Antes de nada quixera empezar mandandolle un saudo agarimoso a dous dos compoñentes do Melide FS como son Diego e Bloquin xa que este fin de semana perderon a dous dos seus seres queridos.
Falando xa do futbol sala foi unha tarde de penas e glorias xa que os seniors perderon e os xuvenis gañaron.
Os senior tiveron un partido moi equilibrado fronte o Cedeira e no que acabaron caendo derrotados por 3-4. Na primeira metade eles foron un pouco superiores, pero tampouco nos crearon excesivas ocasións e nos tamen tivemos algunha para adiantarnos.
No arranque da segunda metade os visitantes adiantaronse e a partires de ai o dominio local foi total, ainda asi non foi ata os nove minutos cando Cristian dun trallazo lonxano poñia o empate a uns. O Melide seguia a ser superior pero non fomos capazes de marcar e en duas contras case seguidas os de Cedeira tomaron vantaxe de dous goles o que parecia que nos poñia todo costa arriba. Pese a isto os de Baby volveron a reaccionar e co apoio da xente conseguiron volver a igualar con un gol de Carril e outro de Cristian. Pero unha vez mais e cando parecia que a remontada estaba ai unha man inexistente provocaba un dobre penalti que con ese gol facian o 3-4 definitivo.
A aliñación de Baby foi Angel (12) de porteiro, Manito (9) de peche, Cristian (7) e Bareto (5) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Garimbas (3), Chino (8), Carril (11), Cordido (13) e Humberto (14)
Os xuvenis unha vez mais volveron poñer unha nota positiva e deron unha alegria a numerosa afición que os veu a animar. Foron totales dominadores dun encontro que rematou 8-5 pero que eu penso que se tiveran que marcar mais podiano facer e no que os goles dos visitantes foron tres de dobre penalti. Se ai que criticarlles algo que non seria xusto eu fariao en que ainda que gañen de cinco seguen xogando igual e iso costalles bastantes goles pero por outro lado tamen e bonito para a xente.
A vindeira semana descansan os dous equipos pero para a vindeira os seniors viaxan a Rianxo para visitar o Mexillon de Ouro que esta xornada se colocou lider e os xuvenis van o Carballiño fronte un rival da zona baixa para tentar seguir recortando disancia co lider.
Un saudo