipicos intres de desconcerto, que despois dun saque de banda levaron o 1-2 o marcador. Por certo non e por escudarse na actuación do colexiado, pero tanto o saque de esquina como o de banda que propiciaron os goles eran favorables o Melide FS. Pese a adversidade do resultado o equipo seguiu traballando, e tivemos varias ocasión mais, pero nunha contra quedando xa pouco tempo o Monterroso poñía o 1-3 final.
Esta ocasión Baby iniciou o encontro con Tapi (1) na porteria, Nando (8) de peche, Cristian (7), e Chopi (5) nas alas e Ivan (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Rambito (2), Rafa (11) e Sergi (13).
En canto o de xogador mais destacado estaria entre varios, xa que gustoume moito o partido de Nando, Tapi, e tamén no seu debut Sergi
Dificil situación na que nos encontramos, e mais tendo en conta que a vindeira fin de semana, o Melide FS visita a pista do Mera, actualmente segundo clasificado. Dificil, pero non imposible asique como xa dixen outras veces debemos estar TODOS, e volvo a remarcar o de TODOS se queremos sacar isto adiente.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Algo non funciona

En primeiro lugar dicirvos que onte non puiden viaxar a Quiroga debido a un virus que me ten un pouco tocado e que polo tanto non podo facer unha cronica do encontro como viña sendo habitual dende que iniciei este blog.
Polo que me contaron e como vos podedes imaxinar polo titular o Melide Fs volveu a caer derrotado, e o parecer de forma traxica xa que logo de remontar en duas ocasion acabou perdendo por 3-2 cun gol a escasos intres po remate do encontro e case dende o medio do campo.
A xente que viaxou con Baby foron os seguintes: Tapi (1), Angel (12), Chofri (4), Rober (6), Cristian (7), Nando (8), Rafa (11), Roca (14), e Portos (15).
Os goleadores o parecer foron Cristian e Nando. En canto a equipo titular e mellor xogador do encontro non podo opinar asique se algun xogador dos que foron quere facer algun comentario sobre o encontro, ou sobre o que fallou agradecese.
Noutra orde de cousas dicir que xa comezaron as obras no pabillón de Melide para o arranxo definitivo da pista que leva un ano inutilizable. En principio po proximo encontro ainda non estará pero será o último que xogaremos no exilio.
Asique o vindeiro sabado as 17:00h no pabillón de Toques enfrontase MELIDE FS-BRUSELAS MONTERROSO.
Se hai algunha modificación xa intentarei comunicala.

lunes, 26 de noviembre de 2007

Frases historias II. Boa saúde

Quedou demostrado esta semana que a saude do futbol sala español e moi boa, xa que a nosa selección española na que ainda non hai ninguen do Melide FS quedou campiona de Europa en Portugal tras dar un soberano baño na final a Italia.
Igual que cando colgei o de frases historicas co ¿porque no te callas? do Rey a Chavez preguntaredesvos porque falo da saude, pois ben din que a mellor terapia de saúde e a risoterapia, e deso a nos non nos falta, pese a derrota como xa dixen no articulo anterior a viaxe de volta dende Rianxo deixounos grandes perlas, pero todas elas con un denominador común, Marcos Portos, o cal estan pensando dende a directiva en darlle a baixa e apuntalo o rey da comedia.
Xa na ida e como e lóxico sairon moitos temas de conversa e ainda que Portos non estaba ainda quente xa dixo algunha tipo "No campo do CIRE sempre deu moito o aire, que eu acordome de tirar e ver que cando o balón estaba no aire volvía cara ti e non había maneira de ir padiante" ou outra como "Unha vez no boimorto tivemos lea nun partido e eu que inda era un enano estaba no vestuaria haber se traian os coches dunha vez que senon non salimos mais de aquí".
Eu non esperaba esas frases e non me quedei con moitas outras pero na volta fixeime algo mais, e ainda que ai algunhas que pola sua integridade fisica non vou contar non me podo resistir a sinalar algunha outra como unha na que un amigo seu nun quad polo medio do monte e de noite "Iba facendo un tramazo, uns tempazos, pero o final do tramo voteime e cheguei cas pernas todas alacradas, buffff", ou outro coñecido que lle dixo logo dunha noite axitada "es que de noche todos los prados son iguales". Que grande.
Pero a min a que mais me impactou foi nunha conversa que tiñamos sobre o que cobraban os futbolistas e soltou "Si yo cobrara 5 millones de euros al año solo me veriais por la tele en una noticia que dijera UN LOCO COMPRA UN BARCO TAN GRANDE QUE NO LE COGE EN EL MAR". Impresionante prometovolo.
Por se non hai mais viaxes en bus inda gardo algunha como a da matricula ou do arbol para proximas entregas.
UN SAUDO

