Triunfo cómodo e moi merecido do Melide Fs fronte o Casas por 7-1, nun encontro dominado polos locales en todas as súas fases.
Comezamos un pouco frios e costandonos facer ocasións, ainda así Borja no minuto 4 poñíanos en vantaxe, e pouco despois foi Manuel o que ampliou a renda. O dominio era moi claro e solo algunha que outra contra parecia asomar algo de perigo. Antes do descanso Carlitos estreabase como goleador do Melide Fs facendo o terceiro.
No segundo tempo volvemos a sair un pouco frios, pero ainda asi con ocasions. Foi nunha contra do Casas cando acurtou distancias e parecia que se quería meter no encontro. Pouco durou ese espellismo, xa que primeiro Fer, e despois Xurxo ampliaban vantaxe. Xa co Casas xogando con porteiro xogador, cerraron a goleada Manuel e Borja Casal.
Destacar neste encontro a dous dos que menos minutos teñen, pola súa xuventude, pero que onte amosaron estar preparados para cando se necesite, que foron Peke e Carlitos.
Ah, e non me quero esquecer da parella de feito Sergio -Bloquín, que demostraron que con eles no banco o equipo funciona.
A vindeira semana o Melide recibe o lider, o Pombo, nun encontro no que necesitamos todo o apoio dende as bancadas para tentar quedarnos cos tres puntos e seguir nos postos de arriba.
Un saudo