domingo, 13 de diciembre de 2009

Boqueixon, un triunfo para a afición

Por fin chegou o segundo triunfo na casa logo de moito traballo, e o igual que na vez anterior sufrindo ata o último segundo. O final gañamos 4-3 o Boqueixón
Comezou o encontro como e habitual ultimamente cun gran xogo colectivo do Melide, e xusto cando se cumpria o primeiro minuto Manuel Casal adiantounos no marcador logo dunha gran xogada con seu irman. A partir deses cinco primeiros minutos o Boqueixon foise asentando e facendo o futbol sala que a eles lles interesaba e que nos fixo cometer bastantes erros, esa presión visitante viuse reflectida co empate. Pouco pasaba dos dez minutos e co encontro equilibrado surxiu un golazo de Pistón que logo dun escorzo dificilisimo meteu o balón na escadra dandonos de novo vantaxe e un pouco de tranquilidade, ainda que non a suficiente. Seguiamos cometendo bastantes erros e pillabannos fácil nas contras, so un gran Cristian impediu que nos empatasen antes, de todos xeitos a falta de pouco e logo dun saque de esquina os visitantes facian o 2-2 co que fomos o descanso.
Na segunda metade a saída do Melide non foi tan fulgurante e de feito non creabamos apenas ocasións e ainda que o rival tampouco moitas aproveitou unha xogada aillada para porse por diante no marcador. Era unha situación nova para nos remontar para gañar, pero co plus da grada pouco a pouco fomonos arriba e Manito no segundo pao logo dun bo pase de Piston facía a igualada e daba a confianza necesaria para ir a polo encontro. Nese intre eramos superiores e Sergi facia o cuarto e apostre definitivo logo dunha boa contra. Despois dese gol o Melide tivo varias ocasións moi claras e volveunas desaproveitar, feito que nos puido costar moi caro xa que no último minuto Tapi salvou os tres puntos con duas boas intervencións, nunha axudado por Fer. O final, o importante e que gañamos por fin na casa algo que era de vital importancia posto que os proximos encontros na casa nos seran ata o ano próximo e recibiremos consecutivamente o segundo e primeiro clasificado.
Tonecho formou con Cris (23) na porta, Fer (6) de peche, Manuel Casal (11) na esquerda, Cordido (13) na dereita, e B. Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado esta semana voullo dar a Sergi Monterroso, porque ademais do gol do triunfo leva duas xornadas dandonos o futbol sala que todos sabemos que ten dentro.
A proxima semana o equipo viaxa a Miño para enfrontarse o Alameda Xario, será o sabado as 17:00h.
Mención a parte unha semana mais para a afición que ven o pavillón cada sabado, cada día somos mais e cada vez con mais gaña de animar. O ambiente dos últimos dez minutos para min foi espectacular e iso e algo que temos que agradecer sempre.
Esta semana ademais vou destacar a xente que aqui case nunca fago mención e que penso que son basicos no proxecto. Neira, Conde, Baby (seguide facendo o esforzo de vir os partidos porque se agradece),Maria, Alfonso, Brais, Patri, Rober, Sergio.......,Gracias e a seguir currando. Por certo, antes de rematar, vou pedir un favor a persona coa que vin a primeira parte e que polo que me dixo suele leer este blog, asique gustariame que deixases un comentario de como ves as cousas, xa que a todos os que estamos no "tejedillo" este do Melide nos encanta a tua forma de ver este deporte, e todas as aportacións son sempre benvidas.
Un saudo
............................................................................................................. Resultados Xornada 13
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S. (2-2)
C.F.S. Castro - Troula F.S (6-2)
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro (3-2)
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás (9-3)
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S. (4-3)
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S. (4-3)
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío (Aplazado)
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S (7-3)
............................................................................................................. Partidos Xornada 14 (19/12/09)
Jogafán Ordes F.S. - Hotel Torques Mera
Troula F.S - S.I. Outeiro de Rei
Loterías Mexillón de Ouro - C.F.s. Castro
C.P. Casás Concello de Arzúa
Peugeot Vilalba F.S. - Ventorrillo Caixanova
Boqueixón F.S. - F.S. Cedeira
Alameda Xarío - Jim Sports Melide F.S.
Club Ribeira F.S - Burela Turística

domingo, 6 de diciembre de 2009

Vilalba, 3 puntos e goles a mansalva!!!!!

