Triunfo por 8-3 no encontro disputado este sábado fronte o Cidade de Viveiro en Melide. Marcador xusto xa que o Eypar Melide Fs non deu ningunha opción o rival. Comezou o partido co Melide agardando en media pista e co encontro equilibrado pero a partir dos dous minutos de xogo comezou a presión a toda a pista e pouco a pouco comezou a surtir efecto e chegamos a poñernos con 3-0 e outras ocasións. Solo oubo un amago de reacción con un gol do Viveiro pero o Melide volveu a reaccionar marcando outros dous goles poñendo o 5-1. A falta de dous minutos para o descanso, por relaxación o Viveiro meteuse no encontro marcando o segundo e errando un dobre penalti a falta de 2 segundos que puido complicarnos a vida. Na segunda metade, como é habitual comezamos bastante mal e os visitantes maracaron o terceiro pero pouco a pouco volvemos o ritmo anterior e ampliamos a vantaxe ata o 8-3 final. Podemos dicir como conclusión que sen ser un bo encontro fomos netamente superiores, e penso que si necesitaramos algo mais podiamos ter subido un punto de intensidade. Destacar por segunda xornada consecutiva a Nando, que está rematando moi forte a tempada. Tamén dar ánimos a Manu que leva un par de semanas lesionado, e para o que se acabou esta tempada. A vindeira semana remata a tempada para o Eypar Melide FS e faino xogando no barco fronte o Pizarras Tres Cuñados. Ainda que é case imposible, viaxamos a ese encontro coa obriga de gañar para ter algunha mínima opción de ser campións, que ainda existen xa que o Leis empatou esta xornada e dependeríamos dunha derrota ou dun empate do Pizarras en Mera na última xornada. Un saúdo.
domingo, 15 de abril de 2012
domingo, 25 de marzo de 2012
Mala Tarde
Mal partido, e sobre todo moi aburrido o que se xogou este sabado entre o Eypar Melide e o Leis Pontevedra, que rematou co triunfo visitante por 3-4.
Foi un encontro estrano, no que o Leis xogou os 40 minutos con porteiro xogador, e no que o Melide tivo momentos no que o controlou e outros nos que por falta de intensidade fomos incapaces de facelo. Ainda así rematamos a primeira metade con 2-1 a favor gracias a dous goles de Manu, renda que se viu ampliada o saír dos vestiarios con un gol de Borja, a partires de ahi, perdemos un pouco de chispa en defensa e o Leis variou o seu ataque de 5, xogando moito cun home metido entre liñas e co que conseguiu superioridades moi fáciles que o levaron a remontada.
Ainda así nos últimos dous minutos o Eypar Melide tentou a igualada e mesmo tivo un tiro o poste pero fomos incapaces de lograr a igualada.
Temos que repoñernos deste encontro e ir a vindeira semana a Ourense con todas as gañas de recuperar o noso xogo, e tentar traer un resultado positivo.
Un saúdo.
Publicado por
Melide Fs
en
3/25/2012 05:31:00 p. m.
7
comentarios
domingo, 18 de marzo de 2012
Seguimos medrando
Segundo triunfo consecutivo en copa, e terceiro dos últimos catro partidos. Esta semana foi en Xove por 3-4.
Non podo comentar excesivas cousas do encontro, pero polo que me comentaron gran primeira metade na que desaproveitamos moitas ocasións e nos fomos con un 1-3 os vestiarios, a volta non estivemos tan finos e os locais chegaron a empatarnos a tres. Por sorte un último gol do Eypar Melide FS por medio de Borja permitiunos por primeira vez en toda a tempada conseguir puntuar fora da casa.
Agardemos que Tonecho ou Sergi, ou algún dos que foron o encontro e entran de vez en cando por aquí nos contén algo mais.
A vindeira semana recibimos o Sábado en Melide o Leis Pontevedra a partir das 19;00 hrs, agardamos contar unha semana mais con todos os ánimos que sempre temos dende a bancada.
Un saúdo
Publicado por
Melide Fs
en
3/18/2012 05:42:00 p. m.
12
comentarios
domingo, 4 de marzo de 2012
Gran arranque de copa
Este sábado arrancaba a competición de copa para o Melide FS e faciao con triunfo por 5.3 fronte o Mera FS.
Partido moi completo do Eypar Melide Fs, quizais o mellor do que levamos de tempada, con boas defensas, e con criterio cando tiñamos o balón. Comezamos ben e reflectiuse con dous goles de Casal. Pouco antes do descanso o propio Casal fixo o terceiro. Antes deso os visitantes marcaran en dous tiros lonxanos nos que un rebote e a acumulación de xogadores impediron a Rubén facer mais.
Na segunda metade volveunos a costar entrar no encontro e o Mera tivo un par de ocasións, pero pouco a pouco volvimos a mellorar e asi Casal completaba o seu poker particular. O Mera seguia a facer o seu xogo vistoso, e nunha boa combinación acurtaban diferencias cun remate no segundo pao. Foi a falta de 6 minutos para o final cand Sergi logo dunha gran xogada individual facía o apostre definitivo 5-3. De ahi o final o Mera usou o porteiro xogador, pero a gran defensa dos locais impediulles acurtar distancias.