domingo, 25 de noviembre de 2007

Xogo aceptable; Resultado engañoso

Pese as baixas importantes cas que afrontaba o Melide FS a visita a Rianxo a pista do novo lider da categoria o Loterias Mexillon de Ouro deu a cara pese a que o resultado final de 7-1 poida parecer o contrario sobre todo ata dez minutos do final.
O comezo do encontro foi o mellor do Melide FS no que levamos de tempada, empezamos xogando tranquilos, con calma, tocando ben o balón e chegando con certo perigo a porteria rival, de feito no minuto tres, Chopi fixo unha fenomenal xogada individual, o que permitiu a Iván marcar o 0-1 que nos poñia en vantaxe. Ainda con este resultado Cristian tivo unha ocasión clara na que errou no control que lle permitiria quedarse so ante o porteiro. Chegado o minuto 6 un erro defensivo propiciou o 1-1 e a partir de ai cinco mintos malos do noso equipo en defensa fixeron que os de Rianxo se puxeran con 3-1. Ainda así e logo dun tempo morto no que Baby reestructurou o equipo, o Melide FS seguiu a plantar cara, e primeiro Portos nun roubo de balón e logo Iván nunha boa contra con Cristian tiveron ocasións para recurtar as diferencias. Estabase a facer un xogo mais que aceptable, e quedando dous minutos unha boa xogada entre Iván e Roca permitiu que este último tivese unha boa oportunidade, pero o balón non queria entrar e estrelouse na madeira da porteria de Mexillón.
Na saida da segunda parte o equipo seguiu dando a cara e ainda que agora nos costaba mais chegar si se tocaba a pelota con sentido e facendo un bo xogo. O problema unha vez mais e que a sorte non estaba con nos e non eramos capaces de marcar. En cambio na metade do segundo tempo nunha das suas primeiras chegadas claras e logo dun rexeite de Tapi poñian o 4-1 que incrementaron pouco mais tarde con 5-1 de falta directa. Con este resultado e restando 5 minutos Baby fixo debutar a Angel na porteria, pero o equipo xa estaba descomposto e en dous corners, e logo de sendos rebotes en cada un dos corners puxeron o definitivo 7-1.
Neste encontro a alineacion inicial de Baby foi Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Chopi (5) e Cristian (7) nas alas e Ivan (9) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Chofri (4), Rafa (11), Roca (14) e Portos (15).
O de xogador estrela imos a darllo a un veterano de guerra que reaparecia co Melide FS e que facia o seu debut esta tempada. Roca.
A semana próxima o Melide FS volve a xogar fora e esta vez si en Quiroga, un equipo que estaba igualado con nos na clasificación, pero que esta semana logrou gañar na casa do Arzua que estraba terceiro na taboa.
A pesares da derrota, a viaxe de volta foi pa grabar en video, asi que se teño tempo esta semana colgarei algunhas das perlas tipo "acarretalo balon" que ali se dixeron.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Cambio importante

Acabo de entrar na paxina web da federación da cal tedes un link na marxe dereita e acabome de dar conta de que estabamos nun erro. Esta semana (segun a paxina) o Melide Fs non visita a pista do Quiroga Futsal que deciamos que podia ser un rival da nosa liga, senón todo o contrario, esta semana rendimos visita a cancha dun dos equipos chamados a ascender o Loterias Mexillon de Ouro de Rianxo. Este equipo da zona alta da taboa hai dous anos xogaba en provincial e nesa epoca xogaba os domingos pola maña, espero que esto non sexa así porque sería un problema añadido o das baixas, xa que para este encontro non estarán fixo Nando e Rambi, e hai dudas sobre Roca, Nacho...., en definitiva que o equipo viaxara moi mermado.
En resumo, o domingo pola maña (non o sei fixo) Mexillon de Ouro - MELIDE FS.

