Gran fin de semana o que ben de rematar para o Melide Futbol Sala.
Comezou co encontro dos seniors fronte o C.P Casas no que o Jim Sports se levou o triunfo por 6-3. Foi un gran encontro dos locais que foron claramente superiores o longo dos 40 minutos e que so en erros de concentración ou por exceso de confianza encaixaron os goles. Tardou un pouco en chegar o primeiro gol, xa que non foi ata mediada a primeira parte cando Bareto consegui batir o porteiro visitante, que tres minutos despois teria que volver ver como Bareto de xogada personal facia o 2-0 co que se ia o descanso. No segundo tempo dous novos goles de Bareto e un de Chino de fermosas xogadas facian o 5-0 que levou un pouco de relaxación ata o 5-2. O gol final do Melide F.S foi obra de Cristian de doble penalti.
Baby comezou o encontro con Tapi (1) na porteria, Cristian (7) de peche, Manito (9) na dereita, Cordido (13) na esquerda e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Rober (6), Chino (8) e Portos (15).
Recuperando o apartado de mellor xogador do partido non ai dubida que ese foi Bareto con 4 goles, pero eu tamen faria unha mencion especial o traballo de todo o equipo e especial de Cordido a ora de tranquilizar o xogo.
A proxima semana o encontro sera fora fronte o primeiro lider, o Muebles Jogafan de Ordes.
A boa tarde de sabado continuou coa victoria dos xuvenis fronte o Autocares Pombo de Coruña cun gran encontro e sobre todo cunha gran segunda parte na que dende o meu punto de vista destacou unha gran defensa en zona moi dificil de realizar e que eles o conseguiron facer
perfectamente.
Os goles foron obra de Borja Casal por partida dobre, Carlos, Sergi e Fran.
Para a semana tamen xogan como visintantes en Monfero asique sorte e a seguir esta xeira.
Se estas duas victorias foran pouco o Sabado rematou cunha gran cena na casa de Conde. Temos que lle agradecer que ademais da casa fixera xunto a Marcos unha gran churrascada ainda que para a proxima agardemos que con menos frio e cun microfono para os grandes amenizadores da festa que xa demostraron ser grandes fichaxes.
Un saudo