Partido moi traballado este sabado fronte o que era lider da clasificación, o Mera B por 4-2 que nos permite volver coller o camiño da victoria.
O encontro comezou moi equilibrado con ocasións nas duas porterias pero sen excesivo perigo ata que os visitantes nunha xogada individual se adiantaron no marcador cun disparo cercano o que Angel non puido facer nada. O Melide seguiu xogando igual e asi pronto forzou a quinta falta do Mera que fixo que estes baixaran un pouco a intensidade da defensa e que permitiu o que Cristian marcara os dous goles da remontada, o primeiro logo dun pase de Laudrup Manito e o segundo despois de transformar un dobre penalti.
Na segunda metade o dominio foi total e absoluto do conxunto Coruñes que pese a iso non tivo ocasións excesivamente claras e as que tivo topou cun gran Tapi unha vez mais que ademais sacou varias contras perfectas duas das cales remataron en goles de Diego. No medio dos dous tantos o Mera marcara un dobre penalti. O resultado final como dicia foi de 4-2.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Diego (4) e Bareto (5) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Cristian (7), Manito (9), Carril (11), Humberto (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado creo que e a pista xa que de xogar de local a facelo de visitante o cambio do equipo e radical. De todos xeitos destaco a todo o grupo e en especial a Cris e Diego polo doblete e tamen a Tapi e a Carril.
Se hai que poñer pegas, que igual non debo porque se gañamos o lider e porque se fixo un bo partido son que non soubemos aproveitar mais na primeira metade ter o rival doce minutos con cinco faltas para provocar mais dobres penaltis e que na segunda nos colgamos moi rapido do longueiro ainda que en gran medida pola presión do rival.
A vindeira semana xogase o encontro aprazado fronte o Jogafan as 20:00 h en Melide asi agardemos contar co apoio de todos aqueles que poidades acercarvos ata a Martagona.
No que se refire os xuvenis tiveron un encontro moi doado fronte o Paderne no que gañaron por 16-6 ou algo asi, xa que eu a segunda parte non a vin e enton non sei o resultado se e o correcto. Pouco mais que comentar deste encontro xa que non tivo moita mais historia.
Relacionado cos xuvenis decirvos que esta semana Fran (Cadete) e Javi (Infantil) estiveron xogando en Cidade Real o campionato de España coa selección galega. Se algun de vos entra por aqui pode estirarse cun comentario e comentar algo da experiencia.
Un saudo e o dito agardamos todo o apoio o SABADO AS 8 DA TARDE.
