domingo, 26 de octubre de 2008

Mal partido pero.... LIDERES

Pouco podemos destacar do partido deste fin de semana quitando o mais importante, que e que se conseguiu o triunfo e que con eses tres puntos o Melide F.S colocase lider en solitario da Autonomica Norte.
O partido non foi o mellor do Melide Fs como conxunto nin de moita xente en particular pero ainda asi soubose sufrir e conseguir a victoria. Por primeira vez esta tempada empezamos perdendo cun gol do Laracha na sua primeira chegada clara, pero foi por pouco tempo xa que a saida dun corner a estratexia surxiu efecto e Diego conseguia empatar o partido. Pese a que estabamos a dominar con certa solvencia tardou en chegar o segundo obra de Cordido no que foi o mellor gol da tarde logo dunha gran combinación con Manito. Cando xa parecia que ese ia ser o marcador o descanso un erro de concentracion faltando menos de un minuto fixo que o Laracha puxese o 2-2, pero como a semana pasada o equipo respondeu da mellor forma posible, cun gol de Portos que facia o 3-2 co que si se chegaba o descanso.
Na reanudación os visitantes comezaron a presionar dende o minuto un complicandonos moito a vida e froito desa presion conseguir chegou de novo o empate. Nese intre a cousa o certo e que non pintaba moi ben pero volveu a aparecer Diego para dun gran zurdazo logo dun gran control volver a poñernos en vantaxe. Con este resultado chegouse os ultimos dous minutos pero ahi empezaron a pasar cousas cada intre, primeiro Cristian facia o 5-3, os visitantes o 5-4 e polo medio apareceu o arbitro para inventarse algun dobre penalti ainda que hai volveu a aparecer Tapi evitando que lle marcaran ningun dos tres que lanzaron, e xa para rematar Cristian marcaba o 6-4 final aproveitando o unico lanzamento de 10 metros que tivemos.
Baby puxo de inicio a Angel (12) de porteiro, Humberto (14) de peche, Cristian (7) e Iván (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamén xogaron Tapi (1), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Manito (9), Cordido (13) e Portos (15).
No apartado de mellor xogador non vou a destacar como fago sempre o bo xogo do equipo senon que penso que o fundamental foron as individualidades, en especial baixo o meu punto de vista Tapi, Diego e Cordido.
A vindeira semana o equipo visita o Castro, actual colista da categoria pero fronte o que non debemos confiarnos se non queremos levar algunha sorpresa desagradable.
No que se refire os xuvenis esta semana descansaron co que baixaron o sexto posto da clasificación ainda que teñen que pensar que estan empatados co terceiro e a so tres puntos do segundo. Este proximo sabado visitan o Guitiriz, rival que segun a clasificación tamen deberia ser absequible pero agardemos que non se confien.
Un saudo e sorte os dous equipos.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola a todos.
Antes de nada felicitarte polo blog, e animar a xente a participar mais para ser mas ameno.
A miña vision do partido e algo diferente a túa.
Non vin o primeiro gol pero, vin o resto do encontro.
A min deume a sensación (dende a grada que se ve todo como se fose mais fácil) que o Melide fútbol sala, sempre que quixo apretou o acelerador e marcou o que lle fixo falta.
Tivemos uns 6-7 minutos na primeira parte de un gran fútbol sala.
Na segunda parte picamos de individualidade en exceso e faltounos un pouco de mais de ambición para marcarlle unha goleada de escándalo o contrario.
Creo que con un pouco de sorte en momentos puntuais e seguindo ca actitude da primeira metade seria un partido de 10 – 2. Eles non demostraron nada, unicamente cando o final tiveron os dobres penaltis que presionaron un pouco, pero o mesmo ca ti, creo que Tapi estivo inmenso no tempo que xogou (menos a tontería de pelexar polo balón dentro da portería no gol).
Creo que tamén fixeron vos partidos Diego e Manito menos nalgún error puntual.
Felicidades o equipo e a directiva que seguen a comportarse como señores, algo importante para asentar un bo futuro do fútbol sala en Melide.

Tonecho

Anónimo dijo...

Boas, eu estou con Tonecho, dominastes o partido con bastante claridad e solo vos faltou ter mais acerto cara porta para golear.

Anónimo dijo...

a seguir nesta liña e a ser humildes e pelexar todos os partidos como se foran finais.Moitos ánimos os 2 equipos e FORZA MELIDE F.S!

Anónimo dijo...

Hola a todos

O primeiro polo que escribo e para felicitarvos pola fenomenal campaña que estades a facer tanto os seniors como os juveniles.