Esta semana se toca destacar, ai que facelo con unha persoa, que é Casal que ademais dos catro goles, fixo un gran traballo en defensa, e en algo que me parece ainda mais importante que é de motivador dentro do grupo. Tamén destacar a Manito que nas últimas semanas xogando de peche volve a ser o Manito que todos coñeciamos, e sen que sirva de precedente e xa que normalmente soe levar moita leña, tamén o Mister, que decidiu agardar o Mera a media pista cambiando un pouco o dos últimos días e saiulle perfecto.
Antes de rematar o capítulo de destacados, super mención a GRADA, e algo espectacular o desa xente, en serio non e fácil de agradecer, solo o intentamos co noso esforzo, de verdade, MOITAS GRACIAS
A vindeira semana toca descansar, e a próxima visitaremos o Xove, un dos grandes favoritos na copa, pero temos que ir coa idea de dalo todo e coa mesma intensidade dos últimos partidos.
Un saúdo
Publicado por
Melide Fs
en
3/04/2012 06:29:00 p. m.
29
comentarios
domingo, 12 de febrero de 2012
Sen tempo
Unha semana despois de estrenarnos no casilleiro de puntos viaxabamos a Pontevedra para seguir na xeira, pero non foi posible, acabamos perdendo por 5.4.
Boa primeira parte do equipo que ata en tres ocasións se puxo por diante, e só en erros puntuas de concentración o Leis nos foi empatando, ata o 3-3 co que chegamos o descanso. Especialmente doloroso foi o último xa que foi a falta de uns segundos para o descanso, e ademais antes dese gol, e co Melide en vantaxe tiramos dous balóns o poste e perdoamos outros dous mans a mans.
Na segunda metade o equipo foi outro, saimos moi mal, en defensa e en ataque e sen poder de reacción, así o Leis chegou a poñerse 3-5. Pouco a pouco volvemos a meternos no encontro e a falta de tres minutos Perez volveu acortar distancias, pero faltounos tempo para lograr o empate.
En canto sepamos o horario e data do encontro de copa iremos informando.
Remato dando as gracias unha vez mais a esa xente que se desplazou a Pontevedra a animarnos.
Un sáudo
Publicado por
Melide Fs
en
2/12/2012 08:50:00 p. m.
20
comentarios
domingo, 5 de febrero de 2012
Por fin...
Por fin chegou, non foi sen tempo, pero por fin chegou o tan ansiado triunfo. Foi este sábado fronte o cidade de ourense por 3-2.
Comezamos o encontro cun cambio de mentalidade, sendo mais fortes de cabeza e tentando presionar mais o rival, que ainda así adiantouse no marcador poñendo un 0-2 o seu favor e rematando unha vez o poste, mentres que pola contra o Melide non era capaz de marcar en ningunha das xogadas que chegaba. Foi a dous minutos para o descanso cando Javi acurtaba distancias e metianos no encontro antes da media parte.
Na segunda o encontro seguiu equilibrado, mantivemonos no partido gracias o traballo de todo o equipo e en especial a Rubén. Con ese resultado de un gol por debaixo chegamos os últimos tres minutos, e ai entrou o traballo da afición, que nos empuxou coma sempre ata lograr a remontada con goles de Casal e Manu, este último a falta de 5 segundos para o pitido final.
Esta semana, mais ala de destacar os xogadores que si, todos estiveron de luxo,temos que destacar o público que nos veu animar nunha semana de conxura que rematou do mellor xeito posible. De verdade GRACIAS. Agardamos seguirvos vendo na copa.
A vindeira semana remataremos a primeira parte da tempada en Pontevedra fronte o Leis FS.
Un saúdo.
Publicado por
Melide Fs
en
2/05/2012 05:14:00 p. m.
19
comentarios
domingo, 29 de enero de 2012
Seguimos igual.......
Logo dunha semana sen crónica, volvemos para contar un encontro fronte o Bueu Fs, no que se repetiron as premisas de toda a tempada.
O Melide xogou a encerrarse atrás e dar o dominio o rival, para sair a contra, así, durante o primeiro tempo e pese o dominio visitante saimos en contras perigosas e conseguimos estar no encontrro, de feito fomos o descanso con 2-2 no marcador e coas sensacións de que na segunda parte tiñamos claras opcións de conseguir puntuar.
Na segunda metade, e aindaa que o xogo foi similar non demos esa sensación de perigo e a falta de seis minutos para o final o rival marcounos dous goles consecutivos dos que xa non fomos quen de rcuperannos, quedando o marcador final en 2-4.
Destacar, ademais do público a labor de Rubén, Tapy e Javi.
Antes de rematar dicir, que ainda que non e doado temos que tentar nn baixar a cabeza, xa que onte por primeira vez vin xogadores claves moi desanimados e fora do encontro, asique un esforzo mais dende todas as partes do clube, que antes ou despois a xeira ten que cambiar, e estou convencido que unha vez que consigmos o primeio punto todo vai ser moito mais doado.
A vindeira semana recibimos en Melide o Ourense FS as 19.00 hrs, agardemos volver a contar coa afección como todas as semanas.
Un saúdo.
Publicado por
Melide Fs
en
1/29/2012 05:37:00 p. m.
37
comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