Trece goles se puideron ver a tarde do sabado en vilalba, obtendo o Melide tres novos puntos e xa van nove consecutivos como visitantes nesta ocasión por 5-8.
O arranque do encontro xa facía presaxiar unha tarde de goles poste que na segunda xogada Borja Casal collia o balón no medio do campo e logo de avanzar uns metros pegou un "pepinazo" axustado o poste que nos daba vantaxe. Unha vantaxe que durou pouco posto que un minuto despois os locais lograban o empate. Partido equilibrado no marcador pero con dominio claro do Melide froito do cal Sergi primeiro e logo Borja Casal nunha gran xogada de falta poñian o un a tres no marcador. Con ese resultado os de Tonecho seguiron empuxando e en un minuto lanzaron tres tiros o poste que nos ouberan dado tranquilidade pero o Vilalba nun saque de corner volveu a acortar distancias. Nese intre o partido estaba un pouco tolo e ainda quedaban 10 minutos para o descanso pero unha gran xogada do Melide, cun pase de "Andres Piston" Cristian volvia a ampliara diferencias, e pouco despois Xurxo convertia unha gran triangulación no quinto dos visitante. Os vilalbeses recurtaron de novo e fomonos o descanso con 3-5 e sensación de dominio, pero ainda asi, Super Angelito tivo tres grandes intervencións.
Na segunda metade e salvo cinco minutos as sensacións foron moi similares e Manuel facia o sexto que eles volveron recurtar pouco despois. Con 4-6 o marcador mantivose ata falta de cinco minutos cando denovo Manuel e tamen Sergi poñian o 4-8. Faltando vinte segundo o vilalba facia o quinto e defintivo.
O Melide comezou con Angel (19) na porteria, Fer (6) de peche, Sergi (8) na dereita, Manuel Casal (11) na esquerda e Borja Casal (5) en punta. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Cristian (7), Manito (9), Humberto (14) e Xurxo (16).
No de mellor xogador destaco a todo o grupo, cada dia melloran no xogo e entendese mellor, e tamen a Humber e Angel que ainda que levaban bastante sin xogar e fixeron un partido o nivel de todos.
A proxima semana o Melide recibe na Martagona as 19:00h o Boqueixon, equipo que esta por encima nosa na clasificación pero fronte o que ai que dalo todo para tentar dar por fin unha alegria a toda a xente que nos ven apoiar e que non nos ven gañar dende o derbi fronte a Arzua.
Un saudo.
.............................................................................................................
Resultados Xornada 12
S.I. Outeiro de Rei - Hotel Torques Mera (2-3)
Jogafán Ordes F.S. - C.F.S. Castro (7-6)
Troula F.S - Concello de Arzua (Aplazado)
Loterías Mexillón de Ouro - Ventorrillo Caixanova (4-7)
C.P. Casás - F.S. Cedeira (4-3)
Peugeot Vilalba F.S. - Jim Sports Melide F.S. (5-8)
Boqueixón F.S. - Burela Turística (Aplazado)
F.S. Alameda Xarío - Club Ribeira F.S (1-9)
.............................................................................................................
Partidos Xornada 13 (12/12/09)
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S.
C.F.S. Castro - Troula F.S
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S.
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S.
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S

