Segunda derrota como local do Melide FS, este sabado fronte o Burela Turistica, nun encontro donde a sorte non estivo de cara.
Durante a primeira metade o partido estivo moi equibrado, sendo bastante malo por ambos conxuntos pero no que o Melide tivo as mais claras ocasións pero non foi quen de materializalas. E non o fixo nunhas ocasións por erros persoais e noutras por mala fortuna, xa que tiramos neses minutos ata 4 postes. Por contra, o Burela aproveitou os nosos erros para marcar tres goles o poñer o partido case imposible. Por se iso fose pouco a cinco segundos do descanso produxose a expulsión de Fer por agarron e a lesión de Xurxo, que ainda que seguiu quedou mermado.
Unha semana mais tocaba conxura, e asi se fixo, pero esta vez non foi suficiente. Estivemos cerca primeiro con dous goles de Peréz e Manuel, pero o Burela volveuse a ir. Non baixamos os brazos e Sergi volveu acortar distancias, pero Palmeiro fixo outra vez das suas e volveu ampliar distancias. Así ocorreu pouco despois como resposta a un gol de Casal. Faltaban trinta segundos cando Xurxo aproveitando o porteiro xogador puxo o 5-6 que apostre foi final pero ainda asi tivemos o empate a falta de dez segundos. Non puido ser pero quedome coas gañas de gañar do equipo, e co apoio da afición.
Destaco deste encontro os dous porteiros, con grandes intervencions, a Javi e sobre todo a Perez, que ante a baixa de Fernando multiplicouse.
Agora a pensar no Casas a vindeira semana e tentar ir a polos tres puntos.
Un saudo.