Obxetivo cumplido. Partidazo sobre todo a nivel de gañas o que xogou o Melide Fs este sabado no pavillón da martagona no que conseguiu o triunfo que nos da a permanencia na liga autonomica de futbol sala. En principio o obxetivo da tempada esta cumplido gracias a espectacular xeira dos últimos encontros nos que se levan 16 dos ultimos 18 puntos o que nos permite estar por encima de catro equipos que nos deberia garantir xogar outro ano nesta categoria. Pero como non podia ser doutro xeito temos que agardar ata o mercores, xa que o Riveira presentou un recurso contra o horario do encontro da semana pasada o cal non se presentaron e que se o gañaran, que non vai ser asi obligarianos a repetir ese encontro..
En canto o partido do sabado estivo todo o equipo a un moi bo nivel, e na primeira parte dominouse por completo e as poucas chegadas de Miño conseguiunas desbaratar un moi bo Superman Angel unha semana mais. Asi e mediada a primeira parte o Melide abriu o marcador gracias a un gol de Iván nunha xogada individual, que pouco despois se ampliaria por medio de Cristian que fixo o segundo.
No inicio do segundo tempo e como xa e habitual tivemos problemas e nun erro defensivo nunha falta o Xario de Miño marcaba o 2-1. Este gol non supuxo excesivos problemas e nunha contra entre Iván e Nando, este ultimo marcaba o 3-1, que denovo durou pouco xa que o arbitro se inventou un penalti inexistente que suporia o 3-2. Unha vez mais soubemos repoñer e Iván facia o 4-2. Pero nese momento chegou o peor momento de crisis do encontro, primeiro cun gol dos visitantes o que seguiu a expulsión de novo inxusta de Cristian e por si fora pouco a lesión de Humberto que culminaria pouco despois co empate a catros. Pero nese momento apareceron as gañas que faltaron en moitos momentos da tempada e con moita garra conseguiuse sacar o partido, primeiro cun gol de Nando e logo con outro de Sergi, que poñia o 6-4 definitivo.
Neste ultimo encontro da tempada Baby empezou con Angel (12) de porteiro, Humberto (12) de peche, Chopi (5) nun ala, Iván (10) na outra e Sergi (9) arriba. Tamén xogaron Tapi (1), Rober (6), Cristian (7), Nando (8) e Rafa (11)
Por se o dia fora mal rematou cunha gran cea de todos os compoñentes do equipo, directiva e corpo tecnico que foi espectacular, ainda que tivemos duas baixas, Portos e Roca
A destacar e a agradecer os numerosos seguidores do futbol sala do pobo que onte viñeron animar, e prometerlles que para o ano vai haber mais alegrias das que oubo este sobre todo a metade da tempada ainda que o final todo rematara ben, e dicir coa PERMANENCIA.
GRACIAS A TODOS E TODAS
Un saudo a todos e calquer novidade mantereivos informados neste blog.