domingo, 29 de noviembre de 2009

Sen luz....cara o gol

A crónica desta semana podemola copiar do encontro de fai quince dias, dominio, somos mellores, temos moitas ocasións pero o final o encontro vaisenos. Nesta ocasión un empate 5-5 fronte o Casas de Lugo.
O encontro comezou como digo, con un dominio total do Melide, con bastante posesión e apenas deixando os visitantes sair do seu campo. De todos xeitos tardou bastante en marcarse o primeiro gol que foi obra de Manito logo dun pase de Xurxo, antes deste gol xa levavamos dous postes e tres mans a mans co porteiro. Nunha das primeiras xogadas que o Casas chegou logrou o empate logo dunha gran xogada indiviudual. A partit de aqui o encontro estivo mais equilibrado con ocasións para nos pero tamen Guti tivo duas boas intervencions na nosa porteria, ainda asi Borja Casal volvia a darnos vantaxe no marcador, algo que duraria ata falta de 20 segundos cando logo dun saque de banda un xogador do Casas engancha unha boléa que vate en Sergi e empatannos o encontro.
A saida da segunda metade foi similar a primeira se cabe ainda con mellor xogo pola nosa parte, froito do cal o noso pichichi, Borja Casal nos daba por primeira vez diferencia de dous goles o segundo deles logo dun pase excelente de Cordido. Nese intre o encontro parecia controlado, de novo Cristian volveu estrelar un balón na madeira (tres en todo o partido) e Borja, Manu, Xurxo... volveron ter ocasións clarisimas pero unha vez mais non soubemos matar o encontro. A falta de pouco mais de 10 minutos para o final un penalti na nosa contra propiciou que os lucenses acortaran distancias e meteran o medo no corpo. Pouco despois de esta acción o encontro tivo que deterse debido a tormenta que estaba a caer e que produciu un corte de luz. Tardou unha media hora en reanudarse pero cando o fixo foi con bastante igualdade, e de feito o Casas igualou o encontro. Restaban tres minutos para o final e aconteceu o que para min vai a ser o mellor gol da liga, case na nosa area Manuel Casal fai amago de buscar a seu irmán o que fai que o porteiro se adiante, pero Manu busca o tiro directo, que pega en toda a cruzeta e entra, simplemente IMPRESIONANTE. Logo deste gol o Casas sacou porteiro xogador e pese a que o defendemos ben a falta de un minuto denovo a mala sorte nos ven visitar e volvemos a marcar en propia meta. Parecia que ai se acababa, pero ainda tivemos duas ocasións de gol claras, sobretodo unha a falta de 5 segundos con tres remates dentro da area e ningun conseguimos materializalo.
Tonecho sacou a Guti (18) de porteiro, Fer (6) de peche, Manuel (11) e Cordido (13) nas alas, e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Cristian (7), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16), e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado unha vez mais para as gradas, pouco a pouco enchense mais, e o de onte era incrible, cos nosos rapaces, coa xente do cire (xa sabemos o que nos queda), e cos nosos aficionados de todolos sabados que seguen sen fallarnos e que ademais aguantaron ata o final pesea a interrupción. Tamen destaco o partido dos rapaces no descanso, vese moito futuro nalgún. Pero se falamos de destacados, temos que facelo dos Casal Brother's. Borja polo hat-trick, so un dato, 22 goles en 11 partidos, incrible, e Manuel polo seu golazo que fixo poñer en pe a todo o mundo, e que a xente coreara o seu nome dende a grada.
Como dixen o rematar o encontro ainda que nos estemos a ir fastidiados, ai que ver o lado positivo, a principio de tempada non xogabamos a nada, non defendiamos...., pero pouco a pouco as cousas estan a sair, e levamos 7 de 12 puntos, e dos ultimos 4 encontros unha soa derrota, ademais esta tempada xa se dixo que era para o que era, asique a seguir currando e a aprender que isto e largo.
A vindeira semana imos a Vilalba, un equipo que o parecer na sua casa e case invencible e que ten unha gran afición, asique tocara sufrir pero agardo que tamen disfrutar. Por certo Presi que agora sei que lees pero non comentas, imos en bus, asique queda na tua man ou Conde outra xestión mais. Ademais agora que viñeches ver un partido completo anima a que salga nos comentarios "la voz de la autoridad".
Un saudo e vemonos todos o martes.
P.D. En canto teñamos o video e as fotos da sesión do luns co adestrador de porteiros do Lobelle colgaremolas para que todos vexades que o Melide se esta a mover, e moito.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Tres puntos.......,y punto!!!

