Tres puntos vitales os conseguidos na tarde do sábado fronte o Castro, xa que nos deixan a un triunfo da permanencia matemática e con un mellor sabor de boca que o dos últimos encontros.
Comezou o partido de xeito identico a fai unha semana, xogo bastante bo, facilidades a hora de crear ocasións e ainda que pareza extrano goles. Unha vez mais no minuto dez o Melide dominaba por 3-0 con goles de Sergi, Pérez e Bareto. Pero como iso de gañar sen sufrir non e o noso, volvemos o típico estado de relaxación de antes do descanso e metemos o Castro no encontro con un gol, que non foi mais pola nova gran actuación de Guti. Asi chegamos con 3-1 o descanso.
Na segunda metade volvemos a sair enganchados e aproveitouno novamente Bareto para facer o cuarto logo dun penalti cometido sobre Piston. Pese o gol o Castro estaba mellor que na primeira parte e conseguiu recortar diferencias ata o 4-3. Pero o sábado a diferencia de outras veces nos últimos tempos soubemos aguantar a presion e Fer volvia a ampliar a distancia. O Castro tentouno con porteiro xogador pero esta semana a defensa saiunos mellor e pese a que nos fixeron un gol, Sergi aproveitaba unha contra para facer o definitivo 6-4.
Partido que ainda que non matematicamente nos fai dar un enorme paso cara a permanencia, obxetivo fundamental desta tempada de transición. Ainda así a semana que ven visitamos Boqueixon e ai que ir a polo encontro para rematar coas boas sensacións que tamen rematamos a primeira volta.
Antes de rematar quero a nivel persoal, no nome de todos os xogadores, e tamén no nome do Melide Fubol Sala agradecer a Sergio Capitán Brunete estos tres anos de traballo polo clube, deixandose a garganta e a vista nas super estatisticas e ambas cousas nas ceas jeje. Soamente desexarche o mellor nesta nova andaina profesional en Sevilla e pedirche que de vez en cando nos deixes algún ladrillo polo blog, ou ainda mellor veñas facer unha visita e pagar unha cenuca. Por certo vai pedindo vacacións para a semana de San Roque pero para currar. ¡¡¡ MUCHA SUERTE MERCENARIO!!!
Un sáudo e en honor a Cap Brunete ¡¡¡ VAMOS MELIDEEEE, COOOÑÑÑOOO!!!!