Duas derrotas dos dous equipos este fin de semana en enfrontamentos que ademais ian dirimir porque loitaba cada un.
Os seniors caeron en Cedeira por 6-3 nun encontro en que se puido sacar mais pero no que sendo xusto, os locais foron mellores. Unha vez mais comezamos xogando relativamente ben, tocando o balon e con ocasións pero nun lanzamento de falta e nunha contra o Cedeira colleu unha vantaxa de dous goles. O Melide seguiuno intentando e Cristian nunha falta acortaba diferencias, pero ai surxiu un invitado especial, un dos colexiados que xa antes se inventara varias faltas e que volveu a pitar unha que supuxo un dobre penalti e posteriormente o 3-1 co que fomos o descanso.
Na reaunudación seguimos a apretar forte pero novamente o Cedeira incrementou a vantaxe en dous goles, que Bareto reduciu a saida dun corner. Pese a que o equipo deu a cara non puidemos evitar o 6-3 final. O ultimo gol do Melide foi de Piston.
Como dixen antes non vou a desmerecer o triunfo do Cedeira pero tamen penso que oubo outros factores como os colexiados ou a mala sorte que influiron no resultado, xa que tiramos tres veces os postes, erramos un penalti, un dobre penalti e moitas ocasións. Ainda asi hai que sobrepoñerse e tentar enmendar o erro pra semana fronte o lider o Mera en Melide, partido que se xogara as 17:30h.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Diego (4) e Ivan (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Bareto (5), Cristian (7), Manito (9), Cordido (13) e Portos (15).
Os xogadores mais destacados do Melide o meu parecer foron Piston e Bareto xa que foron os que mais empuxe puxeron para ir a polo encontro.
No que se refire os xuvenis non fun ver o encontro porque nos coincidia co noso, pero polo que me dixeron o colexiado tampouco os beneficiou moito ainda que tiveron un resultado moi abultado, xa que perderon por 14-4. Agardemos que a proxima semana se recuperen co apoio da aficion no seu encontro fronte o Paderne.
Un saudo e Animo a todos.