Penso que este Nadal os do Melide F.S temos que mercar lotería porque algo seguro que cae, porque con tanta mala sorte na pista algo bon terá que caer por fora. Onte nova derrota por 3-1 fronte o Leis Pontevedra.
Comezou o partido moi equilibrado, e así estivo toda a primeira parte, con posesión do Leis pero sen excesiva profundidade, solo buscando xogadas o segundo pao. Pola súa parte o Melide creaba perigo en contras e algunha que outra xogada de estratexia. E deste xeito foi como se desiquilibrou o marcador, unha gran xogada de estratexia do Leis que culminou o seu porteiro facendo o 0-1 co que fomos o descanso.
Na segunda metado, ou mellor dito nos últimos segundos da primeira empezou o noso idilio cos postes, 4 o longo de todo o encontro, e por contra os visitantes en cada chegada facian gol. Consegiron poñerse 3-0, pero a falta de 8 minutos para o final Perez acurtava diferencias. Non foi suficiente todo o esforzo e a pelota non volveu a entrar.
Quedome esta semana coa motivación do equipo, e con pensar que antes ou despois a xeira terá que cambiar e seremos nós os que marcaremos en lugar do rival.
A vindeira semana temos xornada de descanso, e dentro de 15 días volvemos en xogar en Melide fronte o Concello de Vilamartín.
Moitas gracias a toda a afición que unha semana mais nos veu a ver e animar. Insisto, Gracias
Un sáudo.