viernes, 23 de abril de 2010

Peligro....

Partido o de onte no Palomar que puido decantarse para calquera dos dous equipos, e como ven sendo habitual este ano en partidos equilibrados decantouse para o contrario, neste caso o C.P Casas por 3-2
O inicio estaba sendo bastante parexo, pero os locais conseguiron dar primeiro nunha xogada de estratexia. Non foi un handicap ese gol para o Melide xa que facendo un xogo bastante bo durante a primeira metade primeiro Manito e despois Sergi a gran pase de Piston conseguiron voltear o marcador. Nesta primeira metade desaproveitamos clarisimas ocasións de gol, sobre todo de contrataques, sen esaxerar cinco clarisimas, ainda que sendo xustos tamén Guti salvou moitas dos locais. A falta de quince segundos para o descanso chegou unha das xogadas claves, un dobre penalti moi discutible que o Casas transformou poñendo a igualada a dous.
Na segunda parte o Melide non saiu igual, e pouco a pouco buscou o xogo individual mais do que debera, tentando cada un resolver pola sua conta. Ainda asi o Casas tampouco nos dominaba. Asi a falta de catro minutos nun erro en defensa os locais aproveitaron un rexeite de Cristian para facer o que apostre seria definitivo 3-2. De ahi o final incluso puido haber mais goles locais.
Maña temos a ocasión de resarcirnos, nun encontro que vale media tempada. Será as 19:00h fronte o Castro, un encontro que temos que gañar se non queremos complicarnos mais do que xa estamos. Agardemos recuperar a entrada no pavillón de principio de tempada.
Un saúdo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

CANGUELO!!!!!!!!

Anónimo dijo...

quien es ese tal cristian que juega con vosotros?

un saludo y aupa el melide

Anónimo dijo...

ES UNO DE LOS PORTEROS POR????

Anónimo dijo...

Con un buen futuro!!

Fotos Semana Eypar 2010