Arranca a segunda volta de xeito similar a primeira, cunha derrota, esta vez por 4-2 fronte o Burela Turistica nun partido igualado onde decidiu o acerto cara o gol.
Comezamos o encontro bastante mal, non encontrabamos a forma de sair da sua presión e ademais deixabamos moitos ocos en defensa facilitanto a sua creación de ocasions. Asi o pouco de comezar chegou o que apostre foi o unico gol da primeira parte logo dun corner que os de Burela conseguiron rematar a pracer no segundo pao. A partires de ahi o Melide foise asentando pouco a pouco e comenzou a facer as cousas mellor e a ter algunha chegada clara, pero como dixen no titular, onte non era o dia. Tivemos varias ocasións clarisimas nos ultimos minutos pero nin Piston, nin Humberto, nin Sergi, nin Manuel foron quen de bater o seu porteiro que foi o mellor do encontro.
Na segunda metade o guion inicial foi similar e o pouco de comezar e despois dunha xogada moi ben trenzada chegou o segundo e pouco mais tarde logo dun erro defensivo o terceiro do Burela que parecia que o poñia todo imposible. Nada mais lonxe da realidade, Tonecho pediu un tempo e quedando seis minutos ordeou unha presión en toda a pista que nos deu a opción de meternos no encontro, froito da mesma primeiro Piston e despois Manuel puxeron o 3-2 e ainda quedaban tres minutos, parecía que a remontada era posible, pero nada mais sacar de centro e logo dunha xogada con moitos rexeites os locales volvian a ampliar a vantaxe. Ainda asi tivemos algunha outra opcion de volver achegarnos pero nin Ivan de dobre Penalti, nin Sergi en duas ocasións, nin Xurxo puideron acortar diferencias.
O equipo que puxo Tonecho foi Angel (19) na porteria, Fer (6) de peche, Xurxo (16) na dereita, Manuel (11) na esquerda e Carlos (17) arriba. Tamen xogaron Cris (23), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Iván (10) e Humberto (14).
Este e un mal resultado que rompe unha xeira moi boa que levavamos pero como xa dixemos estamos no momento mais dificil da tempada e xogando fronte a todos os de arriba, asi que a seguir pelexando, e traballando nos entrenos para poder facerlles fronte da mellor forma posible.
A vindeira seman o equipo viaxa ata Mera, para enfrontarse o terceiro clasificado o sabado as 18:00h.
Un saudo.