O segundo e para decirlle a Ivan que non puxo nesta entrada algo do que falamos o outro dia e que eu creo que pode ser unha gran dificultade para os dous equipos. Mirando o calendario o Melide nos proximos tres meses solo vai xogar dous dos nove proximos partidos como local que e donde realmente se espera que seades fortes, asique eu penso que pode ser un tramo importante xa que logo na segunda volta tocaran na casa. Agardemos que para daquela vos xoguedes algo importante.

Un abrazo sanchy¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Yo en este momento que seniors lidera la tabla espero que esta próxima jornada siga siendo así, y a los juveniles un mundo de ánimos y a salir a jugar cómo saben.
Finalmente, y aunque el sábado me despedí para ver a seniors está semana, iré a ver a juveniles a Guitiriz (si todo marcha sobre lo programadiiisimo), me apetece por mostrarles mi apoyo presente, ya que parece ser que la jornada de seniors pinta menos complicada, y no digo mas fácil.
si??
Buena semana a todos (y me incluyo, xD)
P.S.

Anónimo dijo...

Boas a todos!
Vou dar eu tamén a miña visión do partido do pasado sábado. Penso que, en liñas xerales, fomos mellores (a proba é que gañamos) pero tamén son da opinión de que aínda falta moito por facer. Baixo o meu punto de vista o fútbol sala é un deporte de toque e movemento e o outro día non tivemos nin unha cousa nin a outra. Quero dicir con esto que o balón movíase entre os xogadores moi lentamente e nos non buscabamos as situación de ventaxa idóneas para recibilo. Ademáis creo que temos un vicio que fai que se ralenticen as transicións que é o feito de que moitas veces non pasamos o balón senón que o levamos, esto provoca situacións adversas de dous contra un en zonas comprometidas do campo. Como ben analizaba alguén abusamos das individualidades e esto non sempre vai funcionar amén de que baixamos un punto na intensidade defensiva. Pero non van ser todo pegas o xogo do equipo, quédome, sobre todo, coa capacidade de reacción do conxunto que non lle deu opción en ningún momento o outro equipo a consolidar as vantaxes que puideran coller e coa unión de tódolos seus membros, ó meu modo de ver a gran forza da que dispoñemos.
Por outro lado, alguén dicía con acerto, por aí arriba que nos esperaba un tramo complicado de liga. Xogamos seis partidos fora dos oito que quedan para acabar a segunda volta. Supoño que aquí se verá un pouco a medida que imos a dar pero, eu polo menos, lonxe de preocuparme penso que debemos confiar no grupo pois son da idea de que hai vimbios para facer un bó cesto e se estamos no nivel que se nos supón deberíamos pasalo exame con algo de nota, pero esto xa se verá.
Un saúdo a todos.

Manito.

Anónimo dijo...

Boas a todos!!

Felicidades pola presente campaña!!
Pero recordarvos q queda moita liga, e o principal ven agora asique ollo, e non esta nada feito!!
quedan moitos minutos por correr, e moitos aspectos q mellorar, tedes bos xogadores, pero q en equipo baixan un pouco, con minutos xogados entre eles, esto ira a mellor, peor non vos relaxedes!! QEDA MOITO POR FACER!!!

Anónimo dijo...

Esto ten que ser un problema de aires.
Estoume a dar conta que tanto Tonecho coma Manito votan unha parrafada... pero teño que decir que son unhas das persoas que mais saben do chisme este que é o futbol sala.
Temos que darnos conta que temos unha gran plantilla,con xente moi voa individualmente e que cando se acoplen vai facer que o equipo en todalas suas dimensions fagase moito mais forte.
Eu creo que se facemos o que sabemos... os que teñen que estar algo preocupados son os nosos contrarios.
O equipo esta adestrando moi ben,esta a traballar moito e creo que ninguen teña mais gañas que nos.
O partido do sabado pasado, seria un partido perdido a tempada pasada.Algo esta a facerse ben.. pero ainda temos que mellorar, e o bo, e que temos capacidade e cabeza para facelo.
Esto non so vale para os maiores.Os xuvenis pasalles o mesmo.
P.D E esperade que se lle faga a ficha a Bloquin.
Bicos pa todos e bicos pa min.

Anónimo dijo...

Hola a tod@os!
Con el pedazo ladrillo que escribí y esto que no se envía. Cagüen, Iván esto hay que mejorarlo, que aquí entra mucha gente sin estudios! ja ja ja.

Fotos Semana Eypar 2010