Esta frase tan de Nacho, vennos de perlas para reflexar o ocorrido este sabado en Rianxo, donde so se pode sacar de conclusión que e a nosa segunda victoria consecutiva a domicilio, neste caso por 4-7 e pouco mais.
O partido comezou marcado polas baixas do rival que polo que nos comentou o seu adestrador teñen unha "plaga encima" e con un dominino total e absoluto do Melide, os dous minutos Fer coa colaboración dun rival logrou adiantarnos, e pouco despois, primeiro Borja Casal e despois Cristian poñian o 0-3 os seis minutos. Ata ese intre, a mais dos tres goles, tivemos outras tres ocasións clarisimas, algunha a porta valeira e o Mexillon non tirara nin a portería. A partir de ahi, o equipo dormiuse e foi entrando pouco a pouco no xogo dos locais, ademais volvemos a cargar con faltas, ainda que neste caso eu diria que eran "faltitas", e xa a cinco do descanso o Mexillon acortou distancias e tivo un par de ocasións para facelo mais. Foi o momento en que nos volvemos a poñer as pilas e denovo Borja Casal e Sergi deixaban o 1-5 co que nos fomos o descanso.
A segunda metade nosa, mellor esquecela, si e certo que desperdiciamos moitas ocasións, pero o certo e que a perdemos por un parcial de 3-2 e que oubo momentos de bastante desconcerto, denovo con faltas absurdas, erros defensivos claros e buscando demasiado o lucimento persoal. Os goles Melidenses neste periodo foron de Sergi e Xurxo.
Tonecho comezou con Guti (18) na porteria, Fer (6) de peche, Manuel (11) pola esquerda, Cordido (13) pola dereita e Casal (5) arriba. Tamen xogaron Cristian (23), Piston (2), Perez (3), Cris (7), Sergi (8), Xurxo (16), e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado quizais, pola intensidade mostrada todo o encontro para min foi Piston, pero tamen Cris volve pouco a pouco o seu sitio, e Sergi recupera o seu gol.
Como dixen antes a parte do marcador a min non me gustou en exceso o encontro, pero un triunfo e un triunfo e iso esta claro que o mais positivo a parte de adiantar un par de postos na clasificación e poder mirala con un pouco mais de gañas. Agora toca pensar no seguinte rival, sera o Casás en Melide o Sabado as 19:00h e agardemos ter o ambiente do último encontro como locais porque vais a ser un encontro moi complicado e que seria importantisimo sacar adiante.
Un saudo

domingo, 15 de noviembre de 2009

Sabado sin Troula

Solo o resultado de 3-4 empañou unha boa tarde de xogo e ambiente no pavillón da Martagona no encontro que enfrontou o Melide co Troula, terceiro clasificado.
Comezamos facendo o mellor xogo de toda a tempada, sendo totalmente dominadores do encontro e do seu tempo e tendo multitude de ocasións, froito das cales chegou o primeiro tanto de Borja Casal. Seguimos na mesma liña de xogo todo o primeiro tempo e pese a que o Troula nos igualou nun erro defensivo pouco tardou Manuel Casal en volvernos poñer en vantaxe coa colaboración dun rival. En todo este primeiro periodo os visitantes a parte do gol tiveros dous tiros os paos con lanzamentos lonxanos, pero seriame imposible enumerar as ocasións dos xogadores do Melide, Bareto, Cris, Fer, Xurxo, Borja... que as tiveron de todos os colores pero que non conseguiron aumentar a vantaxe.
O inicio do segundo tempo facianos ir no mesmo camiño, e de feito denovo o pichichi Borja Casal ampliaba vantaxe ata o 3-1 que nos parecia que podia dar un respiro. Foi un espellismo xa que ainda que seguiamos dominando o Troula fixo tres goles consecutivos en moi pouco tempo e deulle a volta o marcador poñendo o 3-4 que a postre seria definitivo. Ainda faltaban 15 minutos de encontro e o Melide seguiu tentandoo de todolos xeitos pero non era a tarde cara o gol e cando non era o porteiro eran os paos, e cando non que tirabamos fora, pero ainda asi destacar a loita ata o último minuto.
Tonecho comezou con Angel (12) na porta, Fer (6) de peche, Manuel (11) e Xurxo (16) nas alas e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Cristian (23), Piston (2), Cris (7), Sergi (8), Manito (9), Bareto (12) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado a parte de Borja que xa leva 17 goles hai que darllo unha vez mais a afición, e nesta ocasión mais do que habitualmente o facemos porque acudiu en masa a visitarnos e apoiarnos ata o último intre. Que bonito e ver a grada como estaba o sabado (en pouco tempo vai haber mais ainda) e mais se pensas como fai un par de anos non solia haber mais de cinco persoas animando. Agardemos compensarvos o antes posible con resultados.
Como digo e deixando aparte a grada a miña conclusión volve a ser positiva. Si, perdemos outra vez pero semana a semana vese mellor xogo, mais implicación en todo o mundo e a nada que empecemos a marcar algunha mais os resultados seguro que chegan. Ademais este sabado ai que ter en conta que o rival era o terceiro clasificado e estiveron a piques de perder.
Agora toca pensar no encontro do vindeiro sabado, as cinco da tarde en Rianxo frontre o Mexillon de Ouro que e dos poucos que esta por detras na taboa, pero que o parecer estan a recuperar efectivos, asique habera que ir a dalo todo.
Non quero rematar sen facer unha mención especial para os rapaces das escolas deportivas que viñeron a xogar o seu partido no descanso, e ademais de entreternos e demostrar que o clube esta a traballar no futuro non pararon de animar en todo o partido, e creedeme que os xogadores volo agradecemos, asique dentro de 15 dias a repetir.
Un saudo.
....................................................................................... Resultados Xornada 9
Concello de Arzúa - C.F.S Castro (5-1)
Ventorrillo Caixanova - S.I Outeiro de Rei (7-4)
FS Cedeira - Jogafan Ordes FS (2-1)
Jim Sports Melide FS - Troula FS (3-4)
Burela Turística - Loterias Mexillon de Ouro (7-3)
Club Ribeira FS - CP Casas (8-2)
FS Alameda Xario - Peugeot Vilalba FS (1-3)
Hotel Torques Mera - Boqueixón FS (3-2)
.......................................................................................
Partidos Xornada 10 (21/11/09)
C.F.S. Castro - Hotel Torques Mera
S.I. Outeiro de Rei - Concello de Arzua
Jogafán Ordes F.S. - Ventorrillo Caixanova
Troula F.S. - F.S. Cedeira
Loterías Mexillón de Ouro - Jim Sports Melide F.S.
C.P. Casás - Burela Turística
Peugeot Vilalba F.S. - Club Ribeira F.S.
Boqueixón F.S. - F.S. Alameda Xarío

