Con este resultado chegouse o descanso, tras unha primeira parte donde o equipo local non se encontraba na pista con varios erros individuales e desaxustes defensivos, e cos visitantes cas ideas moi claras de como xogar levando o peso do partido.
No comezo da segunda metade o partido seguiu igual ata alcanzar o equipo visitante unha ventaxa de seis goles co 1-7 no marcador. Foi neste momento (quedando aproximadamente 15 minutos) cando Tonecho apostou por presionar a toda pista complicando a saida de balón do Mera e donde se viu unha espectacular reacción do equipo logrando poñer o marcador cunha diferencia de dous goles (5-7), reacción que se viu acompañada pola boa entrada que se rexistrou na grada e que se facia notar.
No medio desta reacción local, o Mera foi capaz de chegar a porteria defendida neses momentos por Tapi (que tivo grandes paradas) e nunha destas chegadas logrou meter o octavo gol. A pesar disto o Melide seguiu apretando un pouco a desesperada buscando a porteria contraria con impetu, e as veces incluso con certa precipitación, o cal lle permitiu poñerse a un gol no marcador (7-8).
Xa no último minuto, co Melide presionando o límite e xa con cinco faltas en contra, foi cando o Mera foi capaz de provocar o seu terceiro dobre penalti a favor e que, despois de fallar os dous primeiros, puido transformar logrando o 7-9 definitivo, e deixando os locais sen posibilidade de remontada.
Tonecho empezou o partido co seguinte quinteto: Guti, Nando, Manuel, Xurxo e Borja Casal. Tamén xogaron Tapi, Cordi, Kike, Carlos 500, Cristian, Humberto e Manito.
Destacar a capacidade de reacción mostrada polos xogadores donde a pesar de chegar a verse con 6 goles de diferencia encontra souperon ser un equipo e intentaron buscar unha remontada complicada. No apartado individual penso que hai que nomear a dous xogadores: Borja Casal (coa sua habitual garra) e Cordi (sendo o mellor dos locais e traballando e levando sempre perigo).
Como conclusion, polo visto tanto neste partido como no anterior, o equipo ten moita pegada arriba (14 goles a favor), pero non está ben na defensa con constantes erros individuais e colectivos (17 en contra). Pero esto non fai mais que comezar e o importante é que hai que seguir traballando e acoplando a xente porque o equipo ten moitas posibilidades. As ilusións seguen intactas!
.....................................................................................
Resultados Xornada 2:
Jim Sports Melide F.S. - Hotel Torques Mera "B" (7-9)
F.S. Cedeira - Burela Turística (1-2)
Ventorrillo Caixanova - Club Ribeira F.S. (5-4)
Concello de Arzua - F.S. Alameda Xarío
C.F.S. Castro - Boqueixón F.S. (1-4)
S.I. Outeiro de Rei - Peugeot Vilalba F.S. (4-0)
Jogafán Ordes F.S. - C.P. Casás (4-3)
Troula F.S. - Loterías Mexillón de Ouro (8-3)
.....................................................................................
Xornada 3 (03/10/2009):
Jim Sports Melide F.S. - F.S. Cedeira (18:00 h)
Burela Turística - Ventorrillo Caixanova (16:30 h)
Club Ribeira F.S. - Concello de Arzua (20:00 h)
F.S. Alameda Xarío - C.F.S. Castro
Boqueixón F.S. - S.I. Outeiro de Rei
Peugeot Vilalba F.S. - Jogafán Ordes F.S. (18:30 h)
C.P. Casás - Troula F.S.
Hotel Torques Mera "B" - Loterías Mexillón de Ouro