Xa andamos de novo por estes lares logo duns dias con este blog un pouco abandonado por distintos motivos dicirvos como moitos de vos sabedes este sabado houbo que xogar o partido do que vos falara en pasadas semanas fronte o Riveira xa que estes puxeron un recurso polo horario e gañarono, cousa que non poideron facer no campo, xa que o Melide Fs conseguiu a victoria non sen sufrimento por 6-4 o que lle permite garantir a permanencia de xeite agardemos que definitivo.
Non fago cronica do encontro porque cheguei no segundo tempo pero si vos direi que os goles locales foron obra de Cristian en tres ocasións, Sergi, Iván e Chopi.
En realidade poño moi en duda que fora de Chopi o ultimo dos goles pero que sirva o de darlle o gol como unha pequena homenaxe xa que case con toda seguridade sexa o seu último gol nas filas do Melide Fs que tomou a decisión de abandonar o clube. Pero en sucesivas entradas neste blog falarei do tema de altas e baixas e outras novedades que hai no clube.
Tamén vou mandar un saudo para Humberto que leva xa tres semanas lesionado, o igual que Hulk Angelito, que ainda que e moi forte esta semana tivo un problema nunha rodilla que agardemos que se recupere pronto.
Un saudo a todos e ata pronto