Por fin chegou o segundo triunfo na casa logo de moito traballo, e o igual que na vez anterior sufrindo ata o último segundo. O final gañamos 4-3 o Boqueixón
Comezou o encontro como e habitual ultimamente cun gran xogo colectivo do Melide, e xusto cando se cumpria o primeiro minuto Manuel Casal adiantounos no marcador logo dunha gran xogada con seu irman. A partir deses cinco primeiros minutos o Boqueixon foise asentando e facendo o futbol sala que a eles lles interesaba e que nos fixo cometer bastantes erros, esa presión visitante viuse reflectida co empate. Pouco pasaba dos dez minutos e co encontro equilibrado surxiu un golazo de Pistón que logo dun escorzo dificilisimo meteu o balón na escadra dandonos de novo vantaxe e un pouco de tranquilidade, ainda que non a suficiente. Seguiamos cometendo bastantes erros e pillabannos fácil nas contras, so un gran Cristian impediu que nos empatasen antes, de todos xeitos a falta de pouco e logo dun saque de esquina os visitantes facian o 2-2 co que fomos o descanso.
Na segunda metade a saída do Melide non foi tan fulgurante e de feito non creabamos apenas ocasións e ainda que o rival tampouco moitas aproveitou unha xogada aillada para porse por diante no marcador. Era unha situación nova para nos remontar para gañar, pero co plus da grada pouco a pouco fomonos arriba e Manito no segundo pao logo dun bo pase de Piston facía a igualada e daba a confianza necesaria para ir a polo encontro. Nese intre eramos superiores e Sergi facia o cuarto e apostre definitivo logo dunha boa contra. Despois dese gol o Melide tivo varias ocasións moi claras e volveunas desaproveitar, feito que nos puido costar moi caro xa que no último minuto Tapi salvou os tres puntos con duas boas intervencións, nunha axudado por Fer. O final, o importante e que gañamos por fin na casa algo que era de vital importancia posto que os proximos encontros na casa nos seran ata o ano próximo e recibiremos consecutivamente o segundo e primeiro clasificado.
Tonecho formou con Cris (23) na porta, Fer (6) de peche, Manuel Casal (11) na esquerda, Cordido (13) na dereita, e B. Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado esta semana voullo dar a Sergi Monterroso, porque ademais do gol do triunfo leva duas xornadas dandonos o futbol sala que todos sabemos que ten dentro.
A proxima semana o equipo viaxa a Miño para enfrontarse o Alameda Xario, será o sabado as 17:00h.
Mención a parte unha semana mais para a afición que ven o pavillón cada sabado, cada día somos mais e cada vez con mais gaña de animar. O ambiente dos últimos dez minutos para min foi espectacular e iso e algo que temos que agradecer sempre.
Esta semana ademais vou destacar a xente que aqui case nunca fago mención e que penso que son basicos no proxecto. Neira, Conde, Baby (seguide facendo o esforzo de vir os partidos porque se agradece),Maria, Alfonso, Brais, Patri, Rober, Sergio.......,Gracias e a seguir currando. Por certo, antes de rematar, vou pedir un favor a persona coa que vin a primeira parte e que polo que me dixo suele leer este blog, asique gustariame que deixases un comentario de como ves as cousas, xa que a todos os que estamos no "tejedillo" este do Melide nos encanta a tua forma de ver este deporte, e todas as aportacións son sempre benvidas.
Un saudo
.............................................................................................................
Resultados Xornada 13
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S. (2-2)
C.F.S. Castro - Troula F.S (6-2)
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro (3-2)
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás (9-3)
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S. (4-3)
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S. (4-3)
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío (Aplazado)
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S (7-3)
.............................................................................................................
Partidos Xornada 14 (19/12/09)
Jogafán Ordes F.S. - Hotel Torques Mera
Troula F.S - S.I. Outeiro de Rei
Loterías Mexillón de Ouro - C.F.s. Castro
C.P. Casás Concello de Arzúa
Peugeot Vilalba F.S. - Ventorrillo Caixanova
Boqueixón F.S. - F.S. Cedeira
Alameda Xarío - Jim Sports Melide F.S.
Club Ribeira F.S - Burela Turística