viernes, 2 de abril de 2010

Derrota esperada

Pasou este sábado sen dubida por Melide o mellor equipo da categoria, feito que queda demostrado xa que ainda non encaixou ningunha derrota. O Ventorrillo que conseguiu derrotarnos por 2-6.
Foi un encontro dominado en todo momento polos visitantes, pero no que o Melide soubo xogar as suas armas para estar metido no encontro ata o final. Comezamos con pouca intensidade ou un pouco nerviosos, e asi os catro minutos xa perdiamos por 0-2 con un gol de penalti e outro nun erro de concentracción. A partir de aqui pouco a pouco fomonos soltando e co apoio da afición puxemos en problemas o líder. Manito recurtou distancias, e Cristian e Manuel tiveron claras ocasións para facer o empate antes do descanso. A defensa, moi cerrada tamén subiu a intensidade e fixo que o Ventorrillo tivese que sacar porteiro xogador para crearnos perigo, ainda asi non puideron ampliar vantaxe.
Na segunda metade, denovo saimos un pouco frios e os visitantes volveron a ampliar a difererncia, pero pouco despois Manuel facía o 2-3. Como dixen estivemos metidos no encontro, coas nosas armas ata o final, pero a calidade tanto individual como colectiva dos rivais acabou impoñendose e asi se chegou o resultado de 2-6. Pese a elo o Melide tivo moitisimas ocasións que non conseguiu materializar.
Para o meu entender foi un partido meritorio, no que poidemos sacar mais, pero no que cando un rival e mellor o único que podes e felicitalo e desexarlle sorte na mais que segura andaina na proxima tempada en división nacional.
Este sabado non se xoga por ser semana santa, e o proximo encontro aplazase a petición do Casas, asique xa informaremos de cando se xoga.
Un saudo e moitisimas gracias o gran numero de aficionados que tivemos no pavillón, tanto de Coruña como sobretodo de Melide.

domingo, 28 de marzo de 2010

Mexillón, triunfo e para Quini o porrón

Victoria agónica onte no pavillón de Melide fronte o Loterias Mexillón de Ouro que chegou o encontro sen cambios e ainda así complicounos moito o encontro.
Todo o encontro seguiu unha tónica moi similar, encontro dominado polo Melide creando ocasións e sempre tomando vantaxe de un gol que en xogadas aisladas os visitantes conseguian neutralizar. Asi ocorreu tres veces na primeira metade. O Melide Fs adiantabase con goles de Humberto, Fer e Manuel e os visitantes empataban o pouco tempo.
Na segunda metade ocorreu case o mesmo. Pistón en dous autenticos golazos dabanos vantaxe pero o Mexilón igualaba o encontro por faltas de concentración nosas. Asi chegamos a dous minutos para o final cando Manuel fixo o 6-5 e que apostre sería definitivo.
Como digo, e pese a victoria foi un partido malo, xa que lle demos vida durante todo o partido a un equipo con cinco xogadores. Temos que dar un cambio senón o xoves o Ventorrillo pode ser unha apisonadora.
Recordade este xoves as 19:00h no pavillón da Martagona, partido aplazado fronte o lider da categoria, equipo que ainda non coñece a derrota en toda a tempada.
P.D: Onte un tal CM17 era a persoa mais buscada en Melide, pero estaba ilocalizable, nin viños, nin pubs, nin nada jeje, e coña, o tio cumpliu jeje. ¿Durarán para a semana santa? a pregunta queda no aire.

domingo, 21 de marzo de 2010

Tropezo en Betanzos

Logo de duas semanas sen coñecer a derrota, esta volvemos o mal camiño nas terras de Betanzos o caer por 6-1.
De novo non puiden acudir o encontro, pero polo que me comentaron todos cos que falei, foi un resultado demasiado abultado para o ocorrido no terreo de xogo. Foi o Melide o primeiro en poñerse por diante por medio de Manito, e ainda que o Troula empatou pronto non foi ata o derradeiro minuto do primeiro tempo cando romperon o encontro, indonos o descanso con 4-1. Na segunda metade o Melide de novo non foi quen de materializar as suas ocasións e asi no último minuto do partido os visitantes fixeron dous novos goles poñendo o 6-1 definitivo.
Esta semana visita Melide o actual campión da competición o Loterias Mexillon de Ouro que leva unha xeira incrible nos últimos encontros e que esta empatado a puntos con nós. E un partido clave xa que todos os de abaixo estan a gañar os seus encontros e podemos meternos en moitos problemas. Será como sempre as 19:00h.
Agardemos recuperar algunha xente e non ir so 9 xogadores, e tentar co apoio da nosa xente sacar os tres puntos.
Un saúdo.
ACTUALIZACIÓN: A PETICION DO MEXILLON DE OURO O ENCONTRO DESTE SABADO RETRASASE UNHA HORA. COMEZARA AS 20:00H

