sábado, 17 de noviembre de 2007

Triunfo Balsamico

Logo de duas derrotas consecutivas e no que era o segundo encontro do Melide Fs na casa reencontrouse coa victoria.
O partido comezou co noso equipo moi enchufado en ataque e logo de duas ocasións e nunha boa xogada Cristian poñía o 1-0 no minuto 3 pero nun erro defensivo o Disco Coto conseguiu o empate o pouco tempo. Non afectou este contratempo o noso xogo e pouco despois Ivan conseguia o 2-1, pero como se dunha repetición se tratará volviamos a encaixar o empate. De novo a xogar, e a presionar ata que Rambito facía o 3-2 e logo dun saque de esquina Chofri poñía o 4-2 que ainda que estabamos ainda no minuto dez da segunda parte parecía encarrilar o encontro. Nese momento, produciuse unha xogada que cambiou o rumbo do encontro xa que logo de que o arbitro sinalara un saque de banda a favor do Disco Coto cando nos favorecia a nos e tras a protestas de Nacho sacoulle unha amarilla, que deseguido a convertiu na segunda e polo tanto en azul. Expulsión de Nacho e ademais o Melide Fs con 5 faltas. Esta acción sacounos todo o que quedaba de primeiro tempo do partido e os da Fonsagrada conseguiron o 4-3 e 4-4 case de forma consecutiva, que logo se convertiria no 4-5 tras un dobre penalti, ainda asi tivemos a ocasión de empatar nun dobre penalti de Cristian que pegou na madeira.
Xa no descanso a historia dos ultimos encontros, estabamos perdendo e había que sacar o partido adiante, asique unha vez mais fomos a presionar toda pista, e este sabado si que surxíu efecto xa que en pouco tempo Rober facía o 5-5, e Cristian poñia o 6-5 e 7-5, de novo ventaxa pero non para fiarse nin sequera despois do 8-5 marcado por Rambito, xa que poucos minutos despois o Disco Coto nun novo erro defensivo poñia o 8-6 e o panorama volvia a escurecer, mais incluso cando despois dun erro de Iván, Tapi veuse obrigado a facer penalti.Pero ai apareceu unha semana mais a inspiración de Marcos "Tapi", que ata daquela estaba a facer un partido normal, primeiro parando a pena máxima e minutos mais tarde un dobre penalti, ai practicamente rematou o partido xa que logo dun perfecto pase de Tapi, Cristian logrou o 9-6 e tras unha boa combinación entre Ivan e Rambito este último puxo o 10-6. Para rematar Rafa conseguiu o 11-6. Xa quedando un minuto e nun momento de dubidas da nosa defensa eles marcaron o definitivo 11-7.
En definitiva, partido tolo no que o Melide Fs se volveuse a reencontrar co gol, pero que tamén cometeu moitos fallos en defensa que hai que tentar mellorar.
Baby puxo de saida a Tapi(1) de porteiro, de peche a Rober(6), nas alas a Chopi(5) e Cristian(7) e de pivote a Ivan(9). Tamén xogaron Angel(12), Rambito (2), Chofri(4), Rafa (11) e Nacho(10).
O de mellor xogador do encontro como me dixo Chopi debe ser po grupo, pero especialmente nesta xornada destacamos a un duo que nos momentos decisivos foron os que puxeron ese punto mais para levar os tres puntos. Cristian polos 4 goles e Tapi por regalarlle dous e polas boas intervencions ademais do penalti e do dobre penalti.
A vindeira semana denovo encontro dos denominados da nosa liga, xa que o Melide Fs visita o Quiroga Futsal, esperemos que se repita o Triunfo.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas Melide FS:
supoño que estabas esperando o meu comentario, jeje, só quero darvos a noraboa. Logo de dous partidos derrotados tiña que vir a ansiada victoria. Un saúdo e seguide así.

Melide Fs dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Melide Fs dijo...

Boas anonim@¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Pola primeira liña pensaria que eres algen de madrid, pero extrañame moito que escribiras en galego asique igual eres algen de coruña jjeje, asique para a proxima podes poñer un apodo no nome do comentario.

De todas formas moitas gracias pola visita, polo comentario e por todo.

Un saudo

Anónimo dijo...

ALEGROME MOITO DA VICTORIA POR TODOS PERO SOBRETODO POR BABY.

ESPERO QUE SIGAMOS SENGO UN EQUIPO PARA PODER SACAR ESTO ADIANTE

UN SAUDO DENDE O TUNEL, XA QUE AINDA NO VEXO A LUZ

Anónimo dijo...

