Triunfo na despedida da tempada dos seniors que se veu complementado tamem co triunfo dsos xuvenis os que ainda lles restan dous encontros para finalizar a sua campaña.
Comezamos falando dos seniors e do calco de encontro con respecto o guion da semana pasada ainda que esta vez con un final feliz e cunha victoria por oito goles a seis.
O encontro comezou con un xogo pausado xa que ningun dos equipos nos xogabamos cousas importantes, ainda asi o dominio era do Melide que nun roubo de balon en metade de pista sacaba unha contra que culminaba Manito facendo o primeiro gol. A partir de hai todo foi mal para nos, non saian as cousas moitas individualidades, falta de confianza, ansiedade e un desastre de xogo que o igual que no encontro anterior fixo que nos fosemos o descanso con un marcador de 1-5 que facia presaxiar o peor.
Xa nos vestiarios volveu a haber conxura para despedir como se merecia a tempada e tamen a Baby e asi o segundo tempo foi totalmente distinto. Comezou cunha contra do Ribeira que ainda ampliaba mais as diferencias pero que foi o que fixo en toda a segunda parte a mais de algunhas ocasións desbaratadas de xeito excelente por Tapi.
O inicio da remontada comezou cun pouco de sorte, nun pase longo de Humberto que Piston non chegou, o que despistou o porteiro e fixo que o balon se metese na porteria. Quince segundos despois un gran pase de Manito culminouno Portos cruzando o balón. Esta xogada repetiuse pouco despois con Manito de asistente pero agora o finalizador foi Piston. O Melide seguiu presionando e nun corner Iván facia o 6-5, gol co que non se conformou o equipo e logo dunha parede entre Manito e Iván este puxo o centro e un defensa rival marcou en propia porta o gol do empate. Faltaban ainda sete minutos e faltaba por mollar un dos pichichis do equipo Cristian que nunha nova xogada en equipo conseguia adiantarnos no marcador. Nese intre oubo un pequeno paron e o Ribeira tivo algunha ocasión pero finalmente Cristian fixo o 8-6 definitivo.
A ultima alineación de Baby foi Angel (12) na porta, Rober (6) de peche, Manito (9) e Piston (2) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Cristian (7), Cordido (13), Humberto (14) e Portos (15).
Nesta xornada como mais destacado vou poñer o espiritu de sacrificio na segunda metade e sobretodo o espiritu da aficion o Melide FS que este ano parece que se esta a recuperar e co que agardamos seguir contando.
Os xuvenis esta semana e por primeira vez non os vin na casa, pero a verdade mereceu a pena perderme ese partido jeje. Polo que vin na paxina da federación gañaron por 10-6, pero seguro que Tonecho cando teña un intre nos comenta algo mais deste encontro. A proxima semana visita Melide o Azkar Lugo, lider da clasificación asique todos os que poidamos temos que ir a alentar os nosos rapazes que son o futuro do futbol sala en Melide.
Volvendo os seniors e a falta de saber que ocorre coa Copa, o equipo remata a tempada na sexta posición e a so tres puntos do cuarto clasificado. Mais adiante falaremos algo do tema de altas e baixas para a proxima campaña pero dende aqui e penso que en nome de todos os xogadores do plantel como o demostraron o sabado o rematar o partido agradecer o traballo de Baby e de Sergio, xa que ambos a marxe de que calquera de nos poidera estar mais ou menos dacordo con algunha decisión fixeron un gran traballo que poucas veces e recoñecido. Baby xa comunicou a sua decisión de deixar o posto de adestrador ainda que seguira na directiva, agardemos tamen seguir contando con Sergio Capitan Brunete.
Un saudo a todos
6 comentarios:
Sobre o partido dos xuvenis, pouco que contar. Partido relativamente sinxelo, contra un equipo moi novo e con futuro, pero que polo momento esta algo verde. Sempre que quixemos apretar o acelerador fixemolo a pesar de faltar, Casal (de boda), kike (recen operado dunha bariz), Perez (chegou para a segunda), Xurxo (cansado do futbol), Fran e Carlitos (de excursion co instituto). Xa digo partido comodo pero que ainda asi marcaron 6 goles, algo que non me gusta como xa saben. O mellor de todo a recurperacion de kristian na porteria (Que temble Tapi que ven o pequeno dando guerra).
Sobre os seniors, felicitarvos pola capacidade de cambio que tivestes a metade de tempada, despois do baixon e felicitar a Baby polo traballo feito. Non era facil manexar o grupo humano que tiña. Creo que sigue na directiva, pero se non ten intencion temos que convencelo para que non deixe todo e axude dende os despachos.
Sobre capitan brunete, non pode deixalo. Un auxiliar con esas ganas de traballar e asimilar e bo que siga no equipo.
E non faledes como se fora a despedida, o ano que ven seguira o Melide futbol sala, e a directiva ten que seguir cas mesmas gañas que este ano a pesar de todolos reveses que tiveron ata o momento.
Animo e vemonos o sabado. Por certo e importante que veñades todos os que poidades, xa que e contra o Azkar e ademais teremos unha sorpresa que alguns xa coñecen como Neira, Patricia, Ivan, etc.
Sabese algo en xuvenis de cantos entran en copa,porque o Melide vai 5
En principio segun as normas iniciais, so xogan o segundo contra o terceiro, pero penso que non e definitivo.
Un saudo.
Neira, recorda o que falamos para este sabado.
Un saudo.
Vou luns a Coruña e necesito saber se as zapatillas encargadas todo o mundo as quere:
Manito 1 do 38, robert 2 do 38, Tonecho 38,kris senior 3 de 41, Ivan 2 do 43 (se aparece de este tamaño, Piston 3 do 41.
Boas a todos!!
Xa fai tempo que non me prodigo por estos lares pero creo que co remate de tempada era de recibo. En primeiro lugar gustaríame darllelas gracias a TODOS os que forman parte do clube ou están vinculados de algunha forma a él. Dende o primeiro día sentinme dentro do grupo, non especial, simplemente un máis, e eso encántame.
Facendo balance da tempada, bueno que se pode dicir que non se dixera xa. Qué pena aquela páxara que nos deu mediado o campionato!! Poderiamos haber estado loitando polos primeiros postos. Agora xa foi e non vale de nada lamentarse, só vale buscar un pouco máis de consistencia cara o ano que vén que penso que, ademáis de certo orden táctico, é do que máis carecemos no equipo.
Nada máis, só repetir a miña gratitude e facela extensiva á xente que nos acompañou no campo tódolos sábados, non sabedes cómo presta xogar así!! (sobre todo se gañas).
Unha aperta e ata máis ver.
Manito.
P.D. Por certo Tonecho, o meu encargo está correcto, xa me dirás como trazamos.
Publicar un comentario