Espectaculares os resultados acadados polo Melide Fs nesta fin de semana no pavillon da martagona.
Os primeiros en comezar foron os seniors que se enfrontaban co Outes, equipo descendido de nacional e que chegaba a Melide coa vitola de lider pero que topou de fronte cun EQUIPO que en todo momento fixo gala dunha gran concentración e cunha gran defensa que fixo que os visitantes apenas gozaran de oportunidades de gol.
O encontro puxose de cara pronto cun gol de Cristian no minuto tres o que deu mais confianza se cabe. De novo Cristian logo do rexeite dunha falta facia o segundo. Nese intre chegaron os peores momentos do equipo na primeira metade pero que se solventaron con certa tranquilidade e mais ainda logo dos goles de Cristian de novo, Cordido e Chino que deixaban un 5-0 o descanso incrible.
Na segunda metade o equipo seguiu igual de concentrado e Piston e Bareto fixeron o 7-0. Chegado ese momento o arbitro tamen quixo participar da festa e inventouse o menos dous dos tres dobres penaltis que foron os que supuxeron os tres goles visitantes. Para cando estes marcaron o ultimo Diego xa deixara as cousas claras facendo o oitavo do Melide para un marcador final de 8-3.
O Melide Fs comenzou con Tapi (1) de porteiro, Manito (9) de peche, Cristian (7) e Ivan (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angelito (12), Diego (4), Bareto (5), Rober (6), Chino (8), Cordido (13) e Portos (15).
O xogador mais destacado penso que foi o traballo de todo o grupo pero de destacar a alguen faria con Cristian polo segundo hat-trick consecutivo e a Cordido.
A vindeira semana viaxaremos a Narón un rival dificil na que nos últimos tres anos non conseguimos puntuar. agardemos que este ano cambie a xeira.
Logo de vivir un partidazo dos seniors vivimos un repartidazo dos xuvenis, que se enfrontaban segun comentarios a dos rivais duros, de feito antes de empezar Tonecho comentoume que ian ser complicados pero ou tiñan baixas ou o outro dia non estaban no encontro ademais de encontrarse de fronte a un equipo superconxuntado. O resultado foi de 8-2 a prol dos melidenses con goles de Kike en tres ocasions, Xurxo dous, Sergi dous e Fernando. Foron 8 pero se o necesitaran poderian ser moitos mais xa que na segunda metade recrearonse con xogadas espectaculeres especialmente Sergi que deixou un amplio surtido de caños, regates, taconazos..., simplemente espectacular.
A vindeira semana viaxan a Santiago para enfrontarse o Autos Lobelle, que ian colistas pero que esta xornada golearon asique moita sorte.
Un saudo e que siga a racha.
15 comentarios:
E tan máxica... a grada disfrutou moitisimo tanto con seniors como con xuvenis. E tes toda a razón, sodes un EQUIPO e iso e moi importante. Eu apuntome ó resaltado ;)
Moito ánimo, seguide traballando. Que non decaiga por exceso de confianza.
P.S.
Moi GRANDES rapaces!os dous ekipos estiveron xenial.Facia tempo que a xente non disfrutaba tanto no pavillon como o outro dia dando unha imaxe de solvencia increible.Seguir traballando así e a por todas!
Quero felicitarvos polo traballo que estades a facer que esta dando xa frutos pero insisto no que di o primeiro comentario, que non caiades en exceso de confianza.
Unha aperta.
P.D. Gran curro o que fas no blog Sanchy
impresionantes os xuvenis k estan segundos na taboa de clasificacion cos mesmos puntos ko azkar de lugo so pola diferencia de 3 goles..esta semana visitan o autos lobelle de santiago,aver se sigue a boa racha¡ animo melide fs¡
Hola a todos. Non sabia que tiñamos un blog sobre o noso fútbol sala.
Vouvos dar as miñas claves sobre os xuvenís:
1.- Son amigos entre si. Son dous grupos de idades pero entre eles son amigos a apóianse uns a outros.