sábado, 17 de noviembre de 2007

Triunfo Balsamico

Logo de duas derrotas consecutivas e no que era o segundo encontro do Melide Fs na casa reencontrouse coa victoria.
O partido comezou co noso equipo moi enchufado en ataque e logo de duas ocasións e nunha boa xogada Cristian poñía o 1-0 no minuto 3 pero nun erro defensivo o Disco Coto conseguiu o empate o pouco tempo. Non afectou este contratempo o noso xogo e pouco despois Ivan conseguia o 2-1, pero como se dunha repetición se tratará volviamos a encaixar o empate. De novo a xogar, e a presionar ata que Rambito facía o 3-2 e logo dun saque de esquina Chofri poñía o 4-2 que ainda que estabamos ainda no minuto dez da segunda parte parecía encarrilar o encontro. Nese momento, produciuse unha xogada que cambiou o rumbo do encontro xa que logo de que o arbitro sinalara un saque de banda a favor do Disco Coto cando nos favorecia a nos e tras a protestas de Nacho sacoulle unha amarilla, que deseguido a convertiu na segunda e polo tanto en azul. Expulsión de Nacho e ademais o Melide Fs con 5 faltas. Esta acción sacounos todo o que quedaba de primeiro tempo do partido e os da Fonsagrada conseguiron o 4-3 e 4-4 case de forma consecutiva, que logo se convertiria no 4-5 tras un dobre penalti, ainda asi tivemos a ocasión de empatar nun dobre penalti de Cristian que pegou na madeira.
Xa no descanso a historia dos ultimos encontros, estabamos perdendo e había que sacar o partido adiante, asique unha vez mais fomos a presionar toda pista, e este sabado si que surxíu efecto xa que en pouco tempo Rober facía o 5-5, e Cristian poñia o 6-5 e 7-5, de novo ventaxa pero non para fiarse nin sequera despois do 8-5 marcado por Rambito, xa que poucos minutos despois o Disco Coto nun novo erro defensivo poñia o 8-6 e o panorama volvia a escurecer, mais incluso cando despois dun erro de Iván, Tapi veuse obrigado a facer penalti.Pero ai apareceu unha semana mais a inspiración de Marcos "Tapi", que ata daquela estaba a facer un partido normal, primeiro parando a pena máxima e minutos mais tarde un dobre penalti, ai practicamente rematou o partido xa que logo dun perfecto pase de Tapi, Cristian logrou o 9-6 e tras unha boa combinación entre Ivan e Rambito este último puxo o 10-6. Para rematar Rafa conseguiu o 11-6. Xa quedando un minuto e nun momento de dubidas da nosa defensa eles marcaron o definitivo 11-7.
En definitiva, partido tolo no que o Melide Fs se volveuse a reencontrar co gol, pero que tamén cometeu moitos fallos en defensa que hai que tentar mellorar.
Baby puxo de saida a Tapi(1) de porteiro, de peche a Rober(6), nas alas a Chopi(5) e Cristian(7) e de pivote a Ivan(9). Tamén xogaron Angel(12), Rambito (2), Chofri(4), Rafa (11) e Nacho(10).
O de mellor xogador do encontro como me dixo Chopi debe ser po grupo, pero especialmente nesta xornada destacamos a un duo que nos momentos decisivos foron os que puxeron ese punto mais para levar os tres puntos. Cristian polos 4 goles e Tapi por regalarlle dous e polas boas intervencions ademais do penalti e do dobre penalti.
A vindeira semana denovo encontro dos denominados da nosa liga, xa que o Melide Fs visita o Quiroga Futsal, esperemos que se repita o Triunfo.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Frases historicas

Dende o sábado, temos unha nova frase pra historia, a famosa xa "¿Por que no te callas?" do Rey a Hugo Chavez na cumbre Iberoamericana, en calquera conversa, calquer programa de tv ou de radio ou nos xornais sempre sale a famosa frase, e todo o mundo opina sobre ela.
Preguntaredesvos, que relación pode ter a frase que pronunciou o Rey co Melide Fs, pois ben o ano pasado no noso equipo había xente (Conde, Charly, Neira, Rambito....) que todos os entrenamentos nos deixaban frases desas memorables que logo recordas co paso do tempo nas viaxes do equipo e escachas ca risa e que parecía que este ano esto xa non existía, ben pola falta de inspiración de Javi, ou porque personaxes como Chofri ou Chopi non se soltaban nos adestramentos como se soltan cando estan por ahi de festa, pero o venres, horas antes de que o Rey pronunciara as suas palabras, unha fichaxe deste ano do Melide Fs,(non dou o nome por se se enfada) deu con todos os problemas que temos para non obter mellores resultados e ademais foi capaz de resumilo nunha soa frase "O problema e que nos acarretamos o balón pa riba e despois acarretamos o balón pa baixo e así non e nada", que grande crak, tentaremos facerlle caso haber se así as cousas poden mellorar.
Un saudo a todos e esperomos que con frases ou sen elas os resultados comezen a mellorar e o equipo vai para arriba.