domingo, 14 de marzo de 2010

Punto insulso

Empate a seis goles na tarde do sabado no pavillón da martagona entre o Melide FS e o muebles Jogafan de Ordes nun encontro que os locais afrontabamos con innumerables baixas.
Foi un encontro de moitas alternativas tanto no xogo como no marcador. O primeiro en golpear foi o Melide con gol de Xurxo logo dunha saída a contra. Pouco durou esta vantaxe xa que o Ordes empatou logo dun gol de estratexia perfecta. O guión repetiuse pouco despois con gol de Sergi e empate visitante nun contragolpe. Antes de chegar o descanso o Melide volveu a tomar vantaxe por medio de Bareto pero como non, a poucos segundos do descanso un trallazo impresionante do peche visitante colabase por toda a escadra e deixaba todo pendente para a segunda metade.
Unha segunda metade que comezou con dominio total do Melide e asi Bareto volvia a darnos a dianteira no marcador e ademais neses intres desaproveitamos tres postes case consecutivos. Como se soe decir o que perdona paga e o encontro entrou nun pequeno desbaraxuste que fixo que o Ordes igualara nun balón longo sen aparente perigo e que pouco despois aproveitaran para poñerse por diante por primeira vez no marcador por 4-5. Nese intres surxiu un pouco a raza de outros partidos e que a veces e o que nos da os puntos e primeiro Xurxo e despois Sergi nos deron unha vantaxe a falta de dous minutos que parecia definitiva, de feito tivemos un par de ocasións para finiquitar o encontro, pero non foi asi e a falta de pouco mais de un minuto o Ordes poñia o 6-6 definitivo.
Toca sacar conclusións, e tampouco ai que pensar que é un mal resultado pero tampouco bon. Puidose gañar pero tamén perder. Hai moitas cousas que axustar en defensa e en intensidade e se se fai os resultados mellorarán.
A próxima semana o equipo desplazase a Betanzos para enfrontarse o Troula F.S
Un saúdo.

domingo, 7 de marzo de 2010

En Outeiro, Melide é o Rei!!!

Por primeira vez durante esta tempada por motivos persoais foime imposible acudir o encontro do Melide Futbol Sala. Quen si acudiu foi "Titulares Humberto", que grande.
Era un partido vital para o noso clube, e polo que me comentaron os xogadores souberon estar o nivel que se lles requeria e lograron traer os tres puntos para Melide con un resultado de 1-2, con goles de Sergi e Bareto.
Agardo que Tonecho ou algún outro faga unha crónica de como foi o partido.
A vindeira semana tamén temos un encontro vital, sera en Melide as 19:00h fronte o muebles Jogafan de Ordes. Agardamos contar coa presencia do máximo numero posible de aficionados.
Un saúdo.

domingo, 28 de febrero de 2010

Aplazado

Partido aplazado fronte o Castro como case toda a xornada debido a previsión que había en Galicia de temporal na tarde do Sabado. O certo e que cando non e por unha cousa e por outra non estamos xogando dous partidos en duas semanas consecutivas xa fai tempo asique a partires de aqui agardamos coller o ritmo de competición e encadear mellores resultados.
O sábado o equipo viaxa a Lugo, para enfrontarse o S.I Outeiro de Rei, en principio as 19:00h ainda que non o sei fixo. Este e un encontro fronte a un rival directo que no partido de ida nos gañou con claridade, asique intentaremos resarcirnos.
Un saúdo.

domingo, 21 de febrero de 2010

Derrota no derbi

Derrota clara a sufrida este sabado no derbi fronte o Arzua Fs por 8-3, nun partido no que non fixemos en ningun momento o noso xogo e no que pouco a pouco o Arzua nos levou o seu terreo no cal foi claramente superior.
O partido comezaba coa consigna arbitral de que calque minimo contacto ia ser falta, asi no minuto seis ambos equipos xa tiñan as cinco faltas acumuladas. A parte deste dato, que non infuiu en nada no marcador o primeiro en dar foi o Arzua con un gol de pilleria, xa que un disparo local pega no poste e sae pola banda pero os arzuans apresuranse a sacar e a nos pillanos saindo a contra e quedanse so ante o noso porteiro facendo o primeiro, a partir de ahi, os locais seguiron facendo o seu xogo e chegaron a facer o catro a cero sen que nos tivesemos en ningun momento o mais minimo atisvo de remontada entre outras cousas pola falta de gol. O Melide so marcou un gol na primeira metade e foi por medio de Diego de dobre penalti.
Na segunda parte a tonica foi similar, partido sen ver o xogo habitual do Melide e o Arzua matando o encontro con unhas individualidades moi boas como Yosu, Fran, Jose....etz, ademais Marcos fixo un bo encontro e evitou varios goles que xa parecian estar dentro e por se fora pouco o liston arbitral provocou duas expulsións por dobre cartón de Bareto e Fer as que non hai nada que obxetar como digo vendo o listón e tamén a lesión nun nocello de Carlos co que quedamonos case sen cambios. Os outros dous goles do Melide na segunda metade foron obra de Sergi.
Tonecho xogou con Guti (18) na porteria, Fer (6) de peche, Sergi (8) na dereita, Manito (9) na esquerda e Bareto (12) arriba. Tamen xogaron Tapy (1), Piston (2), Diego (4), Humberto (14), Xurxo (16) e Carlos (17).
O xogador mais destacado para o meu parecer foi Guti, con unha primeira parte similar a de Cedeira pero que nesta ocasión non serviu para lograr os tres puntos.
A vindeira semana o Melide FS volve a xogar de local, será as 19:00h fronte o Castro.
Polo demais, estamos o meu parecer atravesando un dos peores momento da tempada, asique hai que dar un punto mais de TRABALLO e de UNION e asi entre TODOS tentar sacar isto adiante, a situación na que estabamos antes do parón.
Un saúdo e vemonos o sabado en Melide.

Fotos Semana Eypar 2010