2.- Queren aprender. Non queren amosar o bos que son, queren saber cada dia mais sobre o fútbol sala (a maiores das pachangas).
Son un gran grupo, moi traballador nos partidos, e moi solidarios.
Para o partido de este fin de semana temos algún problema serio. O Lobelle cambiou de actitude (supoño que ficharía xa que ten recursos) e pódese tornar moi perigoso, e nos temos algunhas baixas.
Faltan os dous Casal, un por lesión e outro por sanción. Faltan Sergi e Kike, por xogar no Atlético Melide a mesma hora. Pero temos dúas incorporacións. Por un lado Carlitos, o central cadete que empezou a semana pasada que con tempo vai ser un gran xogador, e por outro Carlos o dianteiro que estaba xogando con nos, pero non era o Carlos que eu sabia que podía ser, e que sempre respondeu nas categorías anteriores.
Vai ser unha xornada mais complicada do que parece a primeira vista na clasificación, e co problema de que a semana seguinte tócanos descansar e se queremos seguir diante de todo temos que gañar ou gañar, non temos outra opción.
Sobre un comentario que se fai noutra entrada sobre a defensa en zona, dicir que penso o mesmo, a nosa base e a defensa en zona, combinada cunha mixta. Moi difícil de ler no campo e que estes rapaces asimilaron con gran facilidade demostrando que son xogadores totais.
Solo temos unha pega, temos que ter os pes no chan e saber que non gañamos nada. Ser humilde e a baza mais importante dun equipo como o noso pero tendo claro que a nosa meta este ano e meternos no grupo de cabeza xa que o gañador de liga xoga o campionato de España, e queremos participar nel para gañalo.
Xa non me alargo mais.
Ánimo co blog e invito a todo o mundo a participar nel, tanto afeccionados como xogadores.
Un saúdo.
Boas a todos¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
En primeiro lugar como fixo Tonecho animarvos a participar no blog para que a xente cada vez este mais informada e mais animada.
Tamen decir que tou dacordo con todo o que dis no teu comentario tanto no de que son un grupo de amigos (dou fe diso) e en que o outro dia vimos a un super Carlos, mais conocido por 500 (jejeje)
Por certo agora que vexo que andas por estos lares vouche pedir un favor para manternos informados e e que se podes polo menos nos encontros de fora poñas algun comentario sobre o encontro dos xuvenis xa que a min o ser o sabado pola tarde coincideme co noso e non podo ir velos.
Veña un saudo
Quietos todo o mundo que chega a autoridade.
en 1º lugar, decir que os xuvenis xogan o domingo en Santiago as 12:30 contra o Lobelle.Polo que agardo que Sergi e Kike poidan ser da partida.
por outra banda, pedirlle a Tonecho, que faga un resumo para xente pouco preparada en esto... refirome a min, non entendin nada.
Decirlle a San Cosme que o martes eu tentei de convencer a alguns dos seus compañeiros para irlle a axudar coa herba, pero os tios estes foronse comer un bocata e non me fixeron caso... e mais... ainda me convenceron para ir con eles.
Disfrutade do momento como mo estades a facer disfrutar a min.
P.D.Que saibades que cando Sao Cosme comeze a marcar, non vai haber Cristian,nin Bareto nin Chino que lle tusa,(igual Rober...)
Tentarei facer un pequeno resume dos partidos dos xuvenis, pero aviso que por norma son bastante crítico, non me gusta dar moitas alzas mentras non se gaña nada.
Por certo o sabado vin un ratiño o equipo senior e unha das ventaxas principais que vin (que por certo comenteino con Pedro) e a confianza en si mesmos. Xa non andamos con medo do que pase nas segundas partes. Mentalmente somos moito mas fortes que anos anteriores. Neste punto considero que ten moito que ver Baby, pola sua tranquilidade e a confianza que da os xugadores. Non so esta facendo cousas de entrenador, esta preocupado por todo o que teña que ver con Melide F.S. e temos que valorar que ascendeu o equipo e consigue que xoguen ben o futbol sala, cousa que sabian facer pero non deron demostrado.