domingo, 11 de noviembre de 2007

Segunda derrota consecutiva

Nada facia presaxiar tralo comezo do encontro o desenlace final. O Melide Fs comezou exercendo un claro dominio sobre o Narón, ainda que foi incapaz de materializalo. Boa proba deste dominio e que no minuto seis da primeira parte o Melide Fs levaba catro balons estrelados na madeira, tres por parte de Nando e un Cristian. Pese o dominio que exercia o noso equipo o Narón conseguia sair a contra creando certo perigo, nunha destas forzaron unha falta nas cercanias da area e mediante unha xogada ensaiada conseguiron o 1-0. Pese a esto o guión do partido non cambiou ata o descanso e as ocasións seguian sendo po Melide Fs.
Na media parte Baby tomou a decisión de presionar todo o campo pero non xurdiu o efecto desexado xa que ainda que o dominio se intensificaba (chegamos a sacar cinco saques de esquina consecutivos) e tiñamos moitas ocasións non conseguiamos o empate. Mediada a segunda parte chegou un momento clave cando o Naron se cargou coa 5ª falta e o pouco tempo xa provocamos o primeiro dobre penalti que Cristian non puido transformar. Tiñamos que seguir igual e asi se fixo, de feito minuto e medio mais tarde cometian a sua septima falta, que provocou o tiro sen barreira case na liña da area, e agora si Nando conseguía o 1-1.
Todo se poñia outra vez de cara e as posibilidades de victoria medraban. pero ocorreu todo o contrario xa que o Naron nunha xogada sen aparente perigo conseguia o 2-1 que foi un golpe duro, pero ainda mais o foi dous minutos mais tarde o 3-1 nunha nova contra.
Chegado este intre o encontro rematou xa que o colexiado fixose protagonista, e tomou a decisión de expulsar a Nando por dobre amarela e amosarlle outra a Cristian por protestas, todo esto levounos a nosa 5 falta, e mais tarde o seu dobre penalti que fixo o 4-1. Con todo xa perdido e quedando segundos o Naron puxo o 5-1 definitivo.
Neste partido Baby sacou de inicio a Tapi (1) de porteiro, de peche Nando (8) nas alas Rambito (2) e Cristian (7) e como pivote Iván (9). Tamen xogaron Portos (15) , Chofri (4), Rober (6) e Rafa (11). A convocatoria completarona Chopo p.s e Angél.
Como xogador destacado deste encontro ainda que non ai ningún claro vamos a darllo a Nando xa que foi o protagonista o marcar e ademais ser expulsado.
Pese a esta derrota temos que seguir traballando, que os resultados antes ou despois teñen que chegar e non podemos irnos abaixo.
O proximo encontro e en principio o Sabado as 17:00h en Toques, animo dende aqui a xente de melide a desprazarse ata ali xa que e un encontro importante xa que o rival e disco coto, da fonsagrada que en principio debe ser un rival da nosa liga.
Un saudo a todos o visitante deste espacio e moitas gracias pola acoñida tan boa que esta a ter

sábado, 3 de noviembre de 2007

Os nosos EX

Ainda que polo titular o pareza nin esto e Aqui hay tomate, nin eu son Carmen Alcayde (por desgracia para os que comparten vestiario conmigo no melide futbol sala)
Xa que colguei o video da cena e posterior festa que se celebrou con motivo do ascenso o ano pasado escribo este artigo xa que hai moitos dos que estan na festa que xa non estan na actual plantilla e que merecen unha homenaxe.
Para comezar falaremos de tandem de adestradores Neira-Conde (por certo gracias a Conde xa que a festa celebramola na casa dos ferro que e sua, esta publicidade COBRASE eh jaja) que fixeron un fenomenal traballo para levar o equipo e que a parte do aspecto futbolistico conseguiron un ambiente no grupo case inmellorable, e que agora decidiron dar un paso mais e convertironse en directivos (o peinar canas e o que ten).
Case dentro deste grupo podiamos incluir a Baby, que ainda que o noso actual adestrador xa o ano pasado fixo un bo traballo sendo xogador pero facendo de principal conexion con Neira e Conde (¿notase moito que quero seguir xogando?)
Outros xogadores que non estan esta tempada son Toñito que por culpa das pistas duras decidiu ir xogar o futbol, e esta a facelo no Cire de Veteranos (por certo Neira e Conde creo que tamen o fan e que esta semana marcaron os tres na victoria do cire por 3-0, increible), Rubén que tamén este ano decidiu cambiar para o futbol e xoga no Atletico Melide, Suso que se foi a estudiar a Francia e outros que ainda que so estiveron parte da tempada tamen son parte do exito do ascenso como Garea que agora xoga tamen o futbol no supercire (este ano ascendedes seguro), Tato, que tamén xoga pero sobretodo nos pubs e viños de melide ou Pendy, que colleu dedicacion exclusiva de DJ (O ano pasado faciaselle moito xogar, currar,...., jjaja, un saudo)
E penso que non me olvido de ninguen.........
A si, perdon o puto jefe, Carlos Chofricas, (futbolisticamente ninguen o dudaba xa que e un dos mellores porteiros da zona), que como teño falado con el tiña pinta de ir de sobrado e estar por encima do ben e do mal (e coña eh¡¡¡¡¡), pero resultou ser un tio de p.m. Como sacar da cabeza esas conversas un martes normal na fundación ata as 5 ou 6 da maña entre Charly, Neira e Jaime da fundacion. Din que na vida toda persoa debe escribir un libro, plantar unha arbore e ter un fillo, pero eu engado que debería estar nunha destas conversacións jaja. Este ano Charly anda por England dando clases (pobres alumnos/as, increible jaaj) non sei se de español, inglés ou algunha outra arte das que podería ser profesor e seguro que ala atopa outro jauma para seguir filosofando, un abrazo crak.
Agora si, penso que non me esquezo de ninguen, asique UN SAUDO A TODOS ELES

