domingo, 18 de mayo de 2008

Tres puntos e SALVACION

Obxetivo cumplido. Partidazo sobre todo a nivel de gañas o que xogou o Melide Fs este sabado no pavillón da martagona no que conseguiu o triunfo que nos da a permanencia na liga autonomica de futbol sala. En principio o obxetivo da tempada esta cumplido gracias a espectacular xeira dos últimos encontros nos que se levan 16 dos ultimos 18 puntos o que nos permite estar por encima de catro equipos que nos deberia garantir xogar outro ano nesta categoria. Pero como non podia ser doutro xeito temos que agardar ata o mercores, xa que o Riveira presentou un recurso contra o horario do encontro da semana pasada o cal non se presentaron e que se o gañaran, que non vai ser asi obligarianos a repetir ese encontro..
En canto o partido do sabado estivo todo o equipo a un moi bo nivel, e na primeira parte dominouse por completo e as poucas chegadas de Miño conseguiunas desbaratar un moi bo Superman Angel unha semana mais. Asi e mediada a primeira parte o Melide abriu o marcador gracias a un gol de Iván nunha xogada individual, que pouco despois se ampliaria por medio de Cristian que fixo o segundo.
No inicio do segundo tempo e como xa e habitual tivemos problemas e nun erro defensivo nunha falta o Xario de Miño marcaba o 2-1. Este gol non supuxo excesivos problemas e nunha contra entre Iván e Nando, este ultimo marcaba o 3-1, que denovo durou pouco xa que o arbitro se inventou un penalti inexistente que suporia o 3-2. Unha vez mais soubemos repoñer e Iván facia o 4-2. Pero nese momento chegou o peor momento de crisis do encontro, primeiro cun gol dos visitantes o que seguiu a expulsión de novo inxusta de Cristian e por si fora pouco a lesión de Humberto que culminaria pouco despois co empate a catros. Pero nese momento apareceron as gañas que faltaron en moitos momentos da tempada e con moita garra conseguiuse sacar o partido, primeiro cun gol de Nando e logo con outro de Sergi, que poñia o 6-4 definitivo.
Neste ultimo encontro da tempada Baby empezou con Angel (12) de porteiro, Humberto (12) de peche, Chopi (5) nun ala, Iván (10) na outra e Sergi (9) arriba. Tamén xogaron Tapi (1), Rober (6), Cristian (7), Nando (8) e Rafa (11)
Por se o dia fora mal rematou cunha gran cea de todos os compoñentes do equipo, directiva e corpo tecnico que foi espectacular, ainda que tivemos duas baixas, Portos e Roca
A destacar e a agradecer os numerosos seguidores do futbol sala do pobo que onte viñeron animar, e prometerlles que para o ano vai haber mais alegrias das que oubo este sobre todo a metade da tempada ainda que o final todo rematara ben, e dicir coa PERMANENCIA.
GRACIAS A TODOS E TODAS
Un saudo a todos e calquer novidade mantereivos informados neste blog.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Moitas Felicidades!!! Sintoo non poder estar este sábado para poder apoiar, pero coincidiume en malas fechas!!! Os meus sinceros parabens, creo que o mereciades!!! Tou convencido de que ano que ben sera mellor, FELICIDADES en especial a ti Ivan que eres un crack e q levas esto do futbol sala moi adentro!!!
Rubén.

Anónimo dijo...

Ahi chavales!!!xfin!a verdade é que esta recta final de liga foi bastante dura pero bastante ben a sua vez!fixemos unha primeira volta bastante mala a verdade...creo q soamente 5puntos...pero na segunda xa foi mellor.Gran celebracion o sabado,jeje.Ánimo para a vindeira tempada,que seguro será mellor!

Anónimo dijo...

Noraboa rapaces, parabens¡¡¡
Alédome moito de que, esperemos que non haxa sorpresas, non baixedes.
Felicitacións a todos, directiva, corpo técnico e xogadores por suposto. Para o ano agardemos non pasar apuros e estar nos postos de arriba, Forza Melide F.S¡¡¡¡

Anónimo dijo...

como quedou o de riveira o final?

Anónimo dijo...

Boas xentiña¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Gracias tanto a ruchi como a riki polas felicitacións, e rubén haber cando ves pagar algo un sabado.

Chopo o da festa a verdade e que estivo de lujo, pero eu perdinme gran parte, haber se coas fotos e videos de nando a recupero e poño algunha aqui cando mas pase.

Portos a que te perdiches meu, nin boda nin nada, imagino que o de riveira o diran o viernes, ainda que na paxina da federación non aparece nada asique agardemos que todo quede igual.

VIERNES PACHANGA A HORA DE SEMPRE.

NON VALEN ESCUSAS PA NON IR OK

Un saudo fenomenos

Anónimo dijo...

Eu inda tou jodido!!!pero pasareime por ali!!jaja

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

Fotos Semana Eypar 2010