domingo, 6 de noviembre de 2011

Insuficiente

Melloría notable do equipo tanto en prestacións como en resultado pero insuficiente para lograr o primeiro punto da tempada, xa que o resultado final foi de 4-5 para o pizarras los tres cuñados.
Comezamos o encontro facendo o que temos que facer, correr, presionar, e dalo todo, con eso fomos moi superiores o rival, e ainda que non conseguimos abrir o marcador, as sensacións eran boas. Pouco a pouco, e sen ter moi clara a razón o equipo perdeu gas, ainda así a falta de tres minutos para o descanso, Manuel puxonos en vantaxe por 1-0, marcador co que fumos os vestiarios.
Na reanudación e para non variar saimos dormidos, daba igual os cambios, o equipo non se metia no encontro, senón todo o contrario, deixamos de presionar e o rival era superior. Foi por elo que se puxo con 1-3 no marcador a falta de 6 minutos.
E de repente, cando todo parecia morto, o equipo volveuse a enchufar e presionar, e xogar o que sabe. E si e verdade que acabamos perdendo o encontro, pero perdoando tres mans a mans co porteiro, errando un penalti, e con un árbitro que non tivo a súa mellor tarde, mais ben todo o contrario.
Os goles do equipo de Melide foron de Sergi, e Manu en tres ocasións.
Destacar no Melide, a parte de Manu, a volta de Casal, o bo encontro de Rubén, e o extraordinario de Fer.
Doe moito esta derrota, porque de ser algo constantes, os dous encontros da casa terían rematado de xeito moi diferente, pero só queda seguir traballando, e pensar no vindeiro rival, o Bueu o vindeiro Sábado.
Non quero rematar a crónica, sen agradecer por énesima vez a todos os que nos acompañades no pavillón, sobre todo nestas datas de inverno. Moitas gracias.ç
Un saúdo.

domingo, 23 de octubre de 2011

Incontestable

Incontestable dominio o exercido polo Bembrive nesta xornada fronte o Melide en todos os aspectos do xogo, sendo superiores de principio a fin e endosandonos un 12-3 final.
Comezamos o encontro moi frios, recordando a primeira parte do debut e os locais en cada chegada facian gol, asi o descanso o encontro xa estaba sentenciado con seis cero. Mais ainda cando a saida dos vestiarios encaixamos dous goles en menos de un minuto. Foron a partir dese intre os mellores minutos do Melide con presión a toda pista, marcando dous goles e tendo outr par de ocasións moi claras. Ainda así o Bembrive, pediu un tempo, rearmouse e volveuse a mostrar moi superior. Destacar a algún xogador logo dunha derrota asi e complicado, pero de facelo sería a Javi e sobre todo a Peke que xogou os seus mellores minutos no Melide FS.
A vindeira semana descansase, pero ainda así o mercores agardemos estar todos no entreno, que como podemos ver semana a semana temos moito que traballar.
O vindeiro rival será en Melide en 15 dias o pizarras los tres cuñados.
Un saúdo.

domingo, 16 de octubre de 2011

Oportunidade perdida

Penso que ese e o mellor resumo do ocurrido este fin de semana no encontro do Melide Fs, que se saldou coa derrota final por 5 -9 fronte o pazos de borbén.
Comezamos cunha intensidade que facia presaxiar so cousas boas, e asi no minuto 3 estabamos a gañar por 3-1, con doblete de Perez e un gol de Manuel, e tiveramos tres mans a mans co porteiro. O gol visitante chegou nun erro defensivo. A partir de mediado o primeiro tempo, o equipo comezou a desdibuxarse e a perder intensidade na presión, co que non nos permitia crear contras, e polo tanto non creabamos perigo, mais ben todo o contrario, era o rival o que se asentaba no campo e pouco a pouco faciase superior. Asi, a falta de 1 minuto para o descanso conseguian igualar a 3 o marcador, ainda asi, o Melide, con gol de Xurxo foise con vantaxe o descanso e coa sensación de que os tres puntos eran posibles.
Pero o segundo tempo foi outro mundo, en ningún momento tivemos intensidade, nin claridade de ideas, recordamos o equipo da primeira parte en Vilamartin, e o rival xogou facil o seu futbol sala, ata que se puxo por diante. A partir de ahi, do 4-5 o equipo volveu a notar nervios e ansiedade, e non soubo como afrontar eses minutos. Agardemos na vindeira oportunidade resolvelo mellor.
A proxima semana visitaremos Bembrive.
Un saúdo.

