Pese as baixas importantes cas que afrontaba o Melide FS a visita a Rianxo a pista do novo lider da categoria o Loterias Mexillon de Ouro deu a cara pese a que o resultado final de 7-1 poida parecer o contrario sobre todo ata dez minutos do final.
O comezo do encontro foi o mellor do Melide FS no que levamos de tempada, empezamos xogando tranquilos, con calma, tocando ben o balón e chegando con certo perigo a porteria rival, de feito no minuto tres, Chopi fixo unha fenomenal xogada individual, o que permitiu a Iván marcar o 0-1 que nos poñia en vantaxe. Ainda con este resultado Cristian tivo unha ocasión clara na que errou no control que lle permitiria quedarse so ante o porteiro. Chegado o minuto 6 un erro defensivo propiciou o 1-1 e a partir de ai cinco mintos malos do noso equipo en defensa fixeron que os de Rianxo se puxeran con 3-1. Ainda así e logo dun tempo morto no que Baby reestructurou o equipo, o Melide FS seguiu a plantar cara, e primeiro Portos nun roubo de balón e logo Iván nunha boa contra con Cristian tiveron ocasións para recurtar as diferencias. Estabase a facer un xogo mais que aceptable, e quedando dous minutos unha boa xogada entre Iván e Roca permitiu que este último tivese unha boa oportunidade, pero o balón non queria entrar e estrelouse na madeira da porteria de Mexillón.
Na saida da segunda parte o equipo seguiu dando a cara e ainda que agora nos costaba mais chegar si se tocaba a pelota con sentido e facendo un bo xogo. O problema unha vez mais e que a sorte non estaba con nos e non eramos capaces de marcar. En cambio na metade do segundo tempo nunha das suas primeiras chegadas claras e logo dun rexeite de Tapi poñian o 4-1 que incrementaron pouco mais tarde con 5-1 de falta directa. Con este resultado e restando 5 minutos Baby fixo debutar a Angel na porteria, pero o equipo xa estaba descomposto e en dous corners, e logo de sendos rebotes en cada un dos corners puxeron o definitivo 7-1.
Neste encontro a alineacion inicial de Baby foi Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Chopi (5) e Cristian (7) nas alas e Ivan (9) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Chofri (4), Rafa (11), Roca (14) e Portos (15).
O de xogador estrela imos a darllo a un veterano de guerra que reaparecia co Melide FS e que facia o seu debut esta tempada. Roca.
A semana próxima o Melide FS volve a xogar fora e esta vez si en Quiroga, un equipo que estaba igualado con nos na clasificación, pero que esta semana logrou gañar na casa do Arzua que estraba terceiro na taboa.
A pesares da derrota, a viaxe de volta foi pa grabar en video, asi que se teño tempo esta semana colgarei algunhas das perlas tipo "acarretalo balon" que ali se dixeron.
2 comentarios:
Buenas gente¡¡¡¡¡¡¡¡
Vexo que en todos os partidos vos falta suerte xa que polo que dis tedes moitas ocasions, asi que haber se vos recuperades pronto.
Un saudo e suerte en Quiroga
Boas anonimo, sinto por non contestarche antes, pero onte estiven un pouco liado e non entrei. O da sorte o certo e que ai que buscala, pero ai veces que inda buscandoa non aparece.
Un saudo, e esperemos encontrala perdida por Quiroga
Publicar un comentario