Unha semana despois de estrenarnos no casilleiro de puntos viaxabamos a Pontevedra para seguir na xeira, pero non foi posible, acabamos perdendo por 5.4.
Boa primeira parte do equipo que ata en tres ocasións se puxo por diante, e só en erros puntuas de concentración o Leis nos foi empatando, ata o 3-3 co que chegamos o descanso. Especialmente doloroso foi o último xa que foi a falta de uns segundos para o descanso, e ademais antes dese gol, e co Melide en vantaxe tiramos dous balóns o poste e perdoamos outros dous mans a mans.
Na segunda metade o equipo foi outro, saimos moi mal, en defensa e en ataque e sen poder de reacción, así o Leis chegou a poñerse 3-5. Pouco a pouco volvemos a meternos no encontro e a falta de tres minutos Perez volveu acortar distancias, pero faltounos tempo para lograr o empate.
En canto sepamos o horario e data do encontro de copa iremos informando.
Remato dando as gracias unha vez mais a esa xente que se desplazou a Pontevedra a animarnos.
Un sáudo