domingo, 15 de febrero de 2009

Un domingo calquera

En primeiro lugar quero mandarlle dende aqui un abrazo moi forte a Sergi pola perda dun ser querido e darlle todos os animos para superar o momento.
Xa cambiando de tema o do titulo da entrada e cousa de Humberto que mo propuxo e como a semana pasada se animou a pasar por aqui pois eu cumplo. Haber quen colle o testigo a vindeira semana. O encontro deste domingo fronte o Narón foi como dixo Piston "un partido de moito bregue" pero que o final conseguimos os tres puntos case unha volta despois.
O encontro comezou bastante igualado, co dominio eu penso que bastante clara do Melide ainda que na contra puideron marcarnos en varias ocasions pero The Hulk Angelito estivo enorme parandoo todo. En ataque estabamos a ter ocasions pero non eramos capaces de marcar, nin Portos, nin Diego nin Bareto puideron aproveitar sendas ocasións ata que apareceu Manito ou G.Manigol nas últimas xornadas para a falta de pouco para o descanso facia o primeiro gol. Antes de rematar os primeiros vinte minutos puidemos ampliara a vantaxe cun tiro o poste de Ivan.
A saida da segunda parte foi semellante e con momentos de bo xogo ainda que non eramos capaces de marcar, pero surxiu un gran xogadon de Piston que cedia para a dupla de Manito. Con 2-0 tivemos outro poste e outras ocasión pero o Naron nun balon longo acortaba distancias e faltando cinco minutos a cousa volvia a complicarse. Certo e que nos puideron empatar pero a loita forte en defensa e denovo un bo Angel salvaron os tres puntos.
Baby xogou de inicio con Angel (12) na porteria, Portos (15) de peche, Diego (4) e Manito (9) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Bareto (5), Rober (6) e Humberto (14).
O mellor xogador do encontro como xa puxen arriba para min foi Angelito sen discusion ainda que gustariame destacara as gañas e entrega de todos os compoñentes do plantel.
A proxima xornada o Melide visitara o Laracha, que esta abaixo na taboa pero que a min persoalmente ese campo non me trae moi bos recordos, pero agardemos que este fin de semana cambie.
No que respecta os xuvenis esta semana descansaron e a vindeira reciben en Melide o Autos Lobelle de Santiago se non me equivoco. Espero a que Tonecho poña por ai o horario xa que non o sei.
Un saudo e ANIMO MELIDE FUTBOL SALA.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa estades ahí. O partido da semana pasada e este último son claro exemplo do que tedes que facer: xogar con ganas e unidos cada sabado e logo se perdese pois non pasa nada, pero a sensación ten que ser de intentalo todo para conseguilo. Ánimo que volvichedes coller a boa senda, ainda que tedes que refrendalo o próximo sabado contra o Laracha (e da igual o que pasara outros anos). A POR TODAS!

Anónimo dijo...

Antes de nada, como xa escribin, quero sumarme o teu apoio a Sergi.
Sobre os xuvenis, xogamos este fin de semana en Melide contra o Lobelle e necesitamos todo o apoio posible, pero non me atrevo a pedilo, xa que os xuvenis este fin de semana non foron para nada compañeiros.
O venres nun puiden entrenar por temas persoais e non puiden decirllo persoalemente, pero saben que temos obriga (a menos que teñamos algun problema serio) de acompañar os seniors sempre que se poda e unicamente Kristian e 500 foron a ver o partido. Este venres, tomarei medidas, por exemplo pagar o que teñen pendente.
Sobre o voso partido, so puiden ver a segunda parte e podovos decir que me gustou, existiu na maioria, compromiso, traballo e intencion. Nun momento apareceu o descontrol por algun xugador non facer equipo, pero eso son problemas normais nun partido.
A min gustuome moito Diego, deulle o apoio e a pausa o equipo tanto o comezo da segunda parte, como o control o final cando se estaba revolucionando todo.
Por certo Ivan, non te vin na primeira, na segunda estabas de cine, sibindo e baixando, pero sobre todo non apoios e roubando, pero tes menos caixa que o meu neno de 7 anos (tes que coidarte mais).
Tamen me sorprendeu gratamente Humbreto o comezo da segunda parte, dando tempos na saida do balon e sendo duro en defensa e moi diferente na actitude que a que lle vira por exemplo en Castro.
Animo e seguide asi, o traballo tense que ver mais tarde ou mais cedo.

