Fago esta entrada para dar conta de duas novas importantes no que se refire o Melide Fs.
En primeiro lugar decirvos que onte mercores o equipo senior se desprazou ata Arzua para disputar un amistoso contra o Concello de Arzua e que rematou con victoria Melidan por 3-4. Foi un bo partido en liñas xerales xa que o Arzua apenas dispuxo de ocasións e os seus goles chegaron por fallos puntuales nosos. Ademais na segunda parte remontouse un 3-1 e tiveronse moitisimas ocasións que a nada que afinemos van a entrar. Os goles do Melide foron obra de Diego, Cristian e Nacho Piston por duas veces, un deles extraordinario. Tamen salientar que neste encontro produxose o debut dunha nova fichaxe, Manito, ex do Friol que fixo un gran partido. Para rematar cos seniors dicir que a liga comeza en principio o Sabado 21 pero que inda non temos o calendario pero que xa o poñerei por aqui.
En canto os xuvenis, teñen este sabado un novo encontro fronte o Azkar, esta vez en Lugo e que se disputara previo o encontro de división de honor entre Azkar - Fisiomedia Manacor. O sabado saira un bus as 14 h dende o canton para os que queiran ir animar o equipo.
Un saudo e haber se en breve poño todas as fotos que me pasou Maria do encontro de presentación.
5 comentarios:
si, pero Arzua en Nacional y vosotros en Autonomica`!!!!!!!!!!!!!!!
PRONTO EN NACIONAL!!!!
juas juas juas, eu este equipo que tedes pensaria mais ben en non descender que en ascender
QUEN sacou as fotos?os xuvenis parece que estan costa abaixo e os maiores costa arriba.jajajaja
sera polo que lle vai costar a cada equipo gañar cada partido?
Publicar un comentario