domingo, 8 de noviembre de 2009

Por fin

Primeiros tres puntos a domicilio os logrados esta semana polo Melide Fs, na pista do Muebles Jogafan de Ordes logo de lograr o triunfo por 4-6.
A primeira parte foron os minutos de futbol sala mais sereno que vin do equipo en todo o que levamos de campionato, xogando tranquilos, rotando, buscando o futbol sala sinxelo e facendo unha boa defensa ademais sen cometer faltas. O dominio foi total e absoluto noso pero ainda asi en duas contras o Ordes puidose adiantar, pero primeiro Guti e o poste e logo Cris evitaron os tantos. Ese bo xogo de equipo que estabamos a facer veuse reflectido no primeiro e único tanto da primeira metade, xa que logo dunha xogada bastante longa cunhas grandes combinacións o primeiro toque o balón chegou a Cristian que no segundo pao facía o tanto que nos daba vantaxe no marcador.
O inicio da segunda facia presaxiar algo similar a primeira pero nesta ocasión os dous minutos Fer coa colaboración dun defensor poñia o 0-2 que non debía de dar algo de tranquilidade, pero foi todo o contrario xa que tivemos uns minutos de torrija que o Ordes aproveitou cun gran xogo combinativo, buscando moi ben o pivote e aproveitando o seu disparo exterior para dar a volta o marcador e poñer o 3-2. O Melide non se veu abaixo en ningun momento e primeiro Manito e logo Cristian despois dun gran pase de Piston volvian a poñernos en vantaxe, e ai e co equipo xogando ben ainda faltaban os goles de Borja Casal pero que tardarian pouco en aparecer primeiro para poñer o 3-5 e xa perto do final para facer o 4-6 definitivo logo de aproveitar un gran pase de tacón de seu irmán Manuel.
Tonecho partiu de inicio con Guti (18) na porteria, Fer (6) de peche, Manuel Casal (11) na esquerda, Cordido (13) na dereita e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Cris (23), Piston (2), Borja Peréz (3), Cristian (7), Sergi (8), Manito (9), Carlos Quini (17).
E inxusto destacar nesta xornada a ninguen por encima dos demais, porque TODOS, insisto TODOS os 14 que estabades ai abaixo fixestes un bo traballo e tiñadelo merecido, pero pese a inxustiza vou destacar a Borja Perez, que por fin demostrou o que pode dar en defensa, a Sergi, que cada vez esta mellor e o sabado fixo un partidazo e tamen a Cristian que volveu ver porta e que queda visto que se hai implicación e traballa como lle piden non hai prexuizos cara a ninguen e que ademais se pode hinchar a marcar. Xa que dixen TODOS tamen meto no saco a Piston, Casal, Fer, "Caño" Manito (ahora tamen para marcar),Manu, Cordi, Quini, Guti, Cris, Tonecho e Capitan Brunete Sergio.
E certo que só e unha vitoria, pero moi necesitada, e que ainda facendo un bo encontro hai moito que mellorar porque se nos puido escapar. O vindeiro sabado temos que demostrar a melloria fronte o cuarto clasificado o Troula Fs as 19h no pavillón da martagona.
Non quero rematar sen volver dar gracias a vintena de persoas que se desplazarón a Ordes para animar e seguir confiando no equipo e no CLUBE.
Un saúdo.
.......................................................................................
Resultados Xornada 8
Concello Arzua - Hotel Mera Torques (1-8)
FS Castro - Ventorrillo Caixanova (1-6)
S.I. Outeiro de Rei - FS Cedeira (4-5)
Jogafan Ordes FS - Jim Sports Melide FS (4-6)
Troula FS - Burela Turística (6-2)
Loterias Mexillon de Ouro - Club Ribeira FS (4-5)
C.P. Casás - FS Alameda Xarío (3-1)
Peugeot Vilalba FS - Boqueixón FS (2-2)
.......................................................................................
Partidos Xornada 9 (14/11/09)
Concello de Arzúa - C.F.S Castro (18:00h)
Ventorrillo Caixanova - S.I Outeiro de Rei (19:00h)
FS Cedeira - Jogafan Ordes FS (17:30h)
Jim Sports Melide FS - Troula FS (19:00h)
Burela Turística - Loterias Mexillon de Ouro (16:30h)
Club Ribeira FS - CP Casas (17:00h)
FS Alameda Xario - Peugeot Vilalba FS (17:00h)
Hotel Torques Mera - Boqueixón FS (17:00h)

