Bo partido en liñas xerales o que xogou o Melide Fs na tarde do sabado no pavillón da martagona fronte o actual lider da clasificación, pero que o final non serviu de nada xa que os tres puntos marcharon para Boiro quedando menos de un minuto.
O comezo de encontro foi un tanto sorprendente, xa que o Javasan comezou facendo unha defensa moi cerrada e case no punto de dobre penalti o que permitia o Melide Fs levar o control do encontro con certa comodide, pero realmente o que estaba comodo era o noso rival que asi encerrado so via perigar a sua porteria mediante disparos lonxanos e que tiña unhas saidas a contra mortales, de feito asi chegaron os dous primeiros goles e de forma case consecutiva antes do minuto cimco de partido que poñian o 0-2. O Melide Fs seguiu xogando de igual xeito e nun deses achegamentos un centro "a lo beckam" esta vez de Sergi era rematado no segundo pao por Cristian establecendo o 1-2, resultado que no ecuador do primeiro tempo e denovo logo dunha contra rapidisima se viu modificado a 1-3. Restaban nove minutos para o descanso e Baby pediu un tempo morto, algo que fixo recolocar o equipo e volver a sair con moita rabia e asi en duas xogadas de estratexia primeiro Cristian e despois Nando subian o marcador o 3-3 co que se chegaria o descanso e non por falta de ocasións, xa que Iván tivo unha, Cristian estrelou un balón no pao, Nando tivo varios disparos claros, pero inda asi o resultado non variou.
Na saida do segundo tempo o equipo seguiu moi enchufado e creando ocasións, e nas veces que chegaban eles, Angel que sustituira a Chopo no descanso conseguia desbaratalas. Asi no minuto oito do segundo tempo denovo Cristian facia o 4-3 que na seguinte xogada eles conseguian igualar. De novo habia que seguir remando e quedando sete minutos po final e logo dunha boa parede con Iván , Cristian facia o seu cuarto da tarde que era o 5-4. Con este marcador chegouse os dous últimos minutos de partido e ahi denovo, a sorte non estivo do noso lado, primeiro nunha xogada embarullada conseguiron empatarnos a cinco e quedando un minuto para o final un disparo lonxano pegou no pe de Cristian que despistou a Angel e facia o 5-6 definitivo. Ainda asi, o Melide tivo duas ultimas ocasions, unha de Sergi e outra de Cristian nunha falta o borde da areas restando so trinta segundos.
Non puido ser, pero temos que pensar, que eles eran e seguen sendo o lider e que nos estamos pelexando por eludir o descenso e que se deu a cara e que se fixo un bo partido, que si e dificil asumir a derrota por como foi pero que hai que levantar cabeza e pensar na proxima xornada.
Baby empezou o encontro con Chopo (12) na porteria, Portos (15) de peche, Chopi (5) nun lado, Cristian (7) no outro e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (16), Rober (6), Nando (8), Iván (10), Humberto (13) e Roca (14).
O xogador mais destacado esta claro na cronica que foi. Cristian porque xunto con Nando son os unicos que teñen gol e porque o sabado marcou catro.
A vindeira xornada repitese o derbi fronte o Arzúa, esta vez xogando como visitantes, agardemos que non se repita o resultado.
Denovo un 10 para a afición que se acercou a animar esta vez equipados con bombos e dicirlles, que dende o campo se agradece o seu animo.
Un saudo
8 comentarios:
Darvos enoraboa polo partido xogado a pesar da derrota.Decirvos tamen que intentaremos acercanos a Arzua o igual que fixemos neste encontro.A que hora xogades?
FORZA MELIDE F.S.
Boas brigadas, en primeiro lugar darvos as gracias polo apoio que nos estades a dar e con respeto a hora de Arzua inda non o sei, pero cando o sepa xa poño un comentario ok.
Un saudo e gracias
Suerte para el sabado, a darlo todo y haber si les devolveis la moneda.
Vamos chavales vamos!!!Este sabado en Arzúa quero ver o partido e as ganas que vin contra o priorato,que ainda de seren os primeiros,cando ao final do partido se veron coa victoria non o crian. E agradecese moito o apoio de brigadas que dende o campo son un apoio forte!!uN sAuDiÑo!!
oa moi boas dende aki keriabos decir ke ai ke mirar o lado positivo ek fixestes un partidazo.
ek foi bonito para a aficion,ainda ke sobrou o ultimo minuto,espero ke sigades nesta liña eke vos ims seguir apoiando.
saudos e Forza Cire
Boas de novo!o que si urxe e sacarse unha foto de equipo para poder colgar no blog!aer se o falamos este venres no entrenamento!acordate Ivan!jeje
Un saudo
Hola a todos, primeiro agradecer os animos o anonimo e sobre todo a Rover (un crak para min) e dicirlles como xa dixen antes que se agradece moito o apoio recibido, e a chopo o da foto supoño que se fara pa dentro de duas xornadas que se descansa, pero eu xa non insisto mais.
Un saudo a todos
Sinto por non poñelo antes, pero non o sabia, o partido de hoxe fronte o Arzúa e as 4:30
Un saudo
Publicar un comentario