domingo, 16 de diciembre de 2007

Indicios de resurximento, pero derrota

Unha semana mais repitese o guión, o Melide Fs fai un partido aceptable durante gran parte do tempo, pero ten dez minutos nos que o perde todo, esta ocasión foron os cinco primeiros e os cinco ultimos.
O inicio de encontro foi dos peores que recordo dende que estou no equipo, tras problemas coa mesa e logo de estar un tempo parados, parece coma se o equipo se lle conxelaran as ideas. Perdas constantes de pases, xogo sen sentido e todo falto de ritmo, asi no minuto dous e tras un erro no pase de Iván e a posterior contra o Mera colocou o 1-0. Perda de pase e contra que se repetiron no 2-0 e no 3-0, e so estabamos no minuto sete de encontro. Todo parecia que o actual lider nos iba a pasar por enriba, pero non foi asi, a partir dese momento, o equipo asentouse en defensa, e ainda que en ataque apenas conseguia crear perigo, tamén evitaba as chegadas tan constantes dos rivais, e as que habia eran ben desbaratadas por Tapi.
Asi chegamos o inicio do segundo tempo, pero hai houbo un cambio, e e que o equipo pouco a pouco comezou a funcionar en ataque, ata que no minuto tres, Iván deixa un balón de cara que Nando nun dos seus tipicos zambombazos clava pegado a madeira o 1-3. O equipo seguiu apretando e nun bo pase de portos asistimos o debut como goleador de Sergi, cunha vaselina antoloxica coa zurda que pegou na madeira e entrou facendo o 3-2. A remontada era posible, pero varias cousas cambiaron, unha expulsión inxusta de Baby, e outra tarxeta o banquiño puxeronnos no cupo das cinco quedando trece minutos, e ademais volvemos a perdoar de cara porta xa que Nando estrelou un pao, e tanto Chopi como Ivan entre outros tiveron claras ocasions que non foron que de materializar. Asi chegamos os cinco ultimos minutos de encontro e de novo erro defensivo e 4-2, e quedando tres minutos 5-2 de dobre penalti.
En resumo partido no que se puido ver un amago de resurxir do equipo que esperemos se concrete pa semana, coa visita do Riveira F.s, un encontro que en principio será ainda en Toques as 17:00h do Sabado posto que a pista de Melide non parece que poida estar acabada a tempo. De todos xeitos se hai cambios intentarei avisar
En Mera Baby colocou de inicio: Tapi (1) de porteiro, Chopi (5) e Rafa (11) nas alas e Iván (9) arriba, tamén xogaron Chopo (12), Chofri (4), Sergi (13), Roca (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado para min foi Sergi, por todo o bo traballo que fixo durante o encontro e sobre todo pola maravilla de gol que conseguiu.
Destacar, algo que ainda non fixera neste blog a labor de Sergio, que esta a facer as tarefas de delegado, e que sempre esta ai co equipo.
Tamen e como nota negativa facer mención a lesión de rodilla de Rafa que levou un golpe na disputa dun balón e según el "esto por dentro ten mala pinta"
Un saudo a todos, e agardo que en canto este a pista de Melide a afección siga medrando.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Animo xente, polo que me contaron destes a cara case todo o partido e foi o partido no que puxestes mais intensidade da tempada, asique a pensar que en canto volvades gañar e cambiedes a mentalidade actual isto vai a ir para adiante.

Un saudo e ANIMO MELIDE

Anónimo dijo...

animo rapaces

Anónimo dijo...

animo compañeros que si seguimos como la segunda parte del sabado todo esto va a cambiar, y esperemos que empiece a cambiar el sabado contra ribeira.
todos juntos podemos.
animo equipo

Melide Fs dijo...

Gracias a todos polos animos, e como di o ultimo anonimo que penso que e o "1" confiemos que este sabado contra riveira empeze a cambiar todo

Un saudo

Anónimo dijo...

A ver: vin o partido contra o Mera B e si, era un rival difícil, para min o máis difícil da categoría porque teñen un entrenador k sabe moito de futsal e xente moi boa e xoven. Sen embargo, aínda que é verdade k xogastes ben e k si xogades coma o outro día ides ganar bastantes partidos, sobre todo pola intensidade en defensa, do máis importante en futsal, tedes k ter claro k aquel k esté de cierre do voso equipo non pode regalar os balóns, é peferible meterlle un zambonbazo á grada k iso, e tedes k estar máis atentos nas coberturas.
Un saúdo e ánimo.

Melide Fs dijo...

Boas, dicirlle a este ultimo comentario que supoño será un aficionado do Mera B que estou dacordo con el en todo o que di, xa que pa min foi dos mellores equipos que eu vin por aora (de feito e o lider), e tamén estou dacordo co dos erros en defensa pese a intensidade que se puxo.

Un saudo e gracias pola visita

Anónimo dijo...

Pero bueno eu tampouco son nadie para decir o k teñen k facer os outros, só é unha opiníón.

Anónimo dijo...

ánimo equipo!!debemos sguir loitando por levantar isto e seguir levando alto o nome de Melide. A primeira parte do outro dia estivo plagada de erros, q debemos corrixir no entrenamento. Malia isto, sentinme realmente ben cando vin aos compañeiros sair con confianza contra o lider na segunda metade, plantarlle cara, e case empatar o partido. Sei q xuntos podemos, temos q aprender uns dos outros. Eu intento aprender o máximo cada dia!un abrazo.

Melide Fs dijo...

Saudos anonimo, (haber se alguen escribe con alias), joder vexote polo que escribes realmente emocionado e en serio gustariame saber quen es, xa que dubido entre tres persoas, pero de todos xeitos estou dacordo contigo.

ANIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Vamos rapaces, creo que a pesar dos primeirOs minutos nos que saimos un pouco desfenestrados, en liñas xerais fixemos un bo partido, creo que non debemos arrugarnos e segir cara diante por quye se actuamos coma un equipo podemos sair desta situación, veña rapaces que en canto confiemos un pouco en nos esto sae cara diante, e vereino este sabado nas gradas contra RIVEIRA, XA VEREDES COMO E POSIBLE,¡FORZA MELIDE¡¡¡¡¡¡¡

Melide Fs dijo...

NOTICIA¡¡¡¡

Acabo de falar con Neira, e parece ser que o encontro deste sabado contra Riveira que se ia xogar como local, o final cambiouse ou vaise cambiar e iremos xogar a Riveira, asique o de lugo se quere animar xa sabe que ten que viaxar.

Un saudo e recuperate pronto.

Anónimo dijo...

segun me dixerón o voso porteiro suplente e moi malo.É certo esto?

Melide Fs dijo...

En primeiro lugar dicirlle o anonimo que pa facer ese comentario deberia dicir quen é, e non poñerse como anonimo, e contestandoche a pregunta digoche que non temos un porteiro suplente, senón que temos tres titulares

Un saudo

Anónimo dijo...

Tapi e quen son o resto eu so preguntei non teño porque decir meu nome

Melide Fs dijo...

Os porteiros son Tapi, Chopo (Xogou ata esta tempada no equipo que levaba tonecho de xuvenis) e Angel (Xogou tamén co toques en autonomica). De todas formas para a semana poñerei unha foto do equipo actual e ahi poderas coñecera a todos

Fotos Semana Eypar 2010