Dende o sábado, temos unha nova frase pra historia, a famosa xa "¿Por que no te callas?" do Rey a Hugo Chavez na cumbre Iberoamericana, en calquera conversa, calquer programa de tv ou de radio ou nos xornais sempre sale a famosa frase, e todo o mundo opina sobre ela.
Preguntaredesvos, que relación pode ter a frase que pronunciou o Rey co Melide Fs, pois ben o ano pasado no noso equipo había xente (Conde, Charly, Neira, Rambito....) que todos os entrenamentos nos deixaban frases desas memorables que logo recordas co paso do tempo nas viaxes do equipo e escachas ca risa e que parecía que este ano esto xa non existía, ben pola falta de inspiración de Javi, ou porque personaxes como Chofri ou Chopi non se soltaban nos adestramentos como se soltan cando estan por ahi de festa, pero o venres, horas antes de que o Rey pronunciara as suas palabras, unha fichaxe deste ano do Melide Fs,(non dou o nome por se se enfada) deu con todos os problemas que temos para non obter mellores resultados e ademais foi capaz de resumilo nunha soa frase "O problema e que nos acarretamos o balón pa riba e despois acarretamos o balón pa baixo e así non e nada", que grande crak, tentaremos facerlle caso haber se así as cousas poden mellorar.
Un saudo a todos e esperomos que con frases ou sen elas os resultados comezen a mellorar e o equipo vai para arriba.
3 comentarios:
nin frases nin ostias.Detalle para lembrar é o bailoteo que se marcaron Toñito e Rambito¨"en un lugar que no quiero acordarme..." (vai ser mellor non extender o tema).E este "dancing" non tiña frases, pero sobraban as palabras.
Volvo lembrar que a casa de Conde estalle a sair telarañas.
Moito animo a todolos xogadores e corpo tecnico.
Confiei en vos o ano pasado e este ano volvo a apostar por vos cos ollos pechados.
Ivan, xa sabes que segues a ser o noso xogador franquicia.Pero non te durmas, que Maravillas ven petando forte.
UN SAUDO
vamos melide
que non temos nada perdido
ainda podemos ser campeons
ivan segues sendo un crack, vai ser mellor que deixes o futbol e o de sair por ahi de festa e dedicarte a comentar partidos
non quero dicir que o fagas mal xogando, que como di neira eres o xogador franquica.
Vaia par de dous¡¡¡¡¡¡¡¡jejee
O primeiro "anonimo" decirlle que se a casa de conde ten telarañas e por que vos queredes, que se poñedes a pasta sabes que nos xa non esperamos o 28 jeje, e con respeto o de confiar cos ollos cerrados mellor que os abras porque poder pegarte unha piña criminal jejeje
O segundo non te teño localizado de todo, xa que dudo entre duas vellas (perdon era con b) glorias do club, pero como as duas estades lesiondas haber se vos recuperades rapido pa intentar sacar esto adiante, e por certo a proxima escribide coa vosa identidade que o podedes facer desdde "otros" (e poñendo o voso alcume) o lado de "anonimo"
O de xogador franquicia e algo que xa abandonei e so o saco a relucir nas ceas, xa que durante os partidos, todo o protagonismo e para roberto "marvelous" ok
Veña un saudo e ata venres
Publicar un comentario