lunes, 22 de septiembre de 2008

Boas sensacións

A falta de menos dunha semana para arrancar a liga podese decir que esta pretempada deixou boas sensacións no Melide FS tanto senior como xuvenil.

Os seniors disputaron cinco encontros, e logo de perder os dous primeiros fronte o Azkar e a Laracha conseguiu encadear tres victorias de novo fronte a Laracha, contra Arzua e contra Ordes, estes últimos o igual que Laracha da nosa liga. O encontro fronte a Ordes disputouse este sabado en Melide cun resultado de 3-1 e con goles de Bareto e Piston, este en duas ocasións co que se convertiu no pichichi desta pretempada. Pese o resultado o encontro estivo con 1-1 ata os últimos minutos porque unha vez mais a carencia de gol fixose evidente. Este e dos poucos peros que se lle poden poñer o equipo, porque xera moitas ocasións pero entre os postes e os erros clarisimos nosos non conseguimos marcar.
No que se refire os xuvenis de Tonecho tamén estan a facer un gran traballo e estan a adestrar tres dias a semana para preparar o inicio da liga tamén este fin de semana. A hora ainda non a sei pero en canto a teña poñereina nun comentario deste post.
Abaixo poño o seu calendario ainda que as fechas non sei se son fixas, xa que esta sacado da paxina da federación e non pon datas pero imaxino que seran as mesmas que as nosas.
Sen mais, un saudo e agardar que este sabado as 17:30 h todos esteades apoiando o Jim Sports Melide Fs nunha tempada que se presenta ilusionante o igual que a dos xuvenis.
Un saudo

1 comentario:

Anónimo dijo...

Partido dos juveniles as 20h o Sabadoo en Melide

Fotos Semana Eypar 2010