Anónimo dijo...

De cine, pero de cine de barrio jeje. O de coidarme eu cuidome moito o que pasa e que non sei se me beneficia no do futbol sala jeje.

Estou dacordo co de Diego e sobre todo co de Humberto pero tamen destacaria a Zinedine Piston que lle sentou ben que o viñera ver a parienta, imos ter que fichala jej.

Un saudo e haber se os xuvenis non coinciden co noso encontro.

Anónimo dijo...

a k hora vai ser o partido kontra o lobelle ou ainda non se sabe?...si os mayores xogan fora é as 5??contxtade

Unknown dijo...

Boas a tod@s!!

As visitas dos parentes sempre están moi ben Iván...
Quero felicitar a Angelitoque xa me dixeron que fixera un partidazo, e en xeral a todos por unha nova victoria que de seguro nos sentará moi ben (ou iso debemos conseguir).
Seguide así, sentin moito non poder estar pero xa sabedes que son circunstancias maiores.

Unha aperta a Sergi.

FORZA RAPACES!!

Anónimo dijo...

Vamos equipo!!!!!!!!!!!!!
Esta semana a entrenar duro como as duas últimas q en realidade xogase como se entrena e nos estas semanas pasadas fixemolo ben.
Hai q ganar en Laracha como sexa, fannos falta os puntiños.Veña sorte e vémonos despois dos carnavales.
CCCCCCCCCIIIIIIIAAAAAAAAOOOOOOOOOO

Anónimo dijo...

Os xuvenis se non temos problemas e algun cambio raro, en principio xogamos coma sempre as 20:00.
Un saudo a todos

Anónimo dijo...

Teño boas novas en relacion os xuvenis e a seleccion. A maiores da concentracion de hoxe na que entraron Nando e Sergi, convocaron para este venres en Guitiriz a Nando, a Sergi, a Borja Casal e a Manuel Casal.
Non todo esta perdido.
Un saudo

Anónimo dijo...

Me parece que por aqui alguen xa vaticinou quen ian ser os convocados,ou non Tonecho?Equivoqueime?

Un saúdo!!!

Anónimo dijo...

O Cesar o que e do Cesar, polo momento acertache, espero que non rematara a posibilidade de entrar algun mais pero polo momento levas razon.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Home,eu tamén o espero.

Un saúdo e Forza Melide F.S.!!!

Anónimo dijo...

Este lunes xogamos en Melide a fase zonal de Futbol sala.
Participamos con equipo cadete e xuvenil.
Os xogadores non estan avisados, por eso o comento para que se corra a voz.
O gañador ira a final cos gastos pagados.
Necesito que veñan todos a entrenar, avisade os que vexades.
Un saudo

Unknown dijo...

por favor que alguén poña á que hora se xoga en Laracha o sábado!!

Anónimo dijo...

Tonecho,podrias por os horarios e os enfrentamentos dos partidos do luns?
Grazas de anteman

Anónimo dijo...

En principio o luns xogan os cadetes as 9:00 e se pasan a final as 19:00 (estan nun grupo de 2 equipos).
Os xuvenis xogan seguido as 16:00 e as 17:00 dos partidos e se pasan, a final as 20:00.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Os seniors xogamos en Laracha o Sabado as 19:30h se non me engano, se hai algun cambio poñereino por aqui, asique ou ai cambio no horario dos xuvenis ou van coincidir os dous.

Un saudo e sorte a todos.

Fotos Semana Eypar 2010