Este mercores as 17:30 horas o Melide FS xuvenil xoga un partido adiantado fronte o E.D.M Guitiriz debido a que na data que correspondia creo que hai unha concentración da selección galega ou algo similar. Asique todos os que libredes por vacacións de carnavais acercadevos ata o pavillón a pasar un bo rato e a animar os rapazes que o merecen.
Por certo felicitar os cadetes e os xuvenis que gañaron a fase local da Compostela Cup. En canto me pase as fotos Patry colgareinas aqui e farei algun comentario.
Un saudo e non esquezades que os seniors esta semana xogan o Domingo as 12 da maña en Melide.
5 comentarios:
A que hora hai que estar Tonecho?
Gran fase local da Compostela Cup.
Os rapaces de Melide gañaron nas duas categorias.
Teño que rexeitar o que pasou contra Toques. No partido Toques tivo un problema cos arbitros, no que nos creo que non tivemos parte nin arte, cando gañabamos 5-2. O malo foi que trouxo añadida una pelexa entre dous xogadores, un de cada equipo, que nunca tivo que pasar por parte de ningun deles, e pido a todos que non votedes a culpa a ningun en concreto, o que pasou xa foi e punto final.
Sobre os partidos, penso que os xuvenis xogaron na sua liña e foron superiores. Quero descatar o futbol rapido do Toques que me sorprendeu gratamente. Sobre o Boimorto non direi nada novo sobre Ivan e Ruben, os dous grandes xogadores.
Esta vez quero destacar os Cadetes que xogando algun que case nunca xogara con nos, e xogando Javi (infantil) de inicio, e xogando Dani,Brais (infantiles) foron moi superiores o resto gañando os partidos con resultados contundentes.
Se entre todos os coidamos e lles amosamos que estes niveis son baixos e teñen que chegar a niveis mais altos temos o futuro do futbol sala en Melide asegurado para moitos anos.
Temos que xogar as 17:30, quedamos as 16:30.
Un saudo a todos.
Muebles Jogafan Ordes 7 - Congelados Egea Fonsagrada 6.
Os de Ordes estanse saindo, esta semana xogan contra o Mera e igual a mediados de semana contra nos. A min foi un dos equipos que mais me gustou e ainda que tivo un bache esta moi arriba e cun partido menos.Hai que poñerse as pilas.
Un saudo
Partido raro contra Guitiriz.
O que saliu mal xa o comentamos e tamen decir que e a primeira vez que me enfado con eles de forma seria este ano.
Pido disculpas publicamente pola bronca, pero facianos falta a todos.
Gañamos 11-5 pero eran cadetes e tiveron un rato que nos bailaron a conciencia. Supemos recolocarnos e darlle a volta o partido.
Un saudo a todos e gracias os que viñeron acompañarnos as gradas.
Un saudo.
Publicar un comentario