A crónica desta semana podemola copiar do encontro de fai quince dias, dominio, somos mellores, temos moitas ocasións pero o final o encontro vaisenos. Nesta ocasión un empate 5-5 fronte o Casas de Lugo.
O encontro comezou como digo, con un dominio total do Melide, con bastante posesión e apenas deixando os visitantes sair do seu campo. De todos xeitos tardou bastante en marcarse o primeiro gol que foi obra de Manito logo dun pase de Xurxo, antes deste gol xa levavamos dous postes e tres mans a mans co porteiro. Nunha das primeiras xogadas que o Casas chegou logrou o empate logo dunha gran xogada indiviudual. A partit de aqui o encontro estivo mais equilibrado con ocasións para nos pero tamen Guti tivo duas boas intervencions na nosa porteria, ainda asi Borja Casal volvia a darnos vantaxe no marcador, algo que duraria ata falta de 20 segundos cando logo dun saque de banda un xogador do Casas engancha unha boléa que vate en Sergi e empatannos o encontro.
A saida da segunda metade foi similar a primeira se cabe ainda con mellor xogo pola nosa parte, froito do cal o noso pichichi, Borja Casal nos daba por primeira vez diferencia de dous goles o segundo deles logo dun pase excelente de Cordido. Nese intre o encontro parecia controlado, de novo Cristian volveu estrelar un balón na madeira (tres en todo o partido) e Borja, Manu, Xurxo... volveron ter ocasións clarisimas pero unha vez mais non soubemos matar o encontro. A falta de pouco mais de 10 minutos para o final un penalti na nosa contra propiciou que os lucenses acortaran distancias e meteran o medo no corpo. Pouco despois de esta acción o encontro tivo que deterse debido a tormenta que estaba a caer e que produciu un corte de luz. Tardou unha media hora en reanudarse pero cando o fixo foi con bastante igualdade, e de feito o Casas igualou o encontro. Restaban tres minutos para o final e aconteceu o que para min vai a ser o mellor gol da liga, case na nosa area Manuel Casal fai amago de buscar a seu irmán o que fai que o porteiro se adiante, pero Manu busca o tiro directo, que pega en toda a cruzeta e entra, simplemente IMPRESIONANTE. Logo deste gol o Casas sacou porteiro xogador e pese a que o defendemos ben a falta de un minuto denovo a mala sorte nos ven visitar e volvemos a marcar en propia meta. Parecia que ai se acababa, pero ainda tivemos duas ocasións de gol claras, sobretodo unha a falta de 5 segundos con tres remates dentro da area e ningun conseguimos materializalo.
Tonecho sacou a Guti (18) de porteiro, Fer (6) de peche, Manuel (11) e Cordido (13) nas alas, e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Cristian (7), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16), e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado unha vez mais para as gradas, pouco a pouco enchense mais, e o de onte era incrible, cos nosos rapaces, coa xente do cire (xa sabemos o que nos queda), e cos nosos aficionados de todolos sabados que seguen sen fallarnos e que ademais aguantaron ata o final pesea a interrupción. Tamen destaco o partido dos rapaces no descanso, vese moito futuro nalgún. Pero se falamos de destacados, temos que facelo dos Casal Brother's. Borja polo hat-trick, so un dato, 22 goles en 11 partidos, incrible, e Manuel polo seu golazo que fixo poñer en pe a todo o mundo, e que a xente coreara o seu nome dende a grada.
Como dixen o rematar o encontro ainda que nos estemos a ir fastidiados, ai que ver o lado positivo, a principio de tempada non xogabamos a nada, non defendiamos...., pero pouco a pouco as cousas estan a sair, e levamos 7 de 12 puntos, e dos ultimos 4 encontros unha soa derrota, ademais esta tempada xa se dixo que era para o que era, asique a seguir currando e a aprender que isto e largo.
A vindeira semana imos a Vilalba, un equipo que o parecer na sua casa e case invencible e que ten unha gran afición, asique tocara sufrir pero agardo que tamen disfrutar. Por certo Presi que agora sei que lees pero non comentas, imos en bus, asique queda na tua man ou Conde outra xestión mais. Ademais agora que viñeches ver un partido completo anima a que salga nos comentarios "la voz de la autoridad".
Un saudo e vemonos todos o martes.
P.D. En canto teñamos o video e as fotos da sesión do luns co adestrador de porteiros do Lobelle colgaremolas para que todos vexades que o Melide se esta a mover, e moito.