En primeiro lugar gustariame comenzar esta entrada rectificando un erro da anterior entrada, xa que puxen que estabamos igualados a puntos con Quiroga e estaba equivocado, tiñamos tres menos
O de triunfo con sabor amargo e porque despois de conseguir unha victoria con tanta loita como a do sabado, acabo de mirar a clasificacion, e os dous rivais que estaban por encima nosa tamen conseguiron os tres puntos, polo tanto no caso de que baixen mais de dous equipos, seguiriamos a catro puntos da permanencia. A noticia positiva e que polo menos conseguimos abandonar o posto de pechacancelas da clasificación.
No que se refire o encontro do sabado dicir que se fixo unha mala primeira parte e que comenzamos perdendo 0-2, pero que xusto antes do descanso Sergi fixo o 1-2, e que nunha seguunda parte boa sobretodo en intensidade conseguiuse remontar o encontro con tres goles de Cristian, e ademais dispuxemos de dous postes e outras duas ocasions claras. Tamen destacable a actuación de Tapi, que cando o equipo se foi arriba para levar o encontro tivo varias intervención de merito. Outro dato que me gustaria salientar foi a mala actuacion unha semana mais do arbitro na segunda metade, na que nos sinalou un par de faltas o borde da area claramente inxustas, e na que sinalou alomenos tres saques de banda que eran clarisimante nosos en contra, sobre todo o final.
Baby empezou este encontro con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Chopi (5) e Portos (15) nas alas e Cristian (7) arriba. Tamen xogaron, Tapi (1), Nando (8), Sergi (9), Iván (10), Rafa (11) e Humberto (13).
Agora temos un paron de duas semanas, para coller forzas para afrontar os tres ultimos encontros, que ademais os disputaremos como locais. Outro dato negativo e que para eses encontros imos ter varias ausencias. Para o primeiro non estara Tapi que se vai para Sevilla a traballar ainda que os rumores din que o que vai facer e pedirlle a Chaparro a cancion de Resistire que tan ben lle foi o Betis, e tampouco estara en dous partidos Nando.
Un saudo e a seguir loitanto, que seguimos vivos e seguro que os rivais van pinchar.
4 comentarios:
Animo rapaces que merecedes estar en autonómica. moitos bikos ivan
AINDA HAI POSIBILIDADES!!
hola rapaces que tal todo.
ainda que todo sigue igual na clasificacion espero que esta victoria nos axude a levantarnos e intentar sacar isto adiante que como xa dixen outras veces si queremos podemos.
decirlle a ivan que xa falei con chaparro e esta todo arreglado, e que para a semana xa temos a cancion.
un saudo a todos e animos que podemos
APLAZADOS JUGADOS HOY:
Atanes Mera B 3-1 Quiroga Futsal
P. Javasan 5-5 Picato
Publicar un comentario