En primeiro lugar gustariame comenzar esta entrada rectificando un erro da anterior entrada, xa que puxen que estabamos igualados a puntos con Quiroga e estaba equivocado, tiñamos tres menos
O de triunfo con sabor amargo e porque despois de conseguir unha victoria con tanta loita como a do sabado, acabo de mirar a clasificacion, e os dous rivais que estaban por encima nosa tamen conseguiron os tres puntos, polo tanto no caso de que baixen mais de dous equipos, seguiriamos a catro puntos da permanencia. A noticia positiva e que polo menos conseguimos abandonar o posto de pechacancelas da clasificación.
No que se refire o encontro do sabado dicir que se fixo unha mala primeira parte e que comenzamos perdendo 0-2, pero que xusto antes do descanso Sergi fixo o 1-2, e que nunha seguunda parte boa sobretodo en intensidade conseguiuse remontar o encontro con tres goles de Cristian, e ademais dispuxemos de dous postes e outras duas ocasions claras. Tamen destacable a actuación de Tapi, que cando o equipo se foi arriba para levar o encontro tivo varias intervención de merito. Outro dato que me gustaria salientar foi a mala actuacion unha semana mais do arbitro na segunda metade, na que nos sinalou un par de faltas o borde da area claramente inxustas, e na que sinalou alomenos tres saques de banda que eran clarisimante nosos en contra, sobre todo o final.
Baby empezou este encontro con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Chopi (5) e Portos (15) nas alas e Cristian (7) arriba. Tamen xogaron, Tapi (1), Nando (8), Sergi (9), Iván (10), Rafa (11) e Humberto (13).
Agora temos un paron de duas semanas, para coller forzas para afrontar os tres ultimos encontros, que ademais os disputaremos como locais. Outro dato negativo e que para eses encontros imos ter varias ausencias. Para o primeiro non estara Tapi que se vai para Sevilla a traballar ainda que os rumores din que o que vai facer e pedirlle a Chaparro a cancion de Resistire que tan ben lle foi o Betis, e tampouco estara en dous partidos Nando.
Un saudo e a seguir loitanto, que seguimos vivos e seguro que os rivais van pinchar.