Triunfo importantisimo o logrado este sabado polo Jim Sports Melide F.S na pista do Cidade de Narón e non so polos tres puntos senon tamén no aspecto psicoloxico.
O encontro estivo dominado na maioria do mesmo polo equipo local que tivo bastantes ocasións pero que Tapi soubo desbaratar de xeito atinado. Ainda asi, pese o dominio non tardou en aparecer Cristian para nunha rapida contra marcar o 0-1, que teria continuación minutos mais tarde co segundo obra de Chino que no segundo tempo acabaria mancado. Con cero dous no marcador, chegou un erro restando tres minutos para o descanso que o Narón soubo aprobeitar para recortar distancias pero que na seguinte xogada e nada mais sacar de centro Diego contrarestou marcando o 1-3 co que se chegaria o descanso.
Na reanudación o Melide apenas tivo ocasións en ataque e encaixou o 2-3 que apostre seria definitvo bastante pronto, pero ainda asi fixo unha gran defensa en EQUIPO e contou denovo cun gran Tapi que permitiu traer os tres puntos para Melide ainda que non sen polemica xa que o Narón sacou un corner restando cinco decimas de segundo que logo dun rexeite acabou en gol pero que loxicamente o colexiado non deu validez por estar fora de tempo.
Baby comenzo o encontro con Tapi (1) de porteiro, Rober (6) de peche, Cristian (7) e Manito (9) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Piston (2), Garimbas (3), Diego (4), Bareeto (5), Chino (8) e Humberto (14).
O xogador mais destacado o meu entender nesta xornada doullo a Tapi e non so polas paradas que fixo senon porque e o noso primeiro atacante co gran saque que ten, e cando digo saque non e porque coma moito que tamen jeje.
Esta victoria colle ainda mais importancia se pensamos que o lider, o Boqueixon encaixou un 6-1 en Rianxo o que nos permite estar colideres e logo de xogar co actual lider e terceiro clasificado.
A vindeira semana recibiremos en Melide o Laracha Novolux as cinco e media da tarde asique unha vez mais agardamos a presencia da afición.
A nota negativa da xornada puxerona os xuvenis que perdero por 9-1 fronte o Autos Lobelle de Santiago, pero que seguro que se recuperan pronto ainda que non podera ser para a seguinte semana xa que descansaran.
Un saudo e ENGANCHATE O FUTBOL SALA.
4 comentarios:
Os juveniles mellor que non volvan a xogar o domingo porque senon vexos mal juas juas
Xornada complicada para xuveniles. Hai que aprender a perder un partido, e saír o seguinte co ánimo arriba e con ganas. Sen medo. Non coñecíades a derrota, estivestes líderes a pasada xornada pero son cousas que pasan e punto.Darlle as voltas xustas para rectificar. Aprendede dos erros cometidos para darlles solución cando se volvan presentar situacións similares. ANIMOOOO!!
E xa que falamos de xuveniles, dicirlle gracias a Tonecho polas súas verbas no comentario do 12 de Outubro. Penso que teño moito por aprender de miles de aspectos que engloban ó deporte e ó clube, pero cada día esforzome por resolver aquilo que me supón unha dúbida, ou no que estaba errada, ou simplemente cando se me ocorre alguna curiosidade, que sempre hai alguén disposto, seña quen seña, a axudarme.
Falando xa dos seniors. Cómo sufrimos na grada, algún case ó borde do colapso, jajaja. Agora en serio, complicastes os últimos segundos do partido moitísimo, foi todo o partido unha acumulación de nervios, de, de, de, non sei... e ó remate iso converteuse en emoción, de verdade, emoción de emocionarse, jajaja. Para min foi unha sensación novidosa o ver as reaccións dos que estabamos alí.
Jim Sports colíderes co Jogafan, oxalá se poida eliminar o "co" pronto. Animo a vos tamén.
Saúdos. PS.
Hola a todos.
Antes de nada dicir que esta semana custoume moito escribir este resume xa que non teño unhas razóns concretas que dar sobre o resultado.
Sempre o digo, e os xogadores sábeno, que cando xoguen comigo se perdemos, perdo eu e se gañamos, gañan eles.
Isto non e palabrería e así de sempre.
Plantexei mal o partido dende o minuto 1, defensa adiantada, moito espazo entre liñas, cambios mal feitos, etc.
Apareceron algúns problemas pequenos con xogadores concretos pero son temas pequenos que solucionarei con eles de forma privada e rápida.
Unicamente que foi o típico partido que a nos non nos saíu nada e a eles todo. En 100 partidos non volvería a pasar o de este domingo.
Si teño un tema que reprochar publicamente os meus xogadores (que xa o saben de sempre), se temos a sorte de ter xiareiros que se molestan e vir a vernos un domingo pola maña, temos que saber gañar e perder.
Cando faltaban decimas de segundo comezaron a marchar para o vestiario sen saudar, e obrigueinos a volver o campo a dar a gracias os que alí viñeran, xa que e o único que lles podemos dar.
Nada mais, unicamente escusar os xogadores, e dicir que son o primeiro en poñerme as pilas para cambiar isto. Descansar esta semana e a que ven empezar con mais gañas que nunca e cos pes no chan, sabendo que esta liga e moito mais larga do que creemos e moito mais dura do que esperabamos.
Un saúdo a todos.
Tonecho
Ainda que haxa algunha derrota que poidan doer mais que outras, perdase por un, ou por nove e iso... so e unha derrota.
Con isto quero decir que, o que mais me preocupa a min( e supoño que o resto da directiva o mesmo) e a maneira de perder.
O que non vira o partido dos xuvenis, so decir que o resultado engana moito.
A pesares de ir perdendo de goleada, os rapaces loitaron,xogaron e sufriron como o que son, autenticos campeons.
Tamen teño que decir, que o mellor do lobelle, e con moita diferencia, foi o porteiro.MENUDO PORTEIRAZO.
Para min as contas son simples, 4 partidos,1 perdido e 3 gañados.
Animo rapaces, que estades a facer un bo traballo e seguro que dara moitos froitos para o noso clube.
P.D. Piston e San Cosme teñen un expediente aberto por levar a forza a Cordido a tomar unhas cervexas o martes despois dos adestramentos.
Publicar un comentario