Oportunidade perdida en Mera para poñernos segundos na taboa logo de caer por 2-1.
Como nos ven sucedendo ultimamente, o equiipo xogou duas partes moi diferenciadas. Unha primeira na que nos cinco primeiros minutos encaixou dous goles e non foi o que nos ten acostumados nas últimas datas, e unha segunda na que si foi o Melide que coñecemos, e dominou claramente o encotro, acortando distancias por medio de Humberto, e tendo incluso ocasións senon para a remontada, o menos para traernos un punto.
Non a de servir de escusa, pero o equipo viaxou con ata seis baixas por lesións e motivos persoias, que algo se deixaron notar.
A vindeira semana xogamos fronte o Vilalba, en Melide. Un rival que de gañar o seu encontro aplazado estaría a dous puntos, polo que se antolla como un encontro vital.
Necesitamos volver a contar coa presencia da xente nas gradas do pavillón municipal, como o estades a facer durante toda a tempada para animar o equipo.
Un saúdo.
