Tres puntos conseguidos de xeito relativamente cómodo fronte o Boqueixon logo de colleitar un marcador de 6-2.
O partido comezou ben para o Melide, e os dous minutos Sergi de forte disparo conseguiu adiantarnos no marcador. Pese a eso o Melide non estivo fino en ataque, costaba moito facer ocasións claras, e as poucas que tiñamos eran ben desvaratadas polo meta rival. Así, non foi ata a falta de tres minutos cando primeiro Manuel e despois Borja ampliaban a vantaxe ata o tres a cero antes do descanso.
Na segunda metade, e pese o tempraneiro gol visitante, o encontro non correu perigo e ningún momento. Foron Manuel e duas veces Carlitos os encargados de cerralo. Destacar nesta segunda métade a volta despois de moito tempo do abuelo a porteria que cumpliu sobradamnte.
Ademais, e pese a que como digo foi un mal partido do Melide Fs, gustariame destacar a actuación de Carlitos, Conde, Tapi e Manuel. E unha vez mais e sobretoo a afición, entre a que esta semana tiñamos a Bareto a quen dende a S.D Melide F.S lle queremos adicar o triunfo.
A vindeira semana non se xoga debido o parón de semana santa. Cando se reanude a competición faremolo en Betanzos fronte o Troula.
Un saúdo.