A falta de menos de un mes de que se inicie a liga, o Melide Fs segue a disputar encontros de pretemporada. O sabado pasado en Melide e fronte o Laracha tivo un novo traspes e perdeu por 3-5, pero inda asi con moitas ocasións que na liga seguro que non se desaproveitan.
Este sabado o equipo viaxou a Laracha para disputar un triangular no que o final resultou vencedor xa que pese a perder o primeiro encontro por 1-0 gañou o último fronte o equipo local por 1-5 o que supuxo a victoria global.
Os goles no primeiro encontro foron de Cristian, Chino e Nacho Piston mentres que este sabado os goleadores foron Angelito (actuou como xogador de campo debido as numerosas baixas), Bareto en duas ocasións e Chino tamén por partida doble polo que de momento e o pichichi da pretemporada demostrando asi todo o que se espera del e do resto das grandes fichaxes do equipo.
Tamén quero aproveitar esta entrada para felicitar o equipo Cafeteria Solaina que este venres se proclamou campión do torneo de veran Concello de Melide logo de derrotar nos penaltis a Los Enemigos de Arzua a priori claros favoritos gracias a parada do primeiro penalti de Tapi sobre Damian. Ademais do mencionado Tapi, no Solaina tamen xogaron mais xogadores do Melide Futbol Sala como Cristian, Bareto, Diego ou Garimbas e algun que esta cerca de fichar.
Sen mais un saudo e calquer outra novidade como a do inicio da liga ou as fotos da presentación en canto as teña poñereina neste blog.
Un saudo
1 comentario:
Angelito marcando, pois si que esta mal o futbol sala de melide jeje
Publicar un comentario