domingo, 1 de noviembre de 2009

Cenar e pa casa

Nova derrota esta xornada do Jim Sports no pavillon da martagona fronte o Santa Isabel Outeiro de Rei, nesta ocasión por 3-7.
Cada semana estame a resultar mais complicado facer a crónica do encontro por varios motivos, primeiro porque na grada non me quedo ca metade de detalles que no campo e segundo porque sacando o dia do Arzua non me acordo o que e facer unha crónica dun triunfo.
Este sabado comezamonos adiantando por medio de Manuel Casal logo dunha gran asistencia de Manito, pero as contras e unha vez mais o problema das faltas volveunos pasar factura e o descanso xa iamos perdendo por 1-3.
No segundo tempo a cousa o certo e que non mellorou en exceso e os visitantes ampliaron a sua vantaxe, ainda que o pouco tempo un gol de Nacho logo dun novo pase de Manito acurtaba diferencias. O terceiro gol do Melide chegou xa co encontro resolto e foi obra de Nacho Piston de dobre penalti.
Non e doado sacar conclusións, erramos moitisimo cara a porta, defendemos frouxo, temos mala sorte, facemos moitas faltas....., e ainda asi temos opcións ata o último minuto en todos os encontros. Non sei, vai soar moi repetitivo, pero solo queda seguir tendo confianza no que facemos e seguir traballando.
Estamos empatados co Mexillon e con Xario pechando a clasificación e os seguintes xa nos sacan catro puntos, e dicir que ou se mellora xa ou imos a pasalo muy mal.
A proxima semana visitamos o Muebles Jogafan de Ordes creo que as 6 da tarde. Este e un dos equipos que esta nese grupo que nos saca catro puntos, asique PARTIDO CLAVE.
Un saúdo e moitos animos a todo o plantel, corpo tecnico, directiva e afición.
....................................................................................
Resultados Xornada 7
Ventorrillo Caixanova - Concello Arzua (8-2)
FS Cedeira - CFS Castro (5-4)
Jim Sports Melide FS - S.I. Outeiro de Rei (3-7)
Burela Turística - Jogafan Ordes FS (3-3)
Club Ribeira FS - Troula FS (6-3)
FS Alameda Xarío - Loterias Mexillon de Ouro (3-2)
Boqueixón FS - C.P. Casás (3-5)
Hotel Torques Mera - Peugeot Vilalba FS (5-1)
.......................................................................................
Partidos Xornada 8 (7/11/09)
Hotel Torques Mera - Concello de Arzúa
C.F.S Castro - Ventorrillo Caixanova
S.I Outeiro de Rei - FS Cedeira
Jogafan Ordes FS - Jim Sports Melide FS
Troula FS - Burela Turística
Loterias Mexillon de Ouro - Club Ribeira FS
CP Casas - FS Alameda Xario
Peugeot Vilalba FS - Boqueixón FS

Fotos Semana Eypar 2010