domingo, 9 de octubre de 2011

Toma de contacto

Por fin, logo de varios meses de espera, arrancou a nova andaina do Melide Futbol Sala na terceira división de futbol sala (cuarta division nacional ou antiga primeira B) no que significa o punto de partida dun proxecto a medio plazo moi ilusionate. Como era de agardar o debut non foi doado, senón todo o contrario. Rendimos visita o Concello de Vilamartín, conxunto claramente asentado na categoría e que nos gañou por 6-2 sendo superior en gran parte do encontro. Comezou o partido equilibrado, e con ocasións para o Melide, duas delas moi claras, a primeira nunha contra, e a segunda nunha xogada de estratexia que non soubemos aproveitar. Pola contra os locais nos dous primeiros tiros a porta demostraron o seu oficio e colleron distancia no marcador. Foi o peor momento, xa que se notou que eramos novatos na categoría, puideronnos os nervios e o equipo descompuxe en defensa chegando a encaixar ata o 5-0. Xunto antes do descanso Sergi acurtaba distancias e parecia con ese gol tranquilizarnos un pouco. Na segunda metade o encontro foi distinto, pese o dominio local non foron capaces de ampliar a ventaxe. Ahi, mediado o segundo periodo tivemos un intre de esperanza, xa que Peke coa axuda dun rival puxo o 5-2, e nas seguintes duas xogadas puidemos acortar distancias. Foi a falta de dous minutos cando o Vilamartir transformou o doble penalti que puxo o 6-2 definitivo. Destacar como mellor xogador do encontro a Tapy, que fixo unha segunda parte para enmarcar, e en xeral as gañas que puxeron todos os xogadores logo dun desplazamente de case 2 horas. Tamén salientar moi positivamente o debut das duas incorporacións, Rubén e Oscar e do novo delegado do clube Micho. A vindeira semana producirase o debut como locais, será en Melide as 19:00hrs fronte o Pazos de Borbén F.S, que según comentarios e un dos claros favoritos na liga, asique agardamos a axuda de todos unha semana mais nesta nova andaina. Un saúdo.

jueves, 11 de agosto de 2011

PRESENTACION 2011/12

Estamos de volta. Logo dunha tempada de relax volvemos a estos lares cunha nova que todos os que seguides o fútbol sala sabedes, pero para que quede constancia. O Luns 15 de Agosto, Melide volvera a ser a capital do fútbol sala en Galicia, xa que as 20:00 h disputarase o derbi entre o Autos Lobelle de Santiago e o Azkar Lugo, que por segundo ano consecutivo escolleron Melide para facer a súa posta de largo. Antes as 18:00 h farase a presentación do Melide Fs, será fronte o Azkar Lugo B. CONTAMOS CON TODOS En canto o outro tema que vin nos comentarios do blog de novas categorías e fichaxes, pidovos un pouco de paciencia, xa que ainda que todo está moi avanzado non está totalmente cerrado, asique como se fose un programa de televisión, emplazovos a volta da publicidade, ou mellor a volta duns días para conocer todo o futuro do noso clube. Asi pois, remato esta entrada recordando o programa LUNS 15 DE AGOSTO NO PAVILLÓN MUNICIPAL 18:00H: MELIDE FS - AZKAR B 20:00H: AUTOS LOBELLE FS - AZKAR LUGO Un saúdo e agardamos contar con todos.

martes, 17 de mayo de 2011

Empate final........e quintos

Mal partido tactica e tecnicamente o disputado na tarde do sábado, pero no que se demostrou que con gañas e ilusión este equipo pode conseguir grandes cousas, como o empate a 10 final.

Foi dos peores encontros do Melide FS en defensa da tempada, e en ataque tampouco estivemos acertados, e pese a que a falta de catro minutos perdiamos de catro, rematamos empatando o encontro. Os goleadores, foron, Quini, Fer, Manu por partida doble, e Borja que fixo seis, e remata a tempada con 52 chicharros.
Con este marcador cumplese o obxetivo de quedar entre os cinco primeiros a só tres puntos do terceiro clasificado. Este venres último adestramento, para falar algo da vindeira tempada e poñer data para uns pinchos ou cena.
Antes de rematar esta entrada dar MIL GRACIAS a todoso os que nos seguistes o longo de toda a tempada, e todos os que vides o pavillón da martagona a ANIMAR, así todo e mais facil. Emprazovos dende aquí para o mes de Agosto, ou para a proxima tempada donde prometemos.............MAIS E MELLOR
Un saúdo.........,E MOITAS GRACIAS

domingo, 1 de mayo de 2011

Toda a unha carta

Quixera antes de comezar esta entrada, enviar dende toda o S.D Melide F.S un forte abrazo a toda a familia do CIRE pola perda sufrida esta semana dunha persóa moi importarnte para eles e para todos os que gustamos do deporte en Melide. MOITO ANIMO.
Xa falando do Melide FS, caemos derrotados fronte o troula por 3-6, nun mal encontro do equipo no que en ningún momento estivemos finos nin demos sensación de poder gañar.
Así pois quedará todo pendente para a última xornada. Será en 25 días fronte o La Crema donde dependemos de nos mesmos para aspirar a todo. Para ser terceiros solo nos vale gañar ademais facelo por tres goles de diferencia. Calquer outro resultado non nos serviría e mesmo nos podería baixar ata a sexta posición,
Asique dende aquí pidovos o apoio a todos, para o día 14 de Maio as 19:00 no polideportivo Municipal de Melide
Gracias e un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010