miércoles, 25 de febrero de 2009

Facil

Tres puntos relativamente faciles os conseguidos hoxe polo Melide FS juvenil frontre o EDM Guitiriz. Sinxelos pero que se puideron complicar nun momento dado pola excesiva relaxación e pola falta de intensidade mostrada en case todo o encontro. Chegaron a ir perdendo 1-4 e ainda que no descanso o marcador xa reflexaba un 4-4 a imaxe non era boa. Eu non estiven no descanso pero xa me dixeron que Tonecho lles puxera as pilas e abofe que surxiu efecto xa que o resultado final foi de 11-5 a prol dos Melidenses.

A pesar das baixas de Nando, Kike e Rafinha e pese a que volvo co tema da intensidade viuse que eran claramente superiores e cando apretaron un pouco gañaron con certa claridade. Tamen destaca a segunda metade de Cristian que parou todo agas un trallazo imparable e a conexion Casal-Sergi dos ultimos minutos.
Penso que os xuvenis non xogan os proximos dous fins de semana ainda que se hai algunha novidade seguro que Tonecho nos informa con algun comentario.
Por ultimo e como tamen fixo Tonecho agradecer a xente que veu o pavillon que para ser un dia laborable foi boa. Acordadevos que o Domingo as 12 xogan os seniors. Contamos con vos. E este vos inclue tamen os xuvenis que as 12 poden estar xa en pe.
Un saudo.
Subo aqui tres fotos dos gañadores xuvenis e cadetes da fase local da Compostela Cup que me pasou Patri (con i latina) pero que non son moi boas xa que as mellores ainda non as ten. Se as consegue xa as subirei.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

OS CADETES TAMEN SON DO MELIDE FUTBOL SALA??

Anónimo dijo...

Non exactamente xa que non temos equipo cadete, pero Fran e Carlos xogan no xuvenil e Javi entrena con nos, o resto son "Futuras" incorporacions se eles queren xogar con nos.

Fotos Semana Eypar 2010