viernes, 2 de noviembre de 2007

Mal partido

No primeiro encontro que o Melide futbol sala disputaba como local encontramonos co que ata o momento foi o peor encontro do noso equipo no que levamos de tempada.
Nun campo (que non e por poñer excusas xa que o noso rivar tamen se adaptou a el) mais resbaladizo do habitual, e eso que normalmente xa o é bastante o melide nunca estivo no partido. Comezamos facendo unha boa defensa e chegando nalgunha contra pero na metado da primeira parte os de negreira fixeron o 0-1 de falta directa, o cal nos afectou bastante. Cinco minutos mais tarde e tras unha perda de balon, o pub sabadete montou unha contra que rematou no 0-2, co que chegabamos o descanso
No vestiario fixemos unha piña como a semana pasada para levantar o marcador e todo empezou moi ben, e tras un saque perfecto de tapi, cristian plantouse solo diante do porteiro e definiu a perfeción cruzando o balon no que era o 1-2. Parecia que se iba a repetir a remontada, pero logo dunha clara falta o negreira nunha contra puxo o 1-3 e foi o fin, xa que nos viñemos abaixo e eles remataron o encontro co 1-4 e co 1-5.
Neste encontro Baby puxo de inicio a Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Cristian (7) e Chopi (5) nas alas e Iván (9) de pivote. Tamén xogaron neste partido Chofri (4), Rambito (2) e Rafa (11), pese a que estaba un pouco tocado.
O xogador mais destacado do encontro, e pese o resultado foi Tapi, realizando o igual que a semana pasada grandes intervencions.
Mención especial se debe de facer neste encontro a afición de Arzúa, si lestes ben de Arzúa xa que a presencia de Chofri, e sobre todo de Chopi fixo que un numeroso grupo de amigos de Arzúa se achegaran a toques a animar

jueves, 1 de noviembre de 2007

Saludos a todos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A partir de hoxe neste blog adicado o melide futbol sala poderedes obter toda a información que desexedes do equipo de futbol sala do pobo.
Esta primeira entrada neste blog quixera adicala a informarvos de que como algúns xa sabedes o noso equipo non esta a poder dispor polo momento do pabillón municipal polos problemas que sofre a pista, asique ata o momento non disputamos ainda ningún encontro como local, e tivemos que aplazar duelos tan interesantes como o derbi contra o arzúa, pero a partir de agora e espero que sexa de forma momentanea estes encontros como local imos a disputalos no pabillón dos nosos veciños de toques que amablemente no-lo ceden.
Hoxe e o primeiro de eses partidos asique ainda que o aviso non e coa antelación que me gustaría si que vos pediría o esforzo de desprazarvos ata alí a animar o equipo, xa que recibimos o "gallito" da competición que o ano pasado quedou a nada de ascender a nacional e este ano leva tamen traxectoria similar.
Non me estendo mais, so dicirvos que en breve poñerei algún dato dos tres partidos xa xogados ata o de agora e animovos a todos a pasar por aquí e sobre todo...
Hoxe xoves as 17:00 en TOQUES: MELIDE F.S - PUB SABADETE

Fotos Semana Eypar 2010