Unha semana mais, e xa van unhas cantas seguidas o Melide Futbol sala senior non conseguiu o triunfo e mais, nesta ocasions rematou perdendo en Meira fronte o penultimo clasificado o Ribeira por 3-2. Os goles do Melide foron obra do xuvenil Borja Casal e de Piston.
E certo que se poden poñer moitas escusas, o partido foi o domingo pola maña, habia moitisimas baixas, tivemos mala sorte etc, etc... pero a realidade e que levamos moito tempo sen xogar un futbol sala decente e pese a que os resultados dos rivais nos acompañan nos non o sabemos aproveitar.
Son o menos indicado para dar a miña opinion porque levo moito sen xogar pero todos sabemos que ou facemos un cambio radical ou as cousas cada vez van a ir a peor, e unha tempada que pintaba moi ben pode acabar bastante mal.
Hoxe estou critico e no que se refire os xuvenis tamen vou a facerlles unha critica ainda que primeiro dicirvos que gañaron en Naron fronte o Lodairo por 2-5 e con certa comodidade.
A critica que lles fago (espero que me respondan se non estan dacordo) e que un encontro no que estaban indo sobradisimos que en dez minutos gañaban 1-4 e no que estaban xogando moi ben pouco a pouco foron entrando no xogo do rival e nas suas provocacións e poideron acabar pagando moi caro. Cun pouco mais de sangre fria eu penso que serian ainda moitisimo mellor equipo do que son e que darian mellor imaxe.
Ainda asi penso que gañaron relativamente facil con goles de Xurxo en tres ocasions, Borja Casal que mollou os dous dias e Borja Perez que pese a gripe que tiña deuno todo e fixo un gran partido.
Como esta semana o encontro que vin foi o dos xuvenis vou destacar a un xogador que me parece que pode ser un crak e que segun o meu punto de vista o outro dia foi o mellor e que e Carlitos. Debido a ausencia de Nando multiplicouse en defensa e empezou a verselle cousas de veterano pese a ser o mais novo do equipo.
Bueno, non dou mais a tabarra pero era a miña opinion, agardo que algun compañeiro poña a sua.
Esta vindeira semana volve a haber descanso para os dous conxuntos.
Un saudo