Felicidades Melide
Seguide así e agardo que sexa a primeira victoria dunha boa racha, e seguro que pouco a pouco ides hacia arriba.
SAUDOS E FORZA MELIDE FS

Melide Fs dijo...

Gracias anonimo polos animos, e gracias roca, eu igual que ti alegrome por baby, porque ten merito aguantarnos jeje.

Veña un saudo e haber se venres xa volves (falta rambi, nando,...) para que eses pases o laudrup nos axuden a ver algo de luz.

Anónimo dijo...

Ben rapaces ben esa e actitude que temos que ter a partir de ahora, ser un equipo unido e que cada findesemanma sexamos un rival duro para o contrario.Espero estar ben xa para o próximo partido e axudar con toda a forza.
Referindome o partido deste sabado, que vin dende a grada,so cabe felicitarvos polo gran traballo despregado a nivel de entrega e sacrificio e seguindo este camiño atoparemos o fio do noso xogo que nos conducira á mellora nos resultados.
UN ABRAZO DENDE SANTIAGO O 15.
ahh por certo como non sabia eu nada deste foro????????????

Melide Fs dijo...

Que grande¡¡¡¡¡ De agora en diante vouche chamar Marcos Jose Saramago Portos jeje.

Non sabia eu que tiñas esa gran facilidad de palabra para escribir e termos como "atoparemos o fio do noso xogo" joder que grande deixamo coller pa proxima cronica.

Aora en serio gracias pola visita e estou contigo que sendo un grupo esto saira adiante.

Un saudo dende Melide. O "9"

Anónimo dijo...

Ivan, dixenche q nada de sumar os goles deste partido ó pichichi pero vexo q non me fixeches caso...creo q vou deixar de dar asistencias e dedicarme a buscar a miña propia gloria jejejje Saudos

1,2,3 MELIDE!

Melide Fs dijo...

Perdoa chopi-chichi (vaia nome diria rambito) pero como ti sabes eu debome a informacion, e para min ante a información non existen as amizades jeje.

Estou contigo en que tes que buscar o teu merito persoal, porque o final a hora de cobrar a prima e o que conta asique xa sabes pa semana en quiroga hat-trick e balon firmado.

Un abrazo e 4,5,6 MELIDE¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Sodes a leche tios.Non me podo creer que ata o Ronaldiño de San Cosme marque.
Tamen teño que decirche, que te debiches trabucar na cronica;puxeche que marcara Rober.
Teño que engañar o resto da directiva;pero mañan poida que teñades unha boa noticia.
O da luz de Roca xa ten que ser culpa de Fenosa.
Vexo tamen, que para pertencer o equipo teñen que pasar unha exame de lexico.Chopi tivo sorte de fichar o ano pasado que non houbo oposicions.
Felicidades a todos.Sodes os mellores
P.D. Chopi,o importante non e marcar goles;senon que e, marcar paquete.

Quintás dijo...

Noraboa por ese gran triunfo. Esperamos que sexa a primeira de moitas victorias. Un saudo e a seguir así.
FORZA CIRE
FORZA MELIDE F.S.

Melide Fs dijo...

Moitas gracias quintás e noraboa a vos tamén.

En canto o anonimo non teño claro quen eres, porque polo que dis debes ser da directiva, imaxino que serás o noso ex- pero estrañame moito ese inicio de sodes a leche en ti a verdade.

De todas formas gracias por entrar e gracias por anticipado polo sorpresa que seguro que e boa.

Un saudo

miky vace dijo...

Noraboa por esa victoria tan ansiada que xa volo mereciades.Pola nosa parte un saudo e a seguiren asi.

Anónimo dijo...

It isn't hard at all to start making money online in the hush-hush world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]blackhat affiliate[/URL], Don’t feel silly if you have no clue about blackhat marketing. Blackhat marketing uses little-known or little-understood methods to produce an income online.

Anónimo dijo...

Message09, http://www.arlo.net/massacree/ buy viagra online, jkts2, http://www.arlo.net/fccgb/ order viagra without prescriptions, ruxh7, http://www.arlo.net/fccgb/notes/ generic viagra, ufab3, http://www.arlo.net/bytes/ order cheap viagra, iriz1, http://www.arlo.net/live/ viagra sale online

Anónimo dijo...

Hi, guantanamera121212

Anónimo dijo...

не факт

Fotos Semana Eypar 2010