Resulta dificil escribir esta crónica e tentar explicar que logo dun resultado de 11-3 o encontro tivo duas partes claramente diferenciadas e nunha delas estivo equilibrado.
Os primeiros 17 minutos foron moi parexos. O comezo do partido o Mera levaba o peso pero o Melide nas contras tiña tamen claras oportunidades. De todos xeitos foros os locais os que se adiantaron no marcador, pero este gol non variou o guión, e mais o Melide incluso colleu un pouco mais de peso no partido e de feito conseguiu remontar con goles de Manuel e Manito en sendas contras. Pero unha vez mais e non e a primeira marchamonos do partido dun xeito incrible, foi a falta de tres minutos para o descanso co gol do empate logo dunha xogada de estratexia e con varias decisions arbitrais que nos perxudicaron de xeito clarisimo, ainda asi penso que non e motivo para que ocorra o que ocorreu. De feito fomonos o descanso con 4-2.
Do segundo tempo, non ai nada que dicir, o Mera superior, fisica, tactica e tecnicamente e acabounos goleando por 11-3. O terceiro e definitivo gol do Melide foi de Xurxo.
Pouco mais que contar, agardemos que para a semana en Cedeira volvamos o camiño, non so da victoria, senon e sobretodo mais importante o da imaxe dada. E insisto antes de rematar, son o primeiro que digo que os arbitros pitaron en moitas ocasións cousas que só eles viron e xa sabiamos o que había, pero sigo dicindo que non pode ser escusa.
Un saudo.