Boas a todos.
En primeiro lugar quero felicitar os rapaces polo seu impecable comezo de tempada e, xa que non coñezo os xogadores particularmente, persoalizalo no seu mister o que coñezo dende ahi un feixe de anos e que foi unha das persoas que máis me ensinou desta cousa que se chama futbol sala. Penso que reúnen moitas das cualidades imprescindibles para acadar resultados nun deporte colectivo, solidaridade, asociacións (dentro e fora da pista, polo que se pode ver), compañeirismo e altruísmo no esforzo, individual e colectivo, amén das cualidades técnicas de cada un deles, postas sempre o servizo do grupo. A tempada é moi longa pero as trazas son moi boas.
Falando dos seniors, bueno, non sei moi ben como eran as cousas o ano pasado xa que só lles vin dous partidos (os que xoguei contra eles) pero penso que onde máis se gañou é no tema da autoestima colectiva e da fortaleza mental, esto permite xogar máis tranquilos e concentrados durante os 40 minutos. Dende que se ten un ton físico aceptable hai que traballar o coco, máis complicado pero tan importante. Se hai que sinalar un culpable eu diría que é o míster por saber facer que cada un dos membros do equipo se sinta importante e o mesmo tempo prescindible, é algo paradóxico pero penso que a gran maioría dos xogadores coincidirán comigo. Sendo xustos tamén se debe ter en conta o grupo que hai, todos son mellores persoas que xogadores de futbol sala e así e moito máis doado traballar.
Para ir acabando e a título persoal gustaríame darllelas gracias a todo o mundo (compañeiros, técnicos, directivos, afeccioados, etc) por que dende o primeiro día me sentín querido e aceptado a pesar de chegar de novo, de verdade, graciñas.
Nada máis, un saúdo a todos.
Manito.
e verdad k os xuvenis xogamos o domingo??..x unha parte mellor k asi supoño k viran sergi e kike;komo te mandaxes no primeiro komentario e tonecho..(jejeje)San Cosme aer se vas abrindo a lata k eu ap0st0 x ti(jeje) un SAUDO BY:500
É unha pasada como se comporta o Melide FS en conxunto de clube, estou superorgullosa de poder participar con vos nos proxectos e oxalá poida estar a altura, porque estase a demostrar coas publicacións do blog e cos post dos usuarios que sodes do mellor. É emocioante ver un conxunto unido, e como xa dixen no primeiro post, apúntome a vos, e ó igual que Manito, agradezo eu tamén a acollida. Un abrazo e nos vemos o sábado.
P.S.
Gracias polos alagos Manito, pero desto fai moitos anos, e entre amigos non fan falla. Tamen decir que para poder enseñar ten que haber alguen que quiera aprender. Eramos moi novos, e outra cousa non fariamos, pero reimonos un rato.
Tamen decir a P.S. que non eres nova no Melide F.S, levas moitos anos padecendo e xa o tes nos xenes (cousas de familia).
Carlos para ti decirche que estas jodido, xogamos domingo pola maña e se non lembrades temos normas de equipo (je,je).
Outro comentario. Ninguen esta falando do traballo de Diego. Nos equipos, estan os xogadores que poñen o traballo como Piston, outros poñen os goles como Bareto e Kristian, pero hay xogadores que poñen os tempos. Que son lentos cando todo funciona rapido e son rapidos cando o partido esta lento.
Esto que parece unha tonteria e o que complica a vida os contrarios, e Diego nesta faceta e un xenio.
Evidentemente sin quitarlle importancia a ningun compañeiro.
lobelle 9 melide 1 que malos sois
el cotton debia tener bajas porque juegan realmente